Venres. 18.10.2019
El tiempo

3ª Autonómica: Tropezo mazaricán

3ª Autonómica: Tropezo mazaricán
Xa avisabamos a semana pasada. Esta xornada con ningún enfrontamento directo entre os de arriba era unha xornada para non tropezar. Pero tropezou un dos 4 de arriba. O Mazaricos non pasaba do empate ante o Laxe e permite que o Corcubión o iguale na táboa con 49 puntos. Líder en solitario queda agora o Nantón, que mallou no filial muradán. O Cerqueda non decae, e se mantén a 4 puntos do ascenso tras vencer ao pechacancelas. E que non se despisten moito os de arriba, porque o Cabana e o Coristanco non van perdoar erros.

Corcoesto - Cerqueda (0-4)

  • CORCOESTO: Siro, Pepe (Toñito, min.65), Edelmiro, Rivera, Miguel (Couto, min.65), Roi, Luís, Martín (Javi, min.25), Lista (Manuel, min.55), Miguel e Germán (Pichón, min.55).
  • CERQUEDA: Fredi, Rober, Dani, Athu, Nion, Alberto (Javi, min.58), Santi, Josiño (Dani Añón, min.60), Lorenzo (Carlos Garrido, min.82) e Dieguito.
  • Goles: 0-1, min.14: Dieguito; 0-2, min.34: Alex; 0-3, min.64: Alex: 0-4, min.90: Nión.
  • Expulsión: O visitante Dieguito (min.59).
Cómodo triunfo dos de Cerqueda nun partido de fútbol moi directo e de moita efectividade para os malpicáns. O Cerqueda segue manténdose a espera dun pinchazo dos da cabeza, o positivo para eles foi o empate do Mazaricos que pese a que non lles permite reducir puntos cos postos de ascenso, si que os deixa cos mesmos puntos que o Corcubión e por tanto un equipo máis na loita.

Nantón - Muros B (7-1)

  • NANTÓN: Ernesto, David, Carlos Santos, Sito (Diego, min.80), Felix, Carlos Vidal (Fabio, min.70), Martín, Amado, Luís, Manolo ( Manu, min.72) e Rubén.
  • MUROS B: Trozo, Yeri, Canote, Paki, Fastu, Mingos, Ramon, Pardelo, Piru, Pesko e Iv. Tamén xogaron Usko, Fernando e pelo.
  • Goles: 1-0, min.17: Luis; 2-0, min.24: Manolo; 3-0, min.30: Manolo; 4-0, min.43: Luis; 5-0, min.55: Luis; 6-0, min.73: Amado; 6-1, min.78: Ivi; 7-1, min.82: Manu.
Non fixo o Nantón un bo partido pero a pegada que ten arriba bastoulle para levarse o encontro. Saíu o Muros coas liñas moi arriba e presionando a saída do balón local pero deixaban moitos ocos atrás e isto foi aproveitado polo Nantón para sentenciar na primeira metade con catro goles. A partir do segundo gol, o Muros baixou os brazos e o Nanton xogou a pracer, creando perigo e sen moitas complicacións atrás. A segunda metade foi un calco da primeira, aínda que os locais baixaron algo o ritmo e dedicáronse máis a controlar o partido e aínda así marcaría tres goles máis.

Corcubión - Alcaián (3-0)

  • CORCUBIÓN: Cristian, Carlos, Chisco, Manuel Cartamil, Balucho, Jose (Pablo, min.80), Sergio Manín, Alán (Gabri, min.80), Estrella (Santi Peladilla, min.60), Mario (Johni, min.75), Lourido (Borja Munitis, min.70).
  • ALCAIÁN: Herrera, Luisito, Diego París, Daniel Doval, Victor, Pistolas (Javito, min.80), Iván Souto (París, min.46), Pío (César, min.10), Fabio (Toñito, min.46), Daviciño, Bruno (Pablo Framil, min.46).
  • Goles: 1-0, min.22: Estrella tras uns rexeites; 2-0, min.48: Mario; 3-0, min.80: Johni.
  • Lesión: Pío cun tirón e Pistolas.
As nova fichaxes do Alcaián, como os xalleiros César e Toñito, non foron suficientes para sacar algo positivo do Cubaleiro. E iso que tivo que sufrir o cadro de Manín para sentenciar o choque. Saíron moi enchufados os locais conscientes do perigo deste renovado Alcaián. Na primeira Cristian tivo que solventar dúas bocas ocasións dos dianteiros visitantes. Pero as forzas decaeron no bando visitante e na segunda o equipo quedou a mercé do cadro local. Cómpre sinalar que na banda local debutou o fisterrán Santi Peladilla, dandolle un bo aire no medio ao equipo corcubionés.

Xaviña - Outes (1-3)

  • XAVIÑA: Juan, Javi, Sergio, Juan Antonio, Jallejo, Carlitos, Carlos, Chapu, Dani, Elvis (Brión, min.65) e Jonathan (David, min.25).
  • OUTES: Gato, Saúl, Primo (Las, min.46), Chúa, Arturo, Poke, Martín, Fabio (Kin, min.46), Deivi (Lago, min.80), Pesco (Damián, min.67), Marico.
  • Goles: 0-1, min.13: Chúa; 0-2, min.35: Arturo; 0-3, min.70: Kin; 1-3, min.75: Dani.
  • Expulsión: Juan Antonio por parte local e Chúa por parte visitante no min.63.
Ao comezo prevíase que ía ser un encontro moi igualado. Pronto se adiantaron os de Manu Roque e Tomé por medio de Chúa. A xogada clave do encontro tivo lugar co 0-1 no marcador. O meta xaviñán Juan empeñouse en lanzar un penalti para dedicarllo ao seu fillo recén nacido, pero o meta marrou dende os 11 metros. Tralo segundo gol o encontro se puxo moi costa arriba para os locais. Así e todo, o Xaviña, moi forte fisicamente, prantou cara ao Outes ata o último minuto e de feito, a última media hora foi de asedio local, pero sen fortuna cara o gol.

Muxía - Independiente de Carballo (1-1)

  • MUXÍA: Angel Luís, Josiño, Martín (Pesqui, min.27), Pioto, Chori (Alvaro, min.83), Dani, Papi, Chans, David, Canario e Carliños.
  • INDEPENDIENTE: Upi, Efrem (Toni, min.46), Dani, Suso, David, Iván Lorenzo, Panuchi, Cholo, Rubén, Manuel e Ivi.
  • Goles: 0-1, min.17: Manuel; 1-1, min.58: Pesqui.
Pese a non poder estar presente onte pola tarde na Arliña, o novo adestrador do Independiente debutou cun empate nun partido igualado no que non houbo moitas ocasións de gol. O directivo, xogador e agora míster, Míchel, substituirá a Roberto Lozano que esta semana tomou a decisión de deixar o equipo. Así comenzaba o encontro cos locais tentando xogar o balón e os visitantes excelentemente colocados. Foi un partido con moito centrocampismo e poucas ocasión claras. Transcurria o minuto 17 cando os locais deixaron a un xogador visitante coller o balón en banda dereita, moverse por toda a frontal da área en busca dun pase que non atopou polo cal se decidiu a tirar ante a pasividade da defensa do Muxía, e anotar de bela factura o 0-1. Despois desto o adestrador local decidiu intercambiar as posicións de Fran Pioto que comenzara como central e pasalo a dianteira e David. A lesión de Martinciño deu entrada a Peski no interior e fixo que Chans pasara o lateral . O xuvenil Peski que se mostrou moi incisivo por banda dereita e posiblemente fora o mellor xogador local. No minuto 28 de novo o Independiente tiña unha boa ocasión para incrementar a súa conta. Finalizou así a primeira metade sin máis pena que gloria. Comenzaba a segunda metade coa mesma tónica que a primeira, moito centrocampismo e pouca profundidade. Transcurría o minuto 57 cando unha xogada local era rematada en propia porta por un defensa do Independiente e o porteiro visitante enviaba con problemas a saque de esquina. No remate deste era Peski quen empataba o partido. A partires deste momento abriuse máis o partido, xa que as forzas nos dous equipos comenzaba a flaquear. O Muxía buscaba balóns longos hacía Fran Pioto e Peski. Nunha desas no minuto 75 Fran Pioto plantabase ante o porteiro e non era quen de batilo. Cando se achegaba o final no minuto 82 unha contra do Independiente era rematada en semierro polo dianteiro e facía intervir a Angel Luis. Estes últimos minutos foron intensos pero máis polo axutado do marcador e a falta de folgos que polo bo xogo.

Cabana - Lira (3-1)

  • CABANA: Dani Ameijenda, Rubén, Marcos, Sande, Alfredo (Eloi, min.61), Sandro, Suso Docampo, Rubén Rama, Jacobo (Darío, min.49), Eloy e Adán.
  • LIRA: Romaní, Boni (Pelexo, min.79), Chindo, Toni, Pedro (Santi, min.84), Pepe (Perico, min.56), Marco, Dani, Víctor (Javi, min.70), Rico (Juan, min.82) e Ancho.
  • Goles: 1-0, min.16: Rubén Rama; 1-1, min.20: Rico; 2-1, min.57: Rubén Rama; 3-1, min.72: Rubén Rama.
  • Expulsión: con dobre amarela a Abelardo.
Rubén Rama destacou como gran protagonista do triunfo do Cabana contra o Lira ao anotar os tres tantos dos seus nunha tarde verdadeiramente plácida no campo de As Redondas. O momentáneo empate a cargo dos visitantes no pasou de anecdótico, pois Rubén Rama marcou dous tantos máis no segundo período. Ao Lira afectoulle animicamente a expulsión do seu adestrador no ecuador do primeiro tempo. O resultado puido ser moito máis amplo, posto que o Cabana disparou ata catro veces á madeira, tres delas na persoa do propio Rubén Rama.

Mazaricos - Laxe (0-0)

  • MAZARICOS: Gómez, Tuco, Oscar, Marcos, Casais, Ramón, Brais, Jose Angel, Esteban Pereiro, Aldo (Ernesto, min.46 (Rodrigo, min.73)) e Kevin.
  • LAXE: Diego, Jaja, Oscar, Antonio, López (Dani, min.75), Adán, Rubén, Felipe, Mandi, Antonio Castro (Lolo, min.65) e Anxo (Beizana, min.89)
  • Expulsión: O local Marcos (min.90) con cartón vermello directo.
O Laxe conseguiu puntuar nun campo complicado como o da Peña Douro do Pino do Val. O Mazaricos levou a iniciativa e tivo o balón, pero no xenerou moitas ocasións de gol. Os de Laxe coas liñas moi xuntas e facendo un gran desgaste defensivo, incluso tivo un par de ocasións para sacar máis petroleo do encontro. A noticia negativa para o equipo de Periscal foi a lesión de Ernesto nun xeonllo que se presume grave, tivo que ser retirado en ambulancia do campo e o partido estivo detido durante 20 minutos. Corría o minuto 73 cando o meta Diego caia enriba do xeonllo do dianteiro mazaricán.

Coristanco - Atl. Pereiriña (4-2)

  • CORISTANCO: Gonzalo, Dani, Iván (Oscar, min.60), Germán, Marcos, Pazos (Gustavo, min.55), Carlos, Fran, Benitez (Pistolas, min.75), Mallón e Toniño.
  • ATL. PAREIRIÑA: Andrés, Simón, Riki, Javichu, Mario, Adán, Alex (Grille, min.65), Alvaro, Morcillo, Villar e Víctor.
  • Gol: 0-1, min.12: Víctor; 0-2, min.23: Víctor; 1-2, min.28: en propia porta tras un tiro de Toniño; 2-2, min.32: Benítez; 3-2, min.38: Toniño; 4-2, min.60: Toniño, de penalti.
  • Expulsións: Os xogadores visitantes Riki e Simón (40) por cartón vermello directo aos dous por protestar e o local Dani (min.80) por dobre cartón amarelo.
Boa primeira metade dos locais que criticaron moito as dúas expulsións por unhas protestas que non consideran nin merecentes de cartón amarelo. Estes dúas expulsións condicionaron moito o choque, pois na primeira metade o partido estivo moi igualado.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios