Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Xornada atípica e con incertidume

3ª Autonómica: Xornada atípica e con incertidume
Coa incertidume de non saber con firmeza o sistema de ascenso seguen xogando os equipos por quedar o máis arriba posible e quedarse entre os seis primeiros, que parece ser que serán os que se xoguen o ascenso, a Federación quedou en publicar a semana pasada unha circular coa explicación do sistema de ascenso, pero aínda non sacou nada. Mentres tanto o Outes recupera o liderado que perdera na xornada 12, beneficiados polo empate entre Cabana e Carnota e por unha apurada vitoria deles pola mínima ante o Porteño. O Cerqueda segue na ola positiva e sumou unha importantísima vitoria en Louro, rival directo na loita polos postos de ascenso, ao igual que o é o Volantes que caia ante un perigoso Independiente que vai dar máis dun xusto aos da parte alta da clasificación.

Montelouro - Cerqueda (2-3)

  • MONTELOURO: Isma, Pablo (Denías, min.46), Chema, Alvaro (García, min.70), Bolo, Fernando, Teo, Edu, Dani (Geiko, min.46), Pesco e Rico.
  • CERQUEDA: Fredi, Jorge, Dani, Javi, Javi Pazos, Manu, Maikel (Dani añón, min.78), Dieguito (Bastón, min.62), Lorenzo, You (Juanjo, min.46) e Alex.
  • Goles: 1-0, min.3; 1-1, min.13: Alex; 1-2, min.18: Lorenzo; 1-3, min.75: Lorenzo; 2-3, min.87: Rico, de penalti.
  • Expulsión: O local Fernando (min.35) con cartón vermello directo por un cobadazo.
Pese a poñerse moi cedo por diante, o gol máis que espolear aos locais fixo efecto contrario, fóronse do partido que foi dominado polo Cerqueda na primeira metade e que marcaron por medio de Alex cun tiro cruzado dentro da área e logo Lorenzo marcou de cabeza tras un córner. O gol do Louro foi obra de Pablo ao recoller un rexeite da cruceta tras unha falta lanzada por Edu. Na segunda metade, pese a estar en inferioridade, saíu o orgullo dos locais que dominaron o xogo e tiveron boas oportunidades de gol, sen embargo quen marcaría sería Lorenzo para os visitantes cun tiro dende fóra da área. A falta de tres minutos Rico reduciu distancias ao transformar unha pena máxima, pero xa non terían tempo para igualar o encontro. O Cerqueda segue escalando postos e dos últimos 10 encontros tan só perdeu un e empatou outro, xa esta colocado sexto e a tres puntos do Montelouro que é quinto e cun partido menos.

Xaviña - Lira (2-3)

  • XAVIÑA: Pablo, Alberto, Sergio, Juan Antonio, Chiriví, Carlos, Adrián (Diango, min.80), Caamaño, Diego, Elvis (Bua, min.57) e Rubén (Ocho, min.60).
  • LIRA: Pelexo, Manolo Abelleira, Edu, Óscar, Abel, Patachín, Suso Perico, Gabri, Iago, Ancho e Fran Perico.
  • Goles: 0-1, min.5: Fran Perico; 1-1, min.17: Diego; 1-2, min.63: Gabri: 2-2, min.75: Alberto; 2-3, min.92: Fran Perico, de penalti.
Moi mermado foi o Lira a Xaviña na tarde do sábado, tan só 11 xogadores e ningún porteiro, Pelexo foi o que tivo que porse os guantes. Fran Perico, que xa marcara un gol, foi o que definiu o resultado no tempo de prolongación desde o punto de penalti. O Xaviña foi en todo momento a remolque e nunca puido porse por diante no marcador e tampouco gozou de ocasións para elo. A ilusión tras os últimos golpes de xornadas anteriores foi determinante para que o Lira loitase pola vitoria ata o final, obtendo o premio en tempo de prolongación.

Muxía - Camelle (1-1)

  • MUXÍA: Ángel Luís, Carrera, Martinciño, Jose Manuel, Pataca, Julián, David Pena (Juan do Coral, min.46), Ramón, Raúl, Peski e Arxires.
  • CAMELLE: Carlos Purrúa, Adrián, Carlos, Manuel, Mauri, Sergio, Álvaro, René, Valiña, Mario e Tedín.
  • Goles: 0-1, min.20: Mario; 1-1, min.48: en propia porta.
Moi bo ambiente na Arliña para un clásico de veciños costeiros entre o Muxía e o refundado Camelle, con moitos siareiros visitantes nas gradas. O partido aínda que non tivo nada de especial, si tivo ocasións debido os erros defensivos de ámbolos dous equipos. Un Muxía que sigue acusando o gran número de baixas cas que conta. A primeira gran ocasión foi para o visitante Valiña aos doce minutos pero non foi quen de inaugurar o marcador. A resposta local foi despois dun balón parado que non foi capaz de rematar de cabeza o central Pataca con todo o seu favor. Aos vinte minutos unha falta lateral foi peiteada sobre a súa propia portería por Arxires e Mario fusilou a Ángel Luís. Un Camelle que se aproveitaba do desconcerto local e acumulou ocasións. E aos 30 minutos o goleador Mario tiña unha nova ocasión. No minuto 38 o partido puido dar un xiro si o colexiado expulsa ao meta visitante por unha forte entrada a Peski que era o último home, a falta foi no límite da área e o colexiado sinalouna fóra, e o porteiro tan só viu carto amarelo. Antes de chegar o tempo de lecer aínda tivo que aparecer Ángel Luís para evitar que Álvaro aumentara distancias. O Muxía entrou na segunda metade con outra perspectiva e aos tres minutos, un saque de esquina foi botado por Martinciño e despois de varios rexeites os visitantes non foron quen de despexar o balón e acamaron mandando ao fondo das súas maias. Os locais vivían os seus mellores minutos, e sobre todo a balón parado poñían en apuros ao Camelle e ao seu porteiro Carlos Purrúa que se adicaba a despexar para evitar maiores problemas. No minuto 55 a opción foi para Julián de volea. E aos 57 unha falta lanzada por Pataca viu como o porteiro visitante sacaba o balón da mesma escadra. Pero mediada a segunda metade parece que os equipos decidiron dar case por finalizado o encontro. Dende aquí ata o final sinalar só unha ocasión para o visitante Álvaro, unha falta que lanzou Arxires e se foi moi preto do longueiro e unha postreira oportunidade dos visitantes.

Coristanco - Soneira B (2-2)

  • SONEIRA B: Víctor, Chans, Alberto, Chuchi (Héctor, min.55), Jemisa, Dani, Quilmes, Cho (Capote, min.55), Cristian Canosa e Kevin (Borja, min.85).
  • CORISTANCO: Gonzalo, Iván, Germán, Oscar, Marcos, Arantón (Mallón, min.60), Adrián, Luís, Benitez, Pazos e Castro (Sergio, min.70).
  • Goles: 1-0, min.30: Castro; 2-0, min.50: Benítez; 2-1, min.57: Alberto; 2-2, min.71: Dani.
Pese a ter unha renta de dous goles, non foron capaz de defendela os de Coristanco e viron como o filial soneirán lles empataba e se levaba un punto da Rocheira que non se mereceron. O filial nunca deixou de intentar de facer un fútbol vistoso e de toque pero non produciu demasiadas ocasións de gol mentres que os coristanqueses cun fútbol máis directo tiveron varias ocasións claras de gol. Os locais debido a lesión do seu buque insignia, Toniño, cambiou de esquema pasando dun 4-5-1 a un típico 4-4-2 con Pazos e Castro como homes máis adiantados. Toniño que se esta a recuperar da operación trala rotura do talón de Aquiles, foi homenaxeado polos seus compañeiros que saíron cunha camiseta de apoio e os goles marcados foron dedicados para o eterno dianteiro. Houbo que esperar ata a media hora de partido para ver o primeiro gol da tarde na Rocheira que chegou logo dunha xogada de fortuna. Luís mete dentro da área pequena un saque de banda e o rexeite cáelle a Castro, o tiro deste bate en Alberto e o balón cólase dentro das maias da portería visitante. E co resultado de 1-0 chegouse ao descanso. Aos 5 minutos da reanudación, o Coristanco fai o segundo por medio de Benítez logo de que este metera o pé a un centro chute de Pazos. Pouco despois puideron sentenciar os locais, Arantón recupera un balón no centro do campo, mete o pase para Castro, este prolonga para Luís, que lle pon o centro a Benítez soamente para empurrar e cando xa se cantaba o terceiro na Rocheira o interior local falla coa portería valeira. Aos dous minutos unha falta lateral que peitea Alberto, libre de marcaxe, convértese no 2 a 1 e mete os visitantes no partido. E así foi, os visitantes aproveitaron un fallo da zaga local para facer o empate a dous, Dani marcaba cun tiro dende a frontal da área. Logo do empate o Coristanco arriscou e foise a polo partido pero sen fortuna. Primeiro, Pazos sen ángulo manda o esférico ao pau, pero terían a ocasión máis clara nas botas de Luís, este controla o balón dentro da área e escachao no longueiro. O resultado gustou e moito nos soneiráns e non gustou nada nos locais que perderon a opción de recortar puntos aos de arriba.

Outes - Porteño (1-0)

  • OUTES: Gato, Saúl, Martín, Lago, Chúa, David, Arturo, Fabio (Elías, min.83), Deivi (Rafa, min.92), Kin (Potro, min.61) e Fernando (Damian, min.77).
  • PORTEÑO: Jimy, Brais, Pejo, Pirucho (Iago Sestayo, min.60), Gabi (Tajes, min.75), Asier, Ismael, Cousillas, Brais (Cadete, min.85), Jorge e Wi (Pablo Santacristiña, min.65).
  • Gol: 1-0, min.68: Potro.
Tivo que sufrir moito o Outes para sacar os tres puntos ante un Porteño que mostrou a súa mellor cara. Dominaron os da Ponte a primeira metade, pero non estiveron acertados de cara o gol. Os locais tiveron nun tiro de Fabio ao longueiro a mellor ocasión na primeira metade para abrir o marcador. No segundo tempo o dominio igualouse e sería Potro quen marcaría o único gol que daba a vitoria aos da Serra nun córner tras un barullo na área pequena o balón acaba entrando. Ambos equipos marcharon desgustados co colexiado, anulou un gol a Deivi (min.73) por unha falta que non viron no bando local, mentres que o Porteño protestou unha pena máxima por man de Saúl que só o colexiado non veu.

Cabana - Carnota (2-2)

  • CABANA: Añón, Eloy García (Santamaría, min.73), Marcos, David, José, Sandro (Adrián, min.60), Darío (Eloy Pereira, min.77), Fernando (Diego, min.70), Josiño, Rubén Rama (Jacobo, min.80) e Nando.
  • CARNOTA: Peipo, Tono, Manolo, Pedro, David de Brea, Andrés (David Castreje, min.60), Rodrigo, Jacobo, Pumuki (Gabriel, min.60, (Urco min.88)), Tono Goyanes (Boni, min.60) e Manoliño.
  • Goles: 0-1, min.36: Manoliño; 1-1, min.41: Sandro; 2-1, min.75: Santamaría; 2-2, min.85: Manoliño, de penalti.
  • Expulsión: Josiño (despois do partido) do Cabana; a Peipo (min.38), Jacobo (min.60) e Boni (min.80) do Carnota.
O encontro entre o Cabana e o Carnota estivo marcado pola figura do visitante Manoliño, que non só exerceu de goleador, senón que se encumbrou como o gran protagonista ao poñerse baixo paus para deter un penalti. Marcou o seu primeiro tanto pasada a media hora e pouco despois o meta Peipo foi expulsado por cometer penalti. Manoliño púxose baixo paus e parou o disparo de Rubén Rama. Con todo o seu bo facer, o ariete non puido evitar a remontada do Cabana, que parecía levarse o partido definitivamente cando os de Cambeiro se quedaron con oito por dúas expulsións máis. Non obstante, un penalti brindou a opción a Manoliño, xa porteiro, a redondear a súa inolvidable tarde marcando o seu segundo gol. Si xa tiña baixas o equipo de Cambeiro para este encontro, agora suma tres máis para o partido fronte ao Xaviña da semana que vén.

Volantes - Independiente (1-2)

  • VOLANTES: Iago, Juan, Paquy (Pardelo, min.55), Josiño, Mou (Edu, min.63), Brais, Ramón, Nimo (Benja, min.55), Seluco, Ivi e Piti.
  • INDEPENDIENTE: Upi, Jonatahn (Efren, min.55), Juni, Rubén, Carlos, Brian (Rafa, min.70), Cholo, Dani, Roberto, Ivi (Gustavo, min.46) e Jorge.
  • Goles: 1-0, min.10: Dani en propia porta tras un tiro de Piti; 1-1, min.30: Juni; 1-2, min.70: Brian.
O Independiente esta a mostrar unha moi boa cara na segunda volta e reflexo de elo foi a vitoria fronte ao Volantes no seu campo, onde non perderon moitos puntos os de Muros. Non xogaron un bo encontro os de Baño e ao final un ordenando Independiente remontou o primeiro gol obra de Dani Rosalia en propia porta. A media hora Juni recibía un pase entre liña e batía a Iago non man a man. Xa no segundo tempo, un bo centro de Cholo é cabeceado ao fondo das maias por Brian. A contra o equipo de Carballo puido matar o encontro.

Corcoesto - Alcaián (1-2)

  • CORCOESTO: Siro, Lista (Couto, min.75), Edelmiro, Miguel, Manuel (Germán, min.55), Luís, Javi, Martín (Xabi, min.60), Miguel e Héctor.
  • ALCAIÁN: Rizos, Portillo, Souto, Dani, Victor Pazos, Victor (Nahuel, min.70), Tote, David, Roberto, Ruben e Luis
  • Goles: 0-1, min.28: Luis; 0-2, min.55: Roberto; 1-2, min.70: Rodri.
  • Expulsión: O local Rodri (min.75) con cartón vermello directo.
Partido de gran intensidade rematadora e xogado con moita rapidez, pese a iso non houbo moitos goles. Si poñemos nunha balanza as ocasións, os visitantes mereceron a vitoria, aínda que os locais non se quedaron a trás cun tiro ao pau e un remate de Luís de cabeza que se foi a rentes do pau. Os locais reclamaron na reta final do encontro unha pena máxima que o colexiado non sinalou.

Atl. Pereiriña - Fisterra B (0-3)

  • ATL. PEREIRIÑA: Simón (Adrián, min.65), Grille, Javichu, Mateo, Álvaro Fiuza, Adán, Poke, Héctor, Rafa (Abraham, min.46), Víctor.
  • FISTERRA B: David Perlón; Eloy (Eddy, min.49), Juanjete, Pablo, Noé; Rubia, Gaby, Carlos (Manu, min.74); Insua, Jose da Anchoa e Bruno (Diego, min.72).
  • Goles: 0-1, min.54: Eddy, de penalti; 0-2, min.63: Bruno; 0-3, min.65: Bruno.
  • Expulsión: O local Mateo (min.53) por dobre cartón amarelo.
Despois de tres meses volveu a gañar o Fisterra B, nun partido no que por fin o seu xogo dou os seus froitos. Na primeira metade o conxunto local saíu moi enchufado ao encontro e foi Néstor o autor de dous balóns o pau que puxeron o medo na parroquia fisterrá. Foi unha primeira parte de tuteo, na que os dous equipos non cedían o balón e os de Nando defendían con intensidade. Co descanso o Pereiriña mostrou unha cara moi diferente a da primeira metade, sendo clave a expulsión e o penalti aos 10 minutos que deron lugar ao primeiro gol fisterrán. A partir de aí falta de intensidade defensiva e o cansanzo foron malas compañeiras de camiño para os ceenses. O Fisterra B colleu o mando do encontro e Bruno, que se volveu mostrar decisivo, despois de varios rexeites na área local colocou o 0-2. Dous minutos despois o mesmo Bruno recolleu o balón no centro do campo e levou ata a cinco xogadores do Pereiriña recordando a acción de Messi ante o Xetafe, e definiu por debaixo das pernas de un Simón que non puido facer nada. O partido morreu aí e o filial non quixo abrir mais a ferida, mesmo reclamaron unha pena máxima moi clara cometido polo porteiro Adrián que o colexiado non sinalou.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios