Domingo. 13.10.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Xornada de xogo duro

3ª Autonómica: Xornada de xogo duro

Esta fin de semana, e xa son varias nas que temos que dicilo, o xogo duro foi o protagonista. I é que ata en 4 campos recibimos queixas de que o máis destacable foi a dureza do choque, deixando o fútbol para outras categoría.

En todo caso, a tensión é patente en varias loitas. O Independiente deu un paso clave cara o título e cara o ascenso, superando cunha gran remontada ao Soneira B. Aproveitou ademais o inesperado tropezo do Camelle na casa ante o Nantón, derrota da que se beneficiou, e tanto o Porteño que afronta o gran derbi da vindeira semana cun punto de vantaxe. Preséntase como unha finalísima que vale un ascenso o Porteño-Camelle da semana que vén, cun Camelle que chega con baixas en defensa, e un Porteño que tampouco está no seu mellor momento.

A promoción está case perfilada. Cun dos 3 de arriba que cubrirá a 3ª praza, Soneira B e Cerqueda loitarán pola 4ª praza, unha vez que o cadro cerquedán certificaba matemativamente a súa clasificación para a Fase de Ascenso. E outro que meteu un pé e medio foi o Laxe, vencendo en Arliña no min.93 e aproveitándose do empate do Ameixenda en Vimianzo ante o pechacancelas.

Castrelo - Ameixenda (0-0)

Castrelo-Ameixenda-Foto- Jorge Parri
  • CASTRELO: Iván, Felipe, Mario, Manolo, Marcos, Estebo, Edreira (Gus, min.60), Litos (David, min.46), Luís, Sergio Vilaseco, Germán (Conezo, min.80).
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Álvaro (Jorge, min.55), Demetrio (Rioliño, min.5, Bruno, Bichiño, Javi, Alex, Borja, Jesús, Miro, Manu (Alberto, min.65).

Partido igualado en Vimianzo cun Ameixenda con moitas gañas de puntos, e cun dominio territorial bastante claro, pero sen claridade en ataque. O Castrelo, moi ben plantado, aguantou ben as embestidas ceenses, cun Iván moi seguro na porta, e mesmo saíndo en algunha contra con perigo para a meta de Óscar Riolo. Pero foi un choque no que os dianteiros de ambos equipos non tiveron o punto de mira afinado.

Castrelo-Ameixenda-Foto- Jorge Parri

Camelle - Nantón (1-2)

  • CAMELLE: Porrúa, Matías, Carlos de Dido (Coruña, min.79), Manuel (René, min.75), Baliña, Varu, Mario, Iván (Jose, min.60), Javi Rañal, Miguel Riveiro (Tedín, min.70), Barreiro.
  • NANTÓN: Bonano, David Lareo, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Víctor Amado, Luís, Martín, Iván (Cachirulo, min.60).
  • Goles: 0-1, min.5: Félix ante a inútil estirada do porteiro; 1-1, min.10: Miguel Riveiro de falta ante a mirada do porteiro; 1-2, min.65: Luís nunha contra armada por el mesmo coa esquerda e sen ángulo.
  • Expulsión: o camellán Coruña por unha entrada dura a Carlos Vidal.

Non xogou a nada o Camelle que sucumbiu na casa nun partido moi físico, moi bronco, con moitos paróns, e sen apenas ocasións. Aos 7 minutos xa ían 1-1, con dúas accións nos que os porteiros puideron facer algo máis, a pesar dos malos botes dentro da área pola dureza do campo do Rodeiro. E aí acabaron as ocasións para ambos equipos.

Na segunda, un tiro por bando, un gol para os cabanesas e unha parada a tiro de Matías ao final, que puido significar, o porteiro parou para que botase debaixo dele

Muxía - Laxe (1-2)

  • MUXÍA: Ángel Luís, Luís Romaní, Martín, Currás, Ángel, Ruso (Castreje, min.70), Javi, Juan, Lagoa (Carrera, min.55), Pataca, Casais (Pesqui, min.75).
  • LAXE: Illote (Diego, min.25), Saleta (Aarón, min.80), Soneira, López, Pailos, Gora, Borja, Mandi, Felipe, Carrabete (Jacinto, min.75), Adrián Porteiro (Samuel, min.60).
  • Goles: 0-1, min.15: Adrián Porteiro nunha boa contra a pase atrás de Mandi; 1-1, min.35: Iván Lagoa; 1-2, min.93: López nunha falta colgada á área.
  • Lesión: Illote por molestias.
  • Expulsión: o local Javi (min.75) e o visitante Gora (min.65).

Gran vitoria do Laxe que mete un pé e medio na promoción. Pero o Muxía, que chegaba xa en caída tras un bo treito no ecuador da tempada, apretou e disputou un partido bronco e moi duro. A remolque tiveron que ir os muxiáns toda a primeira metade tralo gol inicial de Adrián Porteiro.

Na primeira o propio Porteiro puido sentenciar en dúas ocasións, cun Laxe xogando moi ben a favor do forte vento de nordés. Pero o partido foise endurecendo. Iván Lago acadaba o empate antes do descanso.

Na segunda o Laxe buscaba a vitoria en contra do vento, non chegaban con claridade ata o final. O partido voltouse moi duro e o colexiado non soubo paralo. Gora foi expulsado por un par de accións algo rigorosas, e de contado, Javi, que xa fora expulsado a semana pasada pero o que sufría a sanción dun partido foi Dimas, tivo que coller o camiño dos vestiarios.

Cando o partido emorecía, xa con 3 sobre os 45 regulamentarios, na última ocasión López remataba unha falta lateral para completar unha gran fin de semana laxense, co ascenso dos Veteranos, e o bo empate dos xuvenís ante o Dumbría.

Lira - Porteño (0-1)

  • LIRA: Andrés. Javier de Milucha, Fran de Muros, Isma, Herminio, Miguel do Carocho, Demetrio (Michelón, min.65), Fran Perico, Oliver (Saúl, min.70), Cristian, Suso Perico.
  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Maikol, Sestayo, Óscar, Asier (Brais, min.50), Iago, Gabi (Parga, min.65), Mario Toja, Cousillas, David Toja.
  • Gol: 0-1, min.75: Parga.
Gran partido do Lira que tivo en fronte un gran rival tamén nun Porteño que tivo que sufrir a vitoria. Foi un partido moi bronco, con moita tensión defensiva e dous equipos moi ben posicionados. E pouco risco, sen elaboración no xogo e sen espazos atrásm cun Lira que puxo o partido moi difícil. Na primeira metade puideron meter os locais por medio de Fran Perico, Oliver, Cristian... pero non estiveron acertados. E no único fallo defensivo dos lirachos a 15 para o final, o Porteño non desaproveitou e Parga nada máis entrar asinou o gol da vitoria. A partir de aí xa controlou mellor o Porteño ante un Lira que se abalanzou con forza pero sen acerto.

Indep. Carballo - Soneira B (4-2)

  • IDC: Noe, Jonatan (Dani Rosalía, min.65), Scott (Castro, min.58), Seo, Belar, Carlos, Jorge Pichel (Adrián, min.85), Velo (Míchel, min.46), Benítez (Efrén, min.75) e Juni.
  • SONEIRA B: Martín, Chans, Chuchi (Pichón, min.75), Alberto, Curra, Jemisa, Fer, Quilmes, Wii (Espi, min.80), Canosa, Chino (Felix, min.75).
  • Goles: 0-1, min.5: Chino; 0-2, min.10: Alberto; 1-2, min.35: Mario de falta directa; 2-2, min.40: Jorge Pichel de cabeza tras un gran centro de Mario; 3-2, min.67: Mario a pase de Benítez; 4-2, min.70: Juni tras un córner.
  • Expulsión: Jemisa no min.37 por doble cartón.
Pasou o Independiente unha das probas máis duras que lle quedan ata o final. E tivo que roer os 3 puntos, pois aos 10 minutos os de José Ángel se meteran por diante con 0-2. Fo un choque barulleiro, con moitos paróns e moitas faltas. Pouco a pouco os locais foron tomando o mando, e os últimos minutos da primeira foron claves. Mario de falta e Jorge Pichel de cabeza empataban ao tempo que o colexiado deixaba con 10 aos soneiráns pola expulsión de Jemisa, ante as súas protestas pola permisividade arbitral ante un xogo local algo duro. Na segunda, cun home máis, os locais tiveron o control, e sentenciaron en bos 5 minutos do ecuadro cun gol de Pichel a un gran centro de Mario e un tanto de Juni.

Corcoesto - Alcaián (0-1)

  • CORCOESTO: Anxo, Patelo, Sergio, Pichuco, Ángel, Luís, Javi, Uru (Couto, min.60), Héctor, Miguel, Martín.
  • ALCAIÁN: Fernando, Pombo, Rubén, Marcos, Iván (Diego, min.46), Facal, Framil, Pichel, David, Daviciño, Marqués.
  • Gol: 0-1, min.35: Facal.
  • Expulsións: o local Miguel na primeira e ao visitante Rubén na segunda.
  • Lesións: Martín.

Partido disputado moi trabado polas numerosas cartolinas amosadas polo colexiado, i é que a pesar de ser un partido bastante limpo acabou con 2 expulsados. Houbo moito xogo no medio campo decidido cunha xogada protestada polos locais por posible fóra de xogo, que Facal aproveitou para marcar o gol da vitoria.

Manu anotou un hattrick para o Cerqueda-Foto-UD Cerqueda

O Corcoesto tiña baixas e acabou con 9 sobre o campo porque Martín, que xa comezara tocado, non aguantou.

Cerqueda - Xaviña (5-0)

  • CERQUEDA: Rubén (Costa, min.66), Atu, Javi, Pablo, Juanjo, Dani, Manu, Lorenzo, Dani Seaia (Moisés, min.58), Dieguito (Javi Pazos, min.58), You (Bastón, min.66).
  • XAVIÑA: Pión, Rodrigo, Gatusso, Ángel, Chiriví, Ghallegho (Elvis, min.55), Piru, Esteban, Juan Antonio, Lalá (Moro, min.65), Bieito.
  • Goles: 1-0, min.17: Javi; 2-0, min.43: Javi; 3-0, min.53: Manu; 4-0, min.57: Manu; 5-0, min.67: Manu.

Partido fácil que certifica a clasificación para a Fase de Ascenso do Cerqueda. O Xaviña non prantou demasiada batalla pois chegaban algo tocados da festa da noite anterior na vila encaixeira. Aínda así tiveron algunha ocasións sobre todo nos pés de Moro, pero que chegaba sen forzas a meta.
Pouco a pouco foron chegando os goles do Cerqueda, que celebrou o hat trick de Manu.

Aquí quedan varios dos goles da UD.

Novas relacionadas

Máis información

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios