3ª Autonómica: Agra da malleira



Durísimo correctivo do Monte Louro a un Corcubión que pese a todo se mantén coma dominador da competición. Non o desaproveitou o Laxe, que segue a ser o único equipo invicto do Fútbol da Costa e queda a tan só 2 puntos do líder.
Lira 0-2 Laxe
- Campo: Portocubelo.
- Lira: José Manuel, Ramón, Santi, Jesús, Eloy (Senande m.41), Cheikh, Manuel, Yago (Manuel Papín m.67), Eloy, Rubén e Salva.
- Laxe: Jacobo, Pichel, Jacinto, Steve (Djamel m.70), Aarón (Bras m.60), Gora, Borja, Santi, Samu, Felipe e Omar (Iván m.80).
- Árbitro: Oreiro Herrmida (A Coruña). Amonestou a Eloy e Senande do Lira; Djamel e Borja do Laxe.
- Goles: 0-1 m.55 Samu; 0-2 m.82 Santi.
Ata o primeiro gol
Despois dunha primeira metade igualada e con alternativas nas dúas porterías, o Laxe desequilibrou cun psicolóxico 0-1, de penalti a Santi, que converteu Samu. Veuse abaixo o Lira, aínda que mantivo a orde e a seriedade. Resolveu Santi a oito minutos, cun Laxe que manexaba o resultado.
Muxía 4-1 Camelle
- Campo: Arliña.
- Muxía: Santi Papi, Pesqui, Pataca, Martín, Samuel, Pana (Jose m.46), Currás, Julián, Álex, Adrián Negro (Javi m.59) e Manuel Marcote (Alberto Romaní m.53).
- Camelle: Jonathan, Cristian (Tedín m.52), Rubén, Carlos, Sergio, Álvaro, Tajes, Javi (Rubén Toja m.65), Jose Manuel (David m.65), Mario e Adrián.
- Árbitro: Núñez Fiuza (A Coruña). Expulsou a Tajes e a Carlos (m.44) do Camelle e a Pesqui (m.75) do Muxía. Amonestou a Adrián e Julián do Muxía.
- Goles: 1-0 m.10 Adrián Negro; 2-0 m.69 Javi; 3-0 m.74 Alberto Romaní; 4-0 m.77 Javi; 4-1 m.83 Rubén Toja.
Derbi cunha parte
Só houbo corenta e cinco minutos no partido de proximidade entre Muxía e Camelle, ata que os visitantes quedaron con nove homes por unha dobre expulsión. O balón foi prácticamente sempre dos locais, que co segundo tanto prácticamente pecharon o choque grazas ao baixón físico do Camelle.
Monte Louro 7-0 Corcubión
- Campo: Agra de Filgueira.
- Monte Louro: Fernando (Joaquín, m.75), César, Savid, Pablo, Abel, Adrián (Gelo, m.63), Dani Sahorta (Edu, m.65), Riki (Xacó, m.70), Geiko, Juan de Selia (Gabri, m.63) e Sexo.
- Corcubión: Beto, Adri, Gabi, Isma, Iván, Alán, Mario Suárez, Goche, Toja, Roca e Roi. Tamén xogaron: Fía, Marco, Germán, Checho e Tito.
- Árbitro: Soto Eiroa (A Coruña).
- Goles: 1-0, m.5: Juan de Selia; 2-0, m.15: Geiko; 3-0, m.17: Sexo; 4-0, m.60: Dani Sahorta; 5-0, m.64: Geiko; 6-0, m.65: Geiko; 7-0, m.75: Sexo.

Gran estrea para Caluso
Un repaso dende o primeiro minuto endosou o novo Montelouro de Caluso a todo un líder. O adestrador dos xuvenís collía o relevo de Marcelo, trala súa destitución por "falta de sintonía cos xogadores", segundo a directiva. E foille ben ao cadro de Caluso, que se aproveitou de que o Corcubión chegaba moi xusto ao Agra da Filgueira, ou máis ben, quedaba na casa.
Nos 3 primeiros minutos chegaban as 3 primeiras ocasións e xa no minuto 5 Juan de Selia abría a lata. Cada balón dividido era dos locais que ían en 5ª cando os corcubioneses aínda non meteran a 3ª.
A xornada deixa a Geiko (marcou 3) como Pichichi da categoría, con 10 tantos, 1 máis que o corcubionés Iago Lema e o cabanés Enmanuel.

Nantón 1-0 Sporting Seaia
- Campo: Fontiñas.
- Nantón: Chechu, Lareu, Budi (Patelele, m.68), Diego, Carlos Vidal, Sergio (Guau, m.84), Redondo, Enmanuel, Martín e Iván (Maikel, m.83).
- Sporting Seaia: Jorge (Nacho, m.46), Josiño, Carabel, Víctor, Jorge Parga, Vistas, Eiroa (Cristian, m.60), Michi (Guille, m.70), Parga, Sergio e Pablo (Paco, m.75).
- Árbitro: Varela Vázquez (A Coruña).
- Goles: 1-0 m.87 Enmanuel.
- Lesións: os malpicáns Pablo e Sergio.
Cea pesada
7 partidos sen gañar levaba o Nantón ata a visita do Seaia. O cadro cabanés aproveitouse da gran cea que fixo a familia do Seaia a noite do sábado, para recadar cartos para o club. A cea saíu estupenda pero o partido puido ser mellor para un Seaia que ademais sufría as importantes lesións de Pablo e Sergio, que deixaron ao equipo con 10 o último cuarto de hora, xusto cando o Nantón se volcaba e conseguía o gol da vitoria.
O partido foi bastante igualado en todo caso, cun Nantón levando o control do balón pero sen ideas, ante un Seaia ben prantado que buscaba algunha contra. Foi no ñultimo treito do partido cando o Nantón conseguía meter moi atrás aos visitantes pero estaba Nacho, convertíndose no home do partido con varios paradóns, ata que preto do final, Enmanuel, o pichichi cabanés xa con 9 tantos, desfacía a igualada.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: Ameaza interior.
- 1ª Autonómica: De ouro no Platas.
- Preferente: Gustazo do Xallas.
- Atasco na operación saída.
Novas relacionadas
- Corredoira asume o desafío de ascender ao Baíñas.
- “Estoulle sendo infiel ao fútbol… cos meus fillos”.
- O Fútbol Base volve a Pedra Queimada.
- Remata o Curso de Monitor de Fútbol Base de Santa Comba e convócase un novo para Muros.
- Grandes nomes na lista de Pichichis das Ligas da Costa.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.11: O Laxe, único equipo invicto do Fútbol da Costa.
- X.10: Un Poroto corcubionés.
- X.9: O Corcubión estira a Liga.
- X.8: 4 equipos perseguen ao Corcubión<.
- X.7: Recortándolle a vantaxe ao líder.
- X.6: O Laxe confirma a súa candidatura aplicando a primeira derrota ao Corcubión.
- X.5: Pésima imaxe.
- X.4: Vai por ti.
- X.3: Unha xornada de baixa.
- X.2: O Corcubión queda en solitario.
- X.1: Balóns novos para a curta Terceira.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga ([email protected]).