Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Galicia: doble goleada e liderato

3ª Galicia: doble goleada e liderato
Golearon Laxe e Porteño e ocupan o liderato da 3ª Galicia tras a primeira xornada. Polo demais a nota destacada foi a volta ó fútbol da costa do Muros, que empatou en Cabana e mostrou boas maneiras. Volantes, Ameixenda e Nantón aproveitaron o factor campo para levarse as vitorias. CABANA 2 - MUROS 2 CABANA - Victor, Djamel, Raúl (Alex 67´), Isma, Fernando, Mateo (Diego 72´), Reigía, Ferreiro, Manolo do Cruceiro, José Ángel, Pablo (Laik 46´) MUROS - Xandre, Lice, Banana, David Brea (Pedro 35´), Yerai, Berni (Sergio 89´), Ramón, Pelos, Edu, Alvarito (Lariño 76´) e Hugo (Manu 52´) GOLES: 1-0 38´Raúl   1-1 67´Pelos   1-2 72´Alvarito   2-2 89´Laik A volta do Muros ás ligas costeiras saldouse con igualada. Ambos equipos puxeron sobre o tapete loita e ganas pero pouca claridade co balón. Raúl adiantou ó Cabana nun rexeite de Xandre a lanzamento de Reigía. O Muros doulle a volta ó encontro en 5 minutos a base de fe e ganas, pero a partir de ahí o Cabana foi o que puxo o corazón e a garra e Laik de gran remate establecía a igualada co encontro esmorecendo. Un expulsado por cada lado, Jose Angel por parte local e Banana por parte visitante. OUTES B 0 - LAXE 6 OUTES B - Turnes, Cesar, Lago, Rubén, Bruno (Fran 65´), Saúl (Paullo 58´), Sergio, Álvaro (Fabio 71´), David, Edu e Juan (Nieto 65´) LAXE - Eloy, Iván, Toni (Xosé 84´), Jacinto, Borja, Carlos (Felipe Oróns 46´), Juan, Elias (Iván 68´), López, Oscar Toja e Adan (Jorge 68´) GOLES: 0-1 48´Oscar Toja   0-2 60´Elías   0-3 63´Felipe   0-4 67´Felipe   0-5 75´Oscar Toja   0-6 89´Jorge Aguantou o primeiro tempo o filial do Outes no Conchido, pero non puido facer nada cando se xuntaron no campo os buques insignia deste Laxe, Oscar Toja e Felipiño. Ambos anotaron 2 tantos e dirixiron a avalancha ofensiva no segundo acto, onde se viron as virtudes dun Laxe ambicioso esta tempada, coa idea de voltar á 2ª Galicia canto antes. VOLANTES 2 - CASTRIZ 1 VOLANTES - Rubén, Tico (Yerai 57´), Juan do Sivil, Mou, Yanki, Pardelo, Raúl (Dani 76´), Gutiérrez, Richi (Damián 50´), Alberto (Iván Cerilla 57´) e Maikel CASTRIZ - David Gerpe, Toniño, Paredes, Adrián, Kevin, Steven, Nakata, Javi (Miguel 72´), Iván Pastoriza, Alvaro e Landeira. GOLES: 1-0 22´Mou   1-1 44´Landeira   2-1 69´Mou Dous goles de Mou deron a vitoria ó Volantes de Baño no Eleuterio Balayo, ante un dos candidatos ó título, o Castriz de Mata, que igualou antes do descanso por medio de Landeira pero non puido co empuxe local. A reedición dos duelos Volantes - Muros prometen ser apaixoantes. AMEIXENDA 1 - CAMELLE 0 AMEIXENDA - Maikel, Camacho, Bichiño, Oca, Adán, Susiño (Piquero 46´), Jesús, Bruno (Lagoa 46´), Pablo (Iago 70´), Andres (Antón 82´) e Cristian. CAMELLE - David, Sergio (David 86´), Rubén, Pablo, Tedin (Álvaro 66´), Felipe, Miguel Riveiro, Mendez (Sergio  55´), Mario, Adrián Pasantes (Cristian Lema 80´) e Vieites. GOL: 1-0 79´Lagoa Inicio de liga raro en Sampaio de Refoxos, co campo ainda en obras e cos equipos en rodaxe. Ambos equipos protestan a actuación do colexiado, que deixou descontento a todo o mundo. Moitas imprecisións iniciais no equipo local. O Camelle superábao con unha boa colocación no campo. O encontro decidiuse nos minutos finais de Lagoa, que xogou de revulsivo ó ter algunhas molestias físicas pero que decidiu o encontro nun mal partido de principio de competición. NANTON 2 - SEAIA 0 NANTON - Guille, Silvariño, Pablo Romero, Gavin, Diego, Martín, Fabio (Raul 86´), Lareu (Eloy 69´), Pastoriza (Bardanca 74´), Redondo e Iván Moreira. SEAIA - Martin Recarey, Alejandro, Javier, Jorge Parga, David (Núñez 56´), Elvis (Brandón 53´), Pose (Alvaro 56´), Carlos Mallo, Adrian (Sergio 74´), Jose Suarez e Martín Mara. GOLES: 1-0 43´Fabio   2-0 80´Iván Moreira.  Boa vitoria do Nantón ante un Seaia que acusou moito a expulsión de Jorge Parga no minuto 42 de partido, e que incluso acabou con 9 homes sobre o campo coa postreira de Alejandro Núñez. Entre iso e algunha baixa importante que tiñan non foron quen de facer frente a un Nantón sempre poderoso no seu campo. PORTEÑO 6 - CASTRELO 0 PORTEÑO - Jimmy, Marcos, Curra (Canosa 61´), Sergio, Manu, ´Caamaño, Jorge (Adrián 57´), Vicente (Mario 64´), Chavín, Isma e Luis (Wii 53´). CASTRELO - Carreira, Oscar, Gustavo, Mario, Luis, Iván Caamaño (Nico 65´), Félix, Michel, German, Sergio Lema e Steven (Elvis 46´). GOLES: 1-0 16´Jorge 2-0 29´Chavín 3-0 41´Caamaño 4-0 66´Marcos 5-0 69´Wii 6-0 73´Wii Foi demasiado para o Castrelo o arrollador Porteño no derbi na Grixa. A expulsión do gardameta Carreiro fixo aínda mais costa arriba a tarefa, e a saída do goleador Wii, sempre puntual coa súa cita cos marcos rivais, foi a puntilla para un Castrelo que non mereceu tanto castigo.  

Comentarios