4 ouros e 1 bronce para preparar o asalto á Copa de España de Piragüismo
Catro ouros e un bronce para o CDM Piragüismo Dumbría en visperas da Copa de España de Mondariz. Menudo botín acadou a expedición costeira na 2ª Copa Galega de Slalom, celebrada en Mondariz Balneario esta pasada fin de semana. Unha proba que servía de ensaio xeral de cara a Copa de España que terá lugar no mesmo local no fin de semán os días 5 e 6 de abril. E a verdade é que non podía ter saído mellor os deportistas do CDM Piragüismo Dumbría, obtendo case que a metade dos triunfos individuais na proba disputada no Río Tea.
A proba empezaba con certa preocupación por parte dos clubes dado o escaso nivel de auga que levaba o rió Tea, o que fai que incluso se temera pola celebración da competición nacional de dentro de dez días. A día de hoxe parece que iso foi solventado gracias as últimas chuvias, e que a proba nacional decorrera no lugar previsto, ainda que o rio Ulla permanece coma opción de recambio en caso de que non se den as condicións necesarias na vila balenaria.
Gran actuación dos nosos palistas
En canto a actuación dos palistas de dumbría, Kiara Martinez e Antía Loira eran as que abrían o lume. Antía non ten rivales (literalmente) na súa categoría Senior Femenina, polo que básicamente compite contra ela mesma, ou incluso contra os deportistas masculinos para porse algún tipo de reto. Foi a gañadora en K1 e C1 Senior Femenino. Pola súa parte Kiara parece que se vai sobrepondo ós nevos das primeiras competicións desta tempada, e dominou a proba sin mais problemas que ter que un erro nunha porta que lle costou uns dez segundos. Mesmo así gañou con nove de ventaxa.
En canto os rapaces, Marco Oreiro volvía a gañar unha proba de Copa Galega de Slalom, e demostra que está nun excelente momento de forma. De feito incluso a hora de competir empeza a mirar hacia a categoría Senior Masculina a hora de buscar as referencias, posto que no C1 xuvenil a nivel galego en este momento non ten competidores.
Aarón Rey pola súa banda fixo unha excelente manga preliminar que o situaba líder da competición, pero na manga final un toque totalmente fortuito na porta 13 o penalizaba con dous segundos que o baixaba do chanzo máis alto do podium o terceiro. A competición é así.
Peor lle foron as cousas a Javier Trigo, quen despois de trematar a primeira manga en postos de podium se viu relegado ó 4º posto.
Ademáis destes competidores, o CDM Piragüismo Dumbría acudíu a Mondaríz Balenario con catro abridores, Fran Romar, Marcos Cancela, Lorena Costa e Jorge Quintáns. Todos eles fixeron un excelente traballo, e demostran que ven aí outra excelente fornada de deportistas dumbrieses.
Máis información
Novas relacionadas
- Iago Canosa e Marco Oreiro sobreviven a unha competición fallída en Irún.
- O piragüista Iago Canosa achégase ao mundial de Slalom de Australia.
- 5 palistas do Piragüismo Dumbría loitarán polas plazas para o Mundial de Slalom.
- Sorte dispar para os palistas dumbrieses na primeira proba da tempada.
- Arrinca en Portugal a tempada 2014 para un CDM Piraguismo Dumbría con caras novas.
- Un Piragüista dumbriés ao mellor centro de tecnificación de España.
- O Piragüismo Dumbría xa é Campión Galego.
- O Piragüismo Dumbría xa sobe a podios estatais.
- Dumbría acolleu outra gran proba de piragüismo.
- “O campo de slalom sería tan positivo como o Camiño de Santiago”.
Fonte
- Nota de prensa do CDM Piragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela.