mércores. 30.04.2025
El tiempo

650 pequenos novos atletas

650 pequenos novos atletas
Campo a través en Cee

Esto non é que sexa por moda, pois todos os anos hai unha participación semellante. Pero hai potenciais atletas na zona, como o comprobamos na Proba de Campo a Través de Cee 2014. 650 nen@s nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete (masculino e feminino) tomaron parte este venres 5 de decembro de 2014 nunha nova proba de deporte en idade escolar organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia (dentro do programa “XOGADE”) e polo Concello de Cee.

Esta proba é clasificatoria para a fase intercomarcal que celebrará o 23 de xaneiro e que posiblemente poderá ser no Concello de Cee. Clasificáronse os dous primeiros equipos de cada categoría, así como os 8 primeiros clasificados individuais que non pertenzan aos equipos clasificados.

As diferentes probas segundo as categorías deron comezo ás 11:00 horas no Estadio Municipal de Fútbol “San Paio de Refoxos” de Cee e remataron ás 13:00 horas. Nela participaron 12 centros de ensino e 1 club deportivo: Houbo medallas para os 10 primeir@s clasificados en cada categoría e a todos os participantes se lle entregou un pastel e un refresco.

Compre agradecer a labor de Protección Civil.

Campo a través en Cee

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios