Á 10ª chegou a derrota


Primeira derrota en 10 partidos para o Calvo Xiria. Os carballeses non puideron cun Chapela que o alcanza na táboa, compartindo os dous o liderado.
Pola súa parte, o Goldie Xiria vencía ao 3ª clasificado, o Teucro, nun apurado pero fermoso partido, e se mantén nunha estupenda 4ª posición con posibilidade de chegar ao segundo posto.
Barriu o Bm. Camariñas ao Pontedeume da pista do Areal e mantense no primeiro posto empatado con Teucro e Rasoeiro, sumando 6 vitorias e unha derrota.
1ª Estatal, Gr. A, xornada 10
- Resultado: Const. Castro Bm. Chapela - Calvo Xiria (26 - 15).
- CALVO XIRIA 15 (6+9): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Carlos A. Lema (1), Javier Rodríguez, Brais Puñal, Manuel Méndez (2), Sergio Facal, Julián López, Uxío Batán (3), Ramón Suárez-Pumariega, Martín Alfeirán (3), Pablo Iglesias (2), Carlos Vilanova (3), Iván Calvo (1).
15 puntos son moi poucos puntos. Un Calvo Xiria negado de cara ao gol non puido manter a súa condición de invicto ante o Bm. Chapela que se levou os dous puntos, o que fai que ambos conxuntos empaten a puntos no máis alto da táboa clasificatoria.
O pasado sábado o mellor xogador do partido foi Suso Soliño, porteiro local, que foi un verdadeiro pesadelo para os lanzadores do Xiria. Dezaseis lanzamentos cómodos dende os seis metros e catro sete metros foron marrados, ou parados polo protagonista do partido. A veteranía e a dureza dos locais foron importantes no devir do encontro.
1ª Autonómica, xornada 6
- Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Pontedeume (33-13).
- Balonmán Camarilas: Bruno ℗, Víctor ℗, Alan (4), Fary (10), Eusebio (7), Checho (2), Damián, Fabio (1), Catalán (3), Xosé, Héctor (1), Fran (1), Antelo (3) e Moncho (1).
O Seis do Nadal foi unha caricatura de equipo en mans dun Camariñas que xogou a medio gas. Juan Ramón deu descanso aos xogadores habituais e sacou a pista a aqueles que gozan de menos minutos.
Malia todo as diferenzas foron enormes, tal e como se deixou notar no marcador.
A fin de semana que vén non haberá competición, quedando para o próximo a visita ao Chapela de Vigo.
1ª Autonómica Feminina, xornada 13
- Resultado: Goldie Xiria - Teucro Pescamar (25-24) (11-11).
- Goldie Xiria 25: Brenda Noya (porteira) Marta Regueira 5, Natalia Solís 1, Jessica Posse 5, Leticia Casal, Sheila Ferreiro, Alba Pombo, Zeltia Landeira, Juana Garrochena 6, Raquel Gómez 2, Elena Segade, Laura Carracedo 4, Ainoa Míguez, Tamara Pombo e Adriana Gómez 2.
Non se encolleu o Goldie Xiria ante un rival que aspira esta tempada a estar no máis alto da clasificación e acceder a Fase de Ascenso. O Teucro viuse sorprendido por un Xiria que xa de inicio daba síntomas de fortalecemento defensivo e de xogar coas ideas claras no ataque. A primeira liña do Goldie conectaba unha e outra vez con Marta no pivote, que pese a non estar por momentos moi acertada de cara a gol, abriu a defensa rival para que as súas compañeiras encontrasen os ocos de penetración e eficiencia de cara a gol.
Foron sesenta minutos de igualdade, onde o Teucro arrancou con máis empuxe, pero as xogadoras carballesas a base de boas combinacións no xogo de ataque e unha maior intensidade defensiva cerraron e asfixiaron ao seu rival. Na segunda metade o Xiria con máis empuxe conseguía adiantarse no marcador ata de 3 goles, máxima diferencia que se foi reducindo ata ese 25 a 24 final, que da os puntos ao Goldie Xiria para seguir na cuarta posición.
Máis información
- Resultados e Clasificación da 1ª Estatal, Gr. A.
- Resultados e Clasificación 1ª Autonómica Masculina.
- Resultados e Clasificación 1ª Autonómica Feminina.
Novas relacionadas
- Pleno de vitorias para o balonmán costeiro.
- Balonmán: 8 de 8 e unha polo cerco.
- Balonmán: O Calvo Xiria segue invicto.
- Líderes.
- Balonmán: Camariñas e Xiria seguen sumando vitorias.
- O Balonmán arrinca con vitorias en Camariñas e Carballo.
- Camariñas queda sen equipo feminino de balonmán esta tempada.
- O Bm. Camariñas renuncia ao ascenso para centrarse na base.
Fonte
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria.