Domingo. 15.09.2024
El tiempo

A 2ª Autonómica xa ten o calendario en www.futboldacosta.com

A 2ª Autonómica xa ten o calendario en www.futboldacosta.com
Calendario 2ª Autonomica 2014-2015 en Futboldacosta

Despois de botar un ollo aos numerosos partidos de pretemporada da fin de semana, enfilamos xa a nova campaña. E o facemos co calendario completo da 2ª Autonómica 2014-2015, patrocinada pola Estación de Servicio Bazarra. Unha Liga da Costa que este ano conta con 18 dos grandes equipos da bisbarra, dos que podedes comprobar as novidades en Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.

Son varios os favoritos e varias as incógnitas. Camariñas e Ponteceso buscan recuperar a categoría perdida con novas caras no banco como son Gerpe e Marco, que pasa de ser segundo no cadro camariñán a ser a cabeza visible de volta na súa casa. Terán que pelexar con equipazos como o Zas, que mantén o bloque que o ano pasado rozou a promoción, o Outes, outro que quere manter a súa gran liña, o renovado Fisterra da man de Nacho, un dos adestradores máis prometedores da bisbarra; ou o Cee, sempre eterno aspirante a todo, se ben este ano conta con algunha baixa considerable como Llanero, que acaba de decidir retirarse. Será Rafa Suárez, ex dos xuvenís do XSC o que colla o relevo de Floreal no banco.

Sempre coa cabeza metida arriba, e buscando non sufrir seguirán o Carnota de Alfredo Cambeiro, no que destaca a volta do capi Nico; o novo Buño de Chema Rivadulla; o Cabana de Raúl Periscal; ou o Castriz no que Esteban Blanco terá que acomodar unha revolución.

O San Lorenzo aposta por Pedro Gómez, o Mazaricos por Néstor, o Porteño mantén a Roski, metres que en Camelle Varu pasa do campo ao banco trala decisión de Pupus de non continuar. Todos buscarán non pasar apuros, como os que pasou este curso o Volantes, que se salvou gracias ao ascenso do Sofán. Felipe Candamo ten nas súas mans un equipo moito máis reforzado, con moitos rapaces do clube.

E quedan os recén ascendidos, cun Baíñas que pode dar a sorpresa na categoría. Mario de José recolle o relevo de Pato e mantén as súas estrellas pero ademais conta cunha marea de novas fichaxes. O Montelouro de Jurjo e o Seaia de Tato buscarán manter a categoría.

Xa pode ver o calendario completo da 2ª Autonómica 2014-2015 en www.futboldacosta.com.

Máis información

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios