Martes. 17.09.2024
El tiempo

A canteira ciclista galega deuse cita no Trofeo de Dumbría

A canteira ciclista galega deuse cita no Trofeo de Dumbría

O pasado sábado, o Concello de Dumbría organizou conxuntamente co Club Ciclista Dumbría, a 2º edición do Trofeo de Escolas e Cadetes en carretera, para categorías base de ciclismo. Unha cita que pecha a temporada ciclista en Dumbría, despois dun ano de asentamento, organizando nada menos que 7 probas federadas organizadas, tanto en estrada, mountain bike e ciclo cross.

A proba, de nivel federada, contou coa representación de clubs de toda a comunidade, que a pesar da multitude de festas e romerias, así coma a etapa da volta a España en Ancares, contou cunha aceptable participación.

As primeira carreira, na categoría Alevín, dou comezo no horario previsto (10:30h), para completar un total de 3 xiros a un circuito de 1,5km por volta. Os vencedores nesta categoría foron: 1º Miguel Angel Mera, do club ciclista Compostelano, 2º Manuel Rodríguez do Ponteareas e 3º clasificado Adrián Lopez do Compostelano.

Na seguinte carreira, en categoría Infantil, un total de 6 voltas na que os grandes dominadores foron o club ciclista Ponteareas, con tres deportistas no alto do podium. 1º Adrián Giráldez, 2º Iván Díaz e 3º clasificado Guillermo Porto. Nesta categoría o ciclista local Marco López, quedou no posto 16º.

Na proba máis esperada, a dos Cadetes, os ciclistas completaron un total de 16 voltas, onde Jose Carlos Amil, do Club ciclista Ponteareas, foi o vencedor, seguido por José Roberto Chas do Club Ciclista Cambre completando o podium, Íñigo Rodríguez da Fundación Oscar Pereiro.

Nos máis pequenos, en pricipinates, a organización tiña preparado un circuito de habilidade e destreza, no que os nenos/as fixeron desfrutar aos alí presentes. O primeiro clasificado en categoría masculina foi para Yasir Martínez do club Ciclista El Rosal, e na categoría feminina, a vencedora foi a deportista do club local Alejandra Formoso.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios