A Copa do Mundo chega a Zas para preparar os Cuartos
08:10 20/06/12
Nunca mellor traída. Este xoves, a 2 días do partido de Cuartos de Final da Selección Española na Eurocopa de Polonia e Ucrania, a Copa do Mundo chega á Costa da Morte.
Seguindo o seu percorrido por diversas localidades de España, a Copa do Mundo de Fútbol, logo das xestións realizadas polo Sporting Zas, e concretamente de Manuel Corredoira, a través da Federación Galega de Fútbol, coa colaboración do Concello de Zas, estará exposta o xoves 21 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, na Casa Socio-Cultural do Concello, en Zas.
Tras estar noutras localidades da Costa da Morte, como Fisterra, Malpica ou Camariñas, o trofeo volve visitar unha localidade da nosa bisbarra.
Novas relacionadas
- A Copa do Mundo na fin do mundo.
- A Copa do Mundo tamén chega á Muxía e Malpica.
- Centos de persoas contemplaron a Copa do Mundo en Camariñas.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).