Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Copa do Mundo tamén chega á Muxía

A Copa do Mundo tamén chega á Muxía

Tras pasar por outras vilas Camariñas, Malpica ou Santa Comba, a Copa do Mundo de Fútbol chegará a Muxía este sábado, 3 de setembro. O espectacular trofeo está exposto partir das 11:30h e ata as 20:00h no Edificio de Servizos Múltiples de Muxía, no local do Centro Social (planta baixa).

Moitos foron os que nos preguntaron durante este verán como se podería facer para levar a Copa ao seu Concello, e como nos contan dende a vila da Barca, "a Copa do Mundo chega a Muxía tralas xestións do goberno municipal e a Federación Galega de Fútbol".

O Alcalde de Muxía, Félix Porto, en nome do goberno local, amósase agradecido coa resposta positiva do señor D. José García Liñares, Presidente da Federación Galega de Fútbol, ás xestións para conseguir que o trofeo puidera ser exposto en Muxía.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios