mércores. 30.04.2025
El tiempo

A praia do Ézaro acolle unha proba do Campionato de España de Volei

A praia do Ézaro acolle unha proba do Campionato de España de Volei
Imaxe dunha proba de Volei da Festa da Praia 2010-Foto- Marcos Rodríguez

O Concello de Dumbría organiza este vindeiro fin de semana o Campionato de España en categoria Infantil tanto masculino coma feminino de volei praia. Para dito Campionato, tanto a Federación Galega de voleibol coma o propio Concello, convertirán a praia do Ézaro, unha instalación deportiva de gran nivel, 4 campos e pista central con gradas incluidas.

Os mellores clubs de España estarán presentes neste Campionato, que según as distintas Federacións está levantando gran espectación debido o entorno no que está situado o lugar do campionato, o que aproveitarán os equipos para visitar os distinto lugares da Costa da Morte.

A día de hoxe, os campións das Comunidades coma: Vasca, Cántabra, Andaluza, Valenciana, Baleares, Castilla La Mancha, Madrid, La Rioja, Asturias, Catalana, Canarias e Galega, competirán por conseguir o galardón de Campión Nacional.

Todo quentando ademais para a Festa da Praia.

#Dumbríaédeporte

Con este campionato, o Concello dumbriés segue apostando por acoller competicións de gran nivel, sempre en categorias inferiores, promocionando o deporte do voleibol nas distintas categorias e fomentando o turismo a través do deporte. Os equipos deixarán unha boa repercusión na hosteleria da zona, hoteles dos distintos Concellos limítrofes a praia do Ézaro, contan con numerosos participantes e familiares para este fin de semana.

A reunión técnica da proba é o xoves día 25 no local social do Ézaro as 20,00h, os partidos comexan o venres 26 a partir das 9,00h ata o domingo día 28 as 14,00h.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Dumbría.

Comentarios