xoves. 01.05.2025
El tiempo

A vitoria do Xadrez Cabo Touriñán ante o líder non lle chega para o título

A vitoria do Xadrez Cabo Touriñán ante o líder non lle chega para o título
David Lariño do Club Xadrez Cabo Touriñán, ante o Pub Musaraña David Lariño do Club Xadrez Cabo Touriñán, ante o Pub Musaraña

Non lle valeu a vitoria ante o líder ao Club de Xadrez Cabo Touriñán para ter verdadeiras opcións ao título. Os costeiros pasaron por riba do Pub Musaraña, pero a derrota da semana pasada ante o MIlladoiro, a primeira do curso, deixan o título en bandexa aos santiagueses, que dependen de sí mesmos para alzarse co título. O Pub Musaraña ten que gañar e esperar o fallo do Milladoiro e o Cabo Touriñán é o que o ten máis compricado xa que necesita que fallen os dous.

Pub Musaraña 0,5 - Cabo Touriñán 3,5

Resultados por taboleiro:
  • Andrés Varela– David Lariño 0-1. O xogador de Vilagarcía xogou moi ben e conseguiu unha lixeira ventaxa, pero ao chegar a un final de Torres cometeu varias imprecisións e Lariño conseguiu finalmente a vitoria.
  • José Soneira – Juan Andrés Bayón 1-0,  Soneira xogou  o gambito Cochrane línea moi incisiva da apertura Petrov no que se sacrifica un Cabalo  conseguindo dous peons, ventaxa de espazo no centro e que o rei inimigo perda o enroque. Andrés non xogou fino e Soneira recuperou a peza quedando con dous peóns de ventaxa que incrementou ao gañar un alfil na xogada 19.
  • Adrián Betanzos – Manuel Lamas  0-1 ,Notábase que Manuel sentíase cómodo nesta partida na que saiu ben da apertura e conseguiu ventaxa de Dama contra Torre e Cabalo no medio xogo, posteriormente creou un peón pasado e con bo criterio o seu rival abandonou.
  • Ramón Franco - Jacobo Lamas 1/2-1/2, Ramón xogou ao toque e de memoria o ataque Max Lange, variante da apertura italiana chea de trucos e o seu rival perdiu un alfil na xogada 11, pero mais adiante tras un ataque ao enroque por parte do xogador de Vilagarcía a ventaxa diminuiu e a partida rematou en taboas por xaque continuo.
 

Vindeira xornada

A próxima fin de semana rematamos a liga en Muxía contra o Algalia de Santiago.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas do curso

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios