Martes. 08.10.2024
El tiempo

Amador Vidal e Miguel, Deportistas Ilustres homenaxeados no Concello de Vimianzo

Amador Vidal e Miguel, Deportistas Ilustres homenaxeados no Concello de Vimianzo
O Concello de Vimianzo non deixou pasar a oportunidade para homenaxear a dous dos máis importantes deportistas de Vimianzo. A sala de trofeos do novo Complexo Deportivo está presidida por dous grandes pósters de 1,5 m. de alto, un de Amador e outro de Miguel. Neles pódense ver fotos dos dous deportistas cun pe de foto onde se pode ler “Deportista Ilustre do Concello de Vimianzo”. Durante o acto de inauguración do ximnasio municipal, que tivo lugar este venres, o alcalde entregou un póster a cada un dos deportistas (Amador non puido asistir ó acto) como recoñecemento á súa longa e exitosa carreira deportiva.

Unha vida ao volante

Amador Vidal é un recoñecido piloto de rallys. O seu palmarés é moi amplo, entre outros podemos destacar os seguintes:
  • Campión de España do Desafío Peugeot Junior.
  • Campión de España do Desafío Peugeot Absoluto.
  • Campión de España de Rallys de Terra (Gr. N).
  • 5 veces subcampeón de España de Desafío Peugeot.
  • Subcampión da Mitsubisi Evo Cup.

Un home a un balón pegado

Miguel Figueira Soneira poster Miguel foi futbolista profesional. A súa carreira deportiva levouno a varios equipos de 2ª División, chegando a ser capitán do equipo en moitos deles:
  • Bergantiños.
  • Deportivo da Coruña.
  • Levante.
  • Castellón.
  • Gerona.
  • Lugo.
  • Figueres.
  • Casteldefels.
  • Montañeros.
  • Soneira.
Os seus maiores éxitos producíronse no Levante, onde gañou a liga de 2ªB e estivo a piques de ascender a 1ª; e no Castellón, onde a liga de 2ª B. Ademais foi dúas veces campión de Copa da Generalitat Valenciana. No último partido co Levante os xiareiros agradecéronlle os seus servizos cun gran mural despregado nun dos fondos do estadio onde se podía ler: “Miguel -4- Valencia te rinde honores”. Actualmente xoga no Soneira e entrena ós xuvenís. Durante a súa carreira ningún dos dous deportistas esqueceu as súas orixes e sempre levaron o nome de Vimianzo alí por onde ían. Hoxe Vimianzo agradécello cun humilde homenaxe.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

  • Artigo da man de Víctor Santos, Técnico de Deportes do Concello de Vimianzo.

Comentarios