mércores. 30.04.2025
El tiempo

Aprendendo a ser pai de xogador de fútbol base

Aprendendo a ser pai de xogador de fútbol base
Charla para pais e nais do futbol en Sofan

Cantas veces temos visto algún pai energúmeno berrándolle ao árbitro ou animado esaxeradamente ao seu fillo. Ese, esqueceu que é o exemplo a seguir do seu fillo, e que moitos dos seus compañeiros mirarano como unha mostra do comportamento que debemos ter nun campo de fútbol.

Unha verdadeira lacra que temos que corrixir, entre todos. E para iso, ben sentará a Charla para pais e nais que artella a SD Sofán, aberta a todos os que queren aprender algo.

A cita será o sábado 11 de abril no Centro Social da SD, e os poñentes serán Gonzalo Goyanes, árbitro de 3ª División, e Siño Camaña, adestrador de categoría nacional.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios