Venres. 03.05.2024
El tiempo

O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD

O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD
Manuel Varela amosando a historia da SD Sofan a Alberto Pose

Menudo exemplo para o resto da bisbarra a creación do novo local social da SD Sofán. O flamante líder da 1ª Autonómica na súa estrea na categoría ten moitas cousas para estar orgulloso. E o seu novo espazo é un deles. Veñen de recuperar a Escola Unitaria da parroquia, algo que pode ser exportable ás ducias de escolas que están esmorecendo por toda a bisbarra, ás que entidades tan activas como son os clubs do fútbol poden devolverlle a vida.

Agora, ademais das xuntanzas do propio club, todas as categorías saen no bus dende alí, e os maiores da parroquia poden parar a botarlle un ollo á súa propia historia, e recoñecer aos seus veciños nas fotos, cando voltan da misa.

O novo local social da SD Sofan na antiga Escola Unitaria Porta de entrada da Escola Unitaria de Sofan novo local da SD A entrada adicada ao Ascenso a 1 da SD Sofan

Só chegar diante da Escola xa notas a man dunha directiva comprometida. Esa porta co escudo forxado dá gusto vela. A entrada está adicada ao histórico ascenso da temporada pasada. Un ascenso recollido no último dos fermosos anuarios que armou Manuel Varela recollendo as crónicas do blog do club, e que ten na historia do presi, Liso, un capítulo especial. Despois de moitos anos á fronte do club, Liso tiña que marchar a traballar a Suiza, seguindo a través do whatsapp e das rrss a atualidade do club. Tiña billetes de avión para ver ese partido do ascenso, pero xusto a muller e outras parellas de compañeiros carballeses en Suiza tiñan preparada unha viaxe sorpresa. Así que aló seguiron o partido, coas camisetas da SD, e celebraron o ascenso por todo o alto.

Almacen de roupa da SD Sofan Os dous trofeos oficiais da SD Sofan

Se a aula das nenas é hoxe o almacén do material, perfectamente organizado por categorías, na dos nenos comeza a viaxe pola historia. Unha pequena vitrina recolle os dous títulos oficiais do club, a 3ª Autonómica do 1999 e a 3ª do 2006. Precisamente o adestrador do primeiro título foi José Antonio Periscal, mítico xogador dos anos 60-70 do Compostela, Bergantiños, Ordes… Un Periscal que doou unhas botas que falan en clave de historia, que se conservan así de ben porque as mercou unha talla máis pequenas e non puido nin estrenalas. É unha das xoias do local, xunto co escudo en pel feito por Adolfo O Xastre, o avó do propio Manolo Varela, sempre coñecido pola volta como Manolo do Xastre. Tamén hai uns cantos carnets míticos, incluídos o do Teleclub, como comezou a historia para moitas entidades deportivas da zona.

Hai tamén unha pequena exposición de camisetas históricas colocadas para ver, tocar e mesmo probar. E posiblemente veremos aos xogadores este ano lucindo unha camiseta oitenteira nalgún choque desta temporada, celebrado os máis de 35 anos de historia.

O escudo en pel de Alfonso Xastre e as botas de O Teelclub de Sofan-Os comezos da SD Exposicion de camisetas antigas da SD Sofan Mural con 200 fichas da SD Sofan

O mural frontal recolle 210 fichas de xogadores. Mágoa que se perdesen un par de temporadas, polo que hai uns 50 xogadores que non aparecen. O outro lado está adicado ás categorías inferiores mentres o longo acolle un mural con toda a historia do club. Un luxo todo o material gardado por varias directivas comprometidas. Hai fotos de moitos equipos, como aquel xuvenil que no 1984 foi o primeiro equipo de toda a Costa en subir á Liga Galega. Hai documentos impresionantes, como a listaxe de material empregado na construción do mítico Carral, un campo que pode ter un relevo acorde cos tempos, pois o club xa presentou ao Concello a posible creación dun campo novo ao lado do colexio. Estudiarémolo, pero antes paladeamos a historia do club carballés.

Mural das categoria inferiores da SD Sofan Mural ca historia da SD Sofan 1 Mural ca historia da SD Sofan 1 Mural ca historia da SD Sofan 3 Mural ca historia da SD Sofan 4

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios