Arrinca unha nova tempada con moitas caras novas para o Balonmán Camariñas
Comezou unha nova temporada para o Balonmán Camariñas Conservas Boya en 1ª Autonómica. Pero polo de pronto a competición a disputar está a ser a Copa Federación, que serve así como pretemporada. Así, estes cinco partidos desta primeira fase da copa servirán para evaluar o estado do equipo logo das novas incorporaciones do equipo.
I é que o cadro que levan Juan Ramón Canosa e Andrés Cerdeiras estreábase no Areal con moitas caras novas no plantel. E ante a visita do Balonmán Cañiza Promens, o equipo camariñán acabou sucumbindo ante o potencial do equipo pontevedrés.
Copa Federación, xornada 2
- Resultado: Balonmán Camariñas -Balonmán Cañiza (22-30)
- Balonmán Camariñas: Burno (p), Iván (p), Fary (6), Diego Alonso, Jaime, Ángel, Catalán (6), Perón (2), Damián (1), Antelo (3), José Ramón (1), Eusebio (1), Sergio (2).
O partido deste sábado foi un fiel reflexo do exposto. Debutan co equipo senior esta tempada, Bruno, Jaime, Angel, Iván, Eusebio e Sergio, aos que se lles viron bos xeitos e xogaron bastantes minutos dun partido típico da pretemporada ante un rival moi forte fisicamente e con moi bos fundamentos, que se fixeron co marcador desde o primeiro minuto, non dando ningunha opción a un bisoño Camariñas que nunca deu por perdido o partido e loitou ata os minutos finais, destacando os mais veteranos Catalán e Fary.
Vindeiro partido
O próximo partido desta Copa Federación será o vindeiro sábado e Camariñas ás 6 e media da tarde contra o Conxo de Santiago de Compostela.
Novas relacionadas
- Un carballés nun Mundial.
- O camariñán Víctor Vigo ficha polo Bm Guadalaja da Liga Asobal.
- Fin de tempada na casa para os equipos conserveiros do balonmán costeiro.
Fonte
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas, da man de Perfecto Parapar.