Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un carballés nun Mundial

Un carballés nun Mundial
O Carballes David Garcia Pichel nunha captura da retransmision David Garcia Pichel coa Seleccion Espanola de Balonman no Mundial Xuvenil de Hungria

Non é moi normal atopar un bergantiñán nunha semifinal dun Mundial. Pois aí está o carballés David García Pichel a piques de acadar medalla no Mundial Xuvenil de Balonmán que se disputa estes días en Hungría. España caía onte en semifinais ante Dinamarca por un claro 32-23, derrota que non empapa o gran papel da nova selección española no Mundial.

Agora cómpre estar atento á cita de mañá venres, ás 14:30h, na loita pola 3ª praza ante Alemaña, pero antes imos repasar o traballo do noso veciño en todo un Mundial, que non cremos que ata o día de hoxe tivesemos moitos exemplos na Costa, i é que se na semifinal ante Dinamarca David García Pichel facía 2 goles. O carballés, que ademais xa debutou na Liga Asobal co Ademar de León, e nada menos que contra o Barça, foi o xogador nº8, disputando moitos minutos no campionato.
Un torneo para o que mesmo se creou un hastag "#HispanosJuveniles" a través do cal se pode seguir o devir da selección no torneo.

Segue dando pasos na súa carreira este carballés habitual nas seleccións españolas. Menudo futuro!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios