domingo. 10.11.2024
El tiempo

As Baleas proclamouse doble campión nas Ligas Comarcais de Fútbol Base

As Baleas proclamouse doble campión nas Ligas Comarcais de Fútbol Base

Enorme traballo o do Clube Deportivo Costa da Morte levando aos máis pequechos da bisbarra polos campos adiante. E aí continúan as Ligas Comarcais de Fútbol Base convertíndose xa nunha referencia deportiva da Costa da Morte.

Esta fin de semana chegou ao seu fin a primeira parte da tempada, as Ligas de Fútbol Sala. A partir do mes que vén os pequechos xa asaltarán a herba artificial para comezar co fútbol 7.

E podemos calificar ao clube de As Baleas como o rei do fútbol sala base ás Baleas. O equipo camariñán venceu as ligas Infantil e Alevín, quedando o título Benxamín en Carnota. Todos os equipos campións de liga clasifícanse para xogar a fase intercomarcal (datas aínda sen determinar) organizada por Deporte en Idade Escolar dentro do programa Xogade.

Benxamíns

En categoría Benxamín, o Carnota alzouse, como se agardaba, co título da LCF. O equipo de Alfredo Cambeiro rematou a liga con 7 vitorias en 7 partidos, e 5 puntos de vantaxe sobre o EMF Vimianzo.
Precisamente podemos ver as fotos que nos cede Víctor Santos, coordinador das LCFs, do partido de categoría benxamín entre EMF Vimianzo e Concello de Cee. E vemos unha imaxe do equipo vimiancés que dirixe o coñecido xogador da Costa Paco e que recibiu un trofeo que acredita ó EMF Vimianzo como subcampión de liga en categoría benxamín.

Ademais, a foto de fútbol campo tamén corresponde ó partido xogado esta fin de semana en Vimianzo entre o EMF Vimianzo e o U Cee de categoría infantil que rematou cun 0-2 favorable ós ceenses.

Alevíns

E emocionante ata o final estivo a Liga Alevín. Finalmente o equipo camariñán das Baleas leva o titulo tras acadar un empate anteo Corcubión na última xornada. Por detrás quedan Dumbría e Carnota, que se enfrontaban esta fin de semana no Conco noutra xornada cun ambiente excepcional.

Infantís

A Liga máis curta remataba a fin de semana pasada, pois son tan só 4 equipos os participantes. A gran final disputouse a semana pasada en Lombáns entre os locais e As Baleas, ante máis de 300 persoas, con varios autobuses chegados dende Camariñas. Os camariñáns venceron con claridade por 0-7 e quedaron co título.

Máis información

Novas relacionadas

Máis información

Comentarios