As cadetes do Volei Dumbría deixan de soñar ca Liga Galega

Despois do resultado colleitado na ida, as Cadetes do Volei Dumbría tiñan moi dificil superar a eliminatoria de ascenso á Liga Galega ante o IES Ames. E pese a empezar vencendo no 1º set unha falta de concentración no 2º set permitiu o equipo santiagues adiantarse claramente e definir a eliminatoria. Os seguintes set foron un simple trámite para que xogaran a xente que menos minutos disputara no encontro. Ao final o resultado foi un 3-1 a favor dos de Ames, de modo que remata a tempada para o equipo cadete femenino.

Ademais, a xornada non foi nada positiva, pois tamén colleitaron os equipos costeiros a derrota do infantil do Manuela Rial ante Pinguela por 3-0 (25-9 / 25-17 / 25-15) nun partido no que presentaron batalla en dous sets ante o equipo monfortino que é o lider invito da categoria.

Este sábado remata a Liga Galega en Dumbría cos seguinte horario:

  • 10:00h Xuvenil masculino Voleibol Dumbría - Calasancias.
  • 11:30h Cadete masculino Voleibol Dumbría - Calasancias.
  • 11:30h Infantil femenino Manuela Rial - Calasancias.
  • 13:00h Infantil masculino Manuela Rial - Calasancias.

Novas relacionadas

Fonte