Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Os Cadetes do Volei Dumbría xa saben o que é perder

Os Cadetes do Volei Dumbría xa saben o que é perder
Choque das infantis do Manuela Rial de Volei

Despois de varias xornadas de pleno de vitorias, este sábado chegaron algunhas derrotas para a familia do Volei Dumbría. I é que en fronte estaba un dos clubes históricos do país, como é o Emeve de Lugo. Así, o balance da fin de semana foi de dúas vitorias e dúas derrotas. Entre as derrotas, destacar a primeira do cadro cadete masculino, no que pode supoñer un toque de atención ante un posible exceso de relaxación dada a súa habitual superioridade, que leva a a 5 dos seus xogadores á selección galega.

- Infantil Femenino:

  • Resultado: Emevé - Manuela Rial Mouzo (1-3).
  • Parciais: 25-17; 22-25; 18-25; 20-25.

Vitoria das infantís do Manuela despois dun primer set dubitativo e de ir por debaixo no segundo o cambio de actitude trouxo a remontada con certa superioridade no ataque e no saque.

- Infantil masculino:

  • Resultado: Emevé - Manuela Rial Mouzo (1-3).
  • Parciais: 25-15; 17-25; 19-25; 21-25.
Tamen lle custo arrancar o conxunto infantil, pero unha vez interpretadas as debilidades do equipo lucense o ataque dos da comarca dominou o encontro.

- Cadete masculino:

  • Resultado: Emevé - Dumbría Voleibol (3-1).
  • Parciais: 25-13; 20-25; 25-21; 25-16.

Primeira derrota do equipo cadete sen paliativos. A falta de entrega e ganas do equipo dumbriés non permitiu facer frente o equipo lucense. Continúan coma líderes , pero foi un toque de atención para o conxunto cadete.

- Xuvenil masculino:

  • Resultado: Emevé -Dumbría Voleibol (3-1).
  • Parciais: 25-16; 25-13; 23-25; 25-17.

Derrota dos xuvenis ante un equipo superior no que so fixeron frente nun set.

Vindeira xornada

Este sábado 14 de marzo, dous partidos:

  • Ás 10.00 h as cadetes xogan en Dumbría o partido de ida para clasificarse na fase final de ascenso a liga galega ante o IES Ames.
  • Ás 11:30 h partido da liga galega infantil femenino entre Manuela Rial e CV Pontevedra en Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios