![]()
Sete concellos da Costa da Morte - Zas, Ponteceso, Carballo, Cee, Muxía, Carnota e Cabana de Bergantiños - acollerán ao longo deste ano outras tantas carreiras incluídas dentro da
V edición do Circuíto de carreiras populares "Deputación da Coruña", organizado pola área de Deportes en colaboración coa Federación Galega de Atletismo. En total serán 30 municipios da provincia coruñesa os que participen nesta edición.
A axenda das competicións, que se estende entre os meses de abril e decembro, contará este ano con dúas carreiras máis polo que ambas entidades esperan acadar nesta quinta edición a cifra récord de 18.000 participantes, superando os máis de 15.000 do ano pasado nas diferentes categorías (benxamin, alevín, cadete, xuvenil, absoluta e veteranos).
Teo, Oroso, O Pino, Frades, Culleredo, Outes, San Sadurniño,
Zas, Ponteceso, Carballo, Cee, Curtis,
Muxía, Laracha, Cambre,
Carnota, Ferrol, A Pobra do Caramiñal, Noia, Ordes,
Cabana de Bergantiños, Ribeira, Sada, Brión, Ames, Rianxo, Negreira, Boiro, Porto do Son e Fene serán os municipios que acollerán as carreiras en 2017.
O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, presentou onte o evento e destacou que a Deputación da Coruña “foi pioneira” na posta en marcha dun circuíto provincial de carreiras, unha actividade deportiva que hoxe tamén se organiza noutras provincias, e agradeceu a “extraordinaria labor de organización e coordinación das probas” que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo.
Asimesmo, García Liñares sostivo que o circuíto de carreiras populares “chega á súa quinta edición como un evento consolidado na ampla axenda deportiva da provincia, como desmostra o incremento do número de participantes que cada ano rexistran as carreiras e que esperamos que este ano bata récords”.
Calendario das probas na Costa da Morte
IV Carreira Pedestre Concello de
Zas |
03/06/2017 |
Zas |
IV Carreira Pedestre PR-G148 |
11/06/2017 |
Ponteceso |
VII Carreira Popular 10km Carballo |
18/06/2017 |
Carballo |
IV Carreira Pedestre Concello de Cee |
24/06/2017 |
Cee |
IV Carreira Popular Concello de Muxía |
09/07/2017 |
Muxía |
XXVI Carreira das Areas de
Carnota |
20/08/2017 |
Carnota |
IV Carreira Popular Dolmen de Dombate |
23/09/2017 |
Cabana de Bergantiños |
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Deputación da Coruña