Sábado. 05.10.2024
El tiempo

As infantís do Ponteceso FSF pechan un ano completo

As infantís do Ponteceso FSF pechan un ano completo
Ponteceso FSF Infantil

Aí as vemos, ás Leticia, Lara, Savannah e Bea (arriba) e mais Sarai, Zeltia, Andrea e Lidia (abaixo). Son as xogadoras infantís do Concello de Ponteceso FSF, que este ano fixeron unha gran temporada como as súas maiores.

O equipo, formado por oito rapazas (Bea (porteira), Savannah e Sarai (cierres), Zeltia, Andrea, Lidia e Leticia (alas) e Lara (pívot) e adestradas por Barca e Martina (xogadora e capitana do primeiro equipo) acabou a súa segunda campaña como campión zonal, subcampión intercomarcal e no cuarto posto no campeonato provincial.

E ó igual que o equipo senior, as infantís participaron tamén no torneo de FUTSACO de A Coruña, no cal quedaron subcampionas perdendo a final contra o Amarelle.

As rapazas completaron un bo ano, gracias ó cal, co seu traballo e esforzo, dúas delas, a porteira Bea e a ala Zeltia, estando aínda en idade infantil, foron preseleccionadas para a Selección Coruñesa de Categoría Cadete, sendo Bea convocada para os partidos xogados en Santiago, xunto con Ana, xogadora en idade cadete do primeiro equipo, e non Zeltia por non poder ir a todos os entrenamentos previos.

Queres formar parte do Ponteceso FSF

Para a vindeira tempada varias xogadoras do equipo infantil formarán xa parte do equipo senior, participando así na Liga Provincial Feminina. Se hai rapazas de entre 10 e 14 anos para o equipo infantil e de 15 anos en diante, interesadas na práctica deportiva e competitiva do fútbol sala, e que queiran aprender ou seguir mellorando cada ano, poden poñerse en contacto con Barca (o entrenador) no teléfono 646857348.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Ponteceso FSF da man de Barca.

Comentarios