Sábado. 21.09.2024
El tiempo

As Ligas arrincarán entre o 7 e o 14 de setembro

As Ligas arrincarán entre o 7 e o 14 de setembro

Tiña lugar onte a primeira reunión do ano en Baio, cos membros da Federación. Unha reunión para decidir as datas de comezo e remate de Liga. I é que se xa temos o calendario da Preferente, imos ter que agardar uns días polo resto de competicións. Pero polo penos xa sabemos cando empezan, unha vez que a Federación trouxo a súa proposta e dado o pouco marxe que deixan as datas, foi aprobada.

Deste xeito, e a Preferente, como vemos xa en www.futboldacosta.com, comeza o 31 de agosto, a 2ª e 3ª Autonómica non o farán ata o 7 de setembro.
As categorías inferiores, que teñen que ter todo rematado antes do 9 de maio, data na que comezan as Fases de Ascenso, teñen menos marxe. Así, os Xuvenís arrincarán o 6 de setembro, mentres que os Cadetes e Infantís o farán a fin de semana do 13 e 14 de setembro.
Unhas categorías base que ademais terán horarios libres para que os clubs decidan.

Copa Diputación

Mentres, dous equipos seguen en liza, recadando, na Copa Diputación. Hoxe, mércores 6 de agosto, ás 19:00h en Fontenla XSC - Boiro; e ás 20:00 en Vilaboa, Olímpico - Soneira.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios