As Ligas da Costa poderían comezar a segunda ou a terceira semana de setembro
08:24 24/07/17
A Delegación costeira da FGF prepara xa unha nova reunión para ir preparando o calendario da temporada que vén. A cita está pendente da celebración da Asemblea xeral da FGF, que se celebra o luns 31 de xullo. A partir de aí e da creación dos calendarios da Preferente (que parece que pode empezar a finais de agosto) e da 1ª Galega, convocarán aos clubs para ter esa reunión na Costa para ver incompatibilidade e celebrar o sorteo da 1ª xornada. Unha reunión que probablemente se realizará a primeira semana de agosto.
Así, parece que as datas do 10 ou 17 de setembro son as máis probables para comezar a temporada na 2ª e 3ª Galegas, unha vez que na 3ª parece que haberá un novo equipo (daremos conta en canto chegue a autorización da Xunta), polo cal sería 13 os equipos participantes e pode que teñan que volver ás 2 voltas equilibrando o calendario coa 2ª.
Ademais, para a categoría Xuvenil barállanse as mesmas datas para o comezo da Liga unha vez que se a praza que deixa o Zas será ocupada polo Soneira, pero parece que o Cee non vai presentar equipo na categoría. O club ceés parece que sae adiante cunha renovación da directiva pero non pode afrontar o custe da categoría xuvenil. Esta baixa deixaría en 18 os equipos participantes polo que cobra máis sentido o grupo único.
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).