As perigosas ondas das Costa da Morte collen sona internacional
Impresionan, a verdade é que velas así impresiona. I é que ver as ondas da Costa da Morte nunha revista internacional así de xigantes, así de surfeables, é todo un pracer. Segue a Costa da Morte convertíndose nun recuncho surfeiro para os surfistas de todo o mundo. A natureza salvaxe e a falta de "explotación" faina unha zona máis que apetecible.
Pero sobre todo, o que máis tira do noso litoral son as grandes e irregulares ondas, aquelas que traen unha gran masa de auga de mar de fondo e que rompen en zonas de difícil acceso e moi perigosas, as chamadas Slabs no circuito.
Hoxe, gracias a un dos surfeiros da zona como é o muxián Felipe Sar, que a revista Surfline recolle un especial sobre as Slabs de Galicia, centrando a reportaxe en ondas da Costa da Morte. As 17 imaxes (algunha en movemento) non teñen perda e dan conta o por que da comparación das ondas de zonas de Laxe, Fisterra ou Muxía, coas de Hawai, Australia ou outras con renome mundial
Un dos que está a levar o nome das olas de Muxía, de Fisterra, de Laxe... polo mundo adiante é o vasco Axi Muniain, unha auténtica eminencia na materia. Pero son outros os que aparecen nesta serie de Slabs en Galicia que nos brinda Surfline, como Pablo García ou Jeroma Sahyoun.
A reportaxe recolle o simbolismo de ter contabilizados 927 naufraxios (nós temos contabilizado 454). O propio Axi califica a zona de "encantadora e máxica" ademais de "agresiva, brutal e perigosa", e destaca a nosa "enorme riqueza biolóxica".
Segundo nos asegura Sar, en canto cheguen as fortes marexadas, de seguro que teremos grandes visitas nos nosos areais que seguirán espallando o nome da Costa da Morte polo mundo adiante.
Por certo, cando seremos capaces de crear emprego a través deste sector? Cando faremos un
I é que dicimos isto porque apenas hai xente traballando e explotando as praias da Costa da Morte. Miramos a Razo e vemos dous campamentos que traballan practicamente todo o ano. Vemos que en Malpica tamén está Silfo Camps, presidente a un tempo da Federación Galega de Surf; e en Nemiña é certo que temos o proxecto NemiñaVida, promocionando o surf, o senderismo, o buceo, kayaks... facendo convenios con hoteis, casas rurais, apartamentos e albergues de toda a redonda.
Pero dende logo, a todos lles iría mellor se conxuntamente realmente foramos capaces de vender a Costa da Morte como un lugar fetiche para os amantes das ondas.
Máis información
Novas surfeiras
- Malpica uniu o surf galego para pechar a tempada.
- Os viquingos surfeiros galegos e asturianos tomaron Malpica.
- A bordo do longboard polos Camiños sen fin da Costa da Morte.
- A Costa da Morte afiánzase no panorama surfeiro do país.
- De quen son as ondas da Costa da Morte?.
- A Costa da Morte, o centro do surf da península.
- O pequeno bergantiñán que surfea con 7 anos.
- Malpica convírtese no epicentro do surf do país.
- Unha curta de surf e Man.
- Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan .
Máis novas
- A bitácora da semana (XCV): Costa da Morte Kayak Surf.
- A bitácora da semana (LXVI): O blog do Clube de Surf Os Tombos.
- A bitácora da semana (IV): Surf na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Información achegada por Felipe Sar.