As rampas do Mirador do Ézaro agardan a invasión do pelotón
O final de etapa no Mirador do Ézaro xa é oficialmente un dos meirandes atractivos de La Vuelta a España 2012. Así quedou patente durante a presentación oficial da entidade organizadora, Unipublic, á que acodiron o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, acompañado polo concelleiro de deportes José Castiñeira Costa e o técnico de deportes do concello César Ferrío.
A relavancia da etapa que percorrerá o sur da Costa da Morte pode comprobarse nestas imaxes co alcalde dumbriés e grandes históricos das dúas rodas españolas.
Unha vez repasada a posible repercusión mediática da chegada do pelotón e o perfil da etapa, centrámonos na espectacular subida nunha das 5 etapas que percorrerán estradas galegas. A chamada "chegada trampa" no cumio do miradoiro do Concello de Dumbría (inédita por suposto na historia da Volta), con rampas do 28% e nunca menos do 15%, promete ser unha das máis espectaculares da volta.
I é que tras 182 quilómetros practicamente chairos, os derradeiros 2 quilómetros serán tremendos. Pois o percorrido final non será o prantexado hai un mes, e o pelotón non terá que subir o pico de Paxareiras, senón que virá todo pola costa, dende Muros, pasando por Carnota, Caldebarcos, O Pindo, para cruzar a ponte do Ézaro e achegarse pola fervenza antes de rubir ao Mirador.
De feito, podemos ver no vídeo que nos deixa Tronk28 xa son 5 minutos subindo en coche, e mesmo hai momentos nos que o coche precisa meter a primeira marcha. Canto tardarán a dúas rodas?
As pesquisas apuntan a que ata 1 minuto pode chegar a perder un especialista (veremos canto pode perder o pelotón de sprinters) nunha boa escapada. Segundo nos apunta polo Facebook o compañeiro Antonio González Franco, a quen lle levou a subida 22 minutos a unha media de 5-6 Km/h, un profesional, con unha media de 18-20 Km/h ("igual é moito, pero como non temos referencias anteriores", apunta o propio Antonio) podería levarlle entre 6-8 minutos.
Terán que ter coidado pois os ciclistas pois malia ser unha etapa no ecuador da proba, de seguro que trae as súas consecuencias.Máis información
Novas relacionadas
- A etapa trampa da Volta a España 2012 remata no Ézaro.
- O Mirador do Ézaro acollerá un final de etapa da Volta a España.
- Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
- As bicis de montaña tomaron os montes da Terra Neria.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.
- O PonteAventura Raid colocou a Ponteceso no centro do deporte de aventura do país.
- Os vimianceses corren a pé e suben en bici.
- Sentindo o Camiño.
- Zas disfrutou dunha fin de semana de bici e aventura.
- Ponteceso colleu a bici.
- Cee apagou o motor e colleu a bici.
- Presentada de forma oficial a nova sección de Ciclismo do C.F. Dumbría.
- O ciclismo, unha afección en auxe na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).