As Seleccións Galegas de Volei realizaron unha concentración en Cabana
Un auténtico “stage” realizou a Selección Galega de Voleibol a pasada fin semana no Concello de Cababa. Os deportistas adestraron no pavillón municipal, e estiveron aloxados no albergue municipal, utilizando unhas instalacións fantásticas.
Foron un total de 90 participantes, con 8 adestradores e 82 rapaces e rapazas convocados. As categorías foron Infantil e Cadete de ambos sexos.
Nestas xornadas as Seleccións Galegas están a preparar a próxima participación no Campionato de España de Seleccións Autonómicas en idade escolar, que a falta de confirmación oficial, se celebrará en Valladolid do 18 ó 22 de abril.
Ademais dos participantes, tamén se achegaron pais, outros adestradores e rapaces interesados en seguir as actividades.
Estas xornadas encádranse no convenio asinado entre o concello de Cabana e a Federación Galega de Voleibol.