Auto reverse
10:22 13/01/17
Xa LigaFan en marcha as competicións, na súa maioría, danlle a volta ao calendario e comezan unha segunda volta na que xa todo o mundo intúe polo que loita
Toca seguir gañando por Outes
O concepto de auto reverse está xa máis próximo á xeración dos adestradores que á da maioría dos futbolistas da Costa da Morte, mais xa está aquí a cara 'B' dunha tempada que está a cumprir en boa medida os pronósticos previos do verán, e na que xa boa parte dos equipos coñecerán por que obxectivos están a competir.
O conxunto que representa a Costa a máis alto nivel clasificatorio hoxe en día, o Xallas, ten un deses partidos que lle ponen: a visita do filial do Club Deportivo Lugo, o Polvorín, ao campo da Fontenla. Cun bo trato de balón e moito gol, ven de meterlle trece goles ao Sporting Sada. Tamén na casa iniciará o camiño a revelación da primeira volta, un Sofán que tratará de dar a sorpresa ante un candidato ao ascenso como o Agrupación Estudiantil de Loimil. Tampouco será sinxela a papeleta do Soneira coa viaxe a Bertamiráns, o feudo máis curto da liga.
Case tódolos representantes costeiros en Primeira asinarían que a categoría fose como antigamente os Torneos Apertura e Clausura: a unha soa volta. O Dumbría, líder, terá no Unión un incómodo anfritrión, mentres que o Fisterra no histórico Manuel Anxo Cortizo de Lalín, aínda que por nome non o parezca, terá un rival directo. O Sigüeiro de Juanito chega a Zas e o Piloño daralle ao Outes outro encontro de 'vencer ou vencer'.
Parecía un man a man entre Corme e Baio a Liga da Costa, pero o Mazaricos ten metido a cabeza moi preto deles. Unha proba de lume máis para os amarelos será no Pinguel de Ponteceso, ante un conxunto de Barca que comezou o ano ao grande en Verdillo e que aínda ten moito que dicir. O Corme-Monte Louro parece debuxar un panorama de goles e espectáculo no que o líder debe ir con coidado. O Baio ten un case derbi en Vimianzo ante un Baíñas irregular pero que sempre compite, mentres que San Lorenzo e Malpica desputan un derbi bergantiñán de equipos con pinta de mellorar na segunda volta.
O derbi Lira-Volantes inicia un novo ciclo no cadro roxiño, tralo despido de Manín, mentres que o Ameixenda-Muxía pasa perfectamente polo partidazo da semana na Terceira, xunto co derbi entre Cabana e Nantón.
PreferenteNorte, xornada 20
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 18
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 18
LigaGalega Xuvenil, xornada 17
1ªXuvenil, Gr.2, xornada 13
1ªXuvenil, Gr.3, xornada 17
LigaGalega Cadete, xornada 17
1ªCadete, xornada 14
LigaGalega Infantil, xornada 16
1ªInfantil, xornada 16
LigaAlevínSur, xornada 12
LigaBenxamínSur, xornada 12LigasVeteranos, 1ª División
LigasVeteranos, 1ª División
Máisinformación
- LigaFan do Fútbol da Costa.
- Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.