[Última hora - 19:00h]: O Corcubión venceu no Novo Cubaleiro ao Muxía por 2-0 e consegue o ascenso á Liga da Costa.
Tras ollar as as Medidas de gracia do Subcomité que deixasen efecto ducias de sancións, o deporte da Costa afronta unha nova xornada completa. E comezamos polo fútbol destacando
un insulso derbi entre Dumbría-Zas adiantado ao sábado. I é que na 1ª os encontros da semana serán o Unión - Cee, unha nova final para os de Pato, e o Xallas - Imperátor, duelos clave na zona alta.
Na Liga da Costa, o encontro da semana pode ser ese Muros-Sofán na procura do 3º posto. E ademais, cómpre sinalar que o domingo pode debutar no Hermanas Patiño Fran Pioto como novo xogador do Camariñas.
A cita máis importante da fin de semana terá lugar o sábado no Novo Cubaleiro de Corcubión. Se os de Manín vencen ao Muxía poderán celebrar o ascenso.
Ademais comezan os Cuartos da Copa Xuvenil e os Veteranos afrontan a derradeira xornada. Pero ademais xa foi presentada o Copa de Veteranos 2011.
Estes son todos os encontros para a fin de semana. Pero teñan en conta que hai cambio de hora...
Este fin de semana as infantís do Manuela Rial xogan en Monforte ante o Ribeira Sacra o sábado ás 13:00h e as cadetes do Volei Dumbría as 15:30h tamén ante as monfortinas.
Os cadetes do Dumbría xogan co líder da Liga Galega CV Vigo o domingo ás 17:00h en Dumbría. Con estes partidos remata a fase regular. Despois xogaranse as fases finais e os cruces de promoción.