Martes. 16.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Xallas e Dumbría en cabeza

1ª Autonómica: Xallas e Dumbría en cabeza
Impresionante a traxectoria destes dous conxuntos, que esta semana sacaron os 3 puntos de campos verdadeiramente complicados e ante rivais directos polo ascenso. O Dumbría vencía na Coruña por 0-1 ante o Imperátor (un menos para a loita) mentres que o Xallas alonxaba a 4 puntos ao Olímpico, nun encontro que pode valer medio ascenso. Ambos suman 53 puntos, 1 máis que Unión e Sada e 2 máis que o Cee. Un Cee que non podía pasar do empate ante o San Tirso e que perde a cabeza. Outra boa nova foi a protagonizada polo Zas, que con 8 xuvenís conseguía a primeira vitoria en meses.

Olímpico - Xallas (0-1)

  • Xallas: Cheli, Isma, Iván Forján, Pika, Álvaro, Ricardo (Pereiro, min.75), Rubén Forján, Jesús, Roberto (Adrián Prol, min.70), Toni, Adrián Beiroa (Leo, min.80)
  • Gol: 0-1, min.65: Roberto de cabeza nun córner.
A volta de Roberto chegou no mellor momento do e para o Xallas. Os de Iván Cancela son líderes logo de petar enriba da mesa con esta gran vitoria ante un rival directo, como o Olímpico que ata onte estaba 1 punto por abaixo dos xalleiros. O Xallas non renunciou a ir polo partido e non se conformou con esperar. E nun choque de titáns, no que os dous equipos tiveron as súas oportunidades para levar os 3 puntos, o acerto de Roberto foi clave. E iso que Adrián Beiroa, Toni e Rubén Forján entraban con profundidade, pero o gol non entraría ata os 20 minutos da reanudación. A última media hora o equipo local apretou e buscou, sobre todo por arriba, acechar a meta de Cheli. Esforzo baldío pois os 3 puntos voltaron para Santa Comba da man do liderato.

Imperátor - Dumbría (0-1)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño, Pablo Conde (Chula, min.75), Suso, Pablo Serrano (Isma, min.70), Aarón, Schuster (Marco do Cabo, min.46), Iago, Piri, Brais (Adrián, min.46), Eloy (Jesús, min.85)
  • Gol: 0-1, min.10: Iago en xogada persoal.
Un golazo de Iago supón unha xigante vitoria para un Dumbría que xa cre nas súás posibilidades de ascenso. O cadro de Canosa saíu a por todas. Pronto controlaban o xogo e chegaban con Brais e Eloy activos polas bandas. Pero foi Iago, o home para todo que onte xogou de enganche, cun xogadón de calidade e regate, o que adiantaba aos seus. Schuster e Aarón mantiveron a raia o medio campo local e non permitiron que o Imperátor despertase ata o descanso. A segunda foi complicada para os nosos, e iso que Adrián Mackaay tivo varias ocasións á contra par sentenciar. Pero Purrúa era un seguro de vida e os dumbrieses non permitiron que se anulase a vantaxe que os coloca líderes.

Cee - San Tirso (1-1)

  • Cee: Cee Parroto, Ruben Fiuza, Mario, Rafa, Jacobo, Angel, Rivi, Penedo(Llanero, min.55), Fernando (Luilli, min.70) Chapu (Fermín, min.70) e Tasky.
  • Goles: 1-0, min.3: Rafa; 1-1, min.35.
  • Expulsións: Penedo cando estaba no banco e a Angeliño e Sergio unha vez rematado o choque.
Non se puido centrar o Cee para vencer este, a priori, cómodo encontro. I é que as protestas e as rifas co colexiado Zas Ventura fixeron que o conxunto se despistase e non consiga manter a posición de ascenso. E iso que comezaba o encontro de cara para os de pato. Rafa adiantaba aos locais nun córner. O equipo visitante non apretaba pero amosaba os dentes a balón parado e non deixaba ocos. Nunha falta lateral a 10 minutos para o descanso chegaba o empate. Chegou un dos momentos claves. Penedo protestaba dende o banco e era expulsado. O corcubionés achegouse á porta dos vestiarios, pero o colexiado parou o partido ata que non marchara da zona. O Cee xa non estaba sobre o céspede e na segunda metade non foi quen de superar a seria liña defensiva visitante.

Zas - Victoria (1-0)

  • Zas: Luis de la Peña, Roly, Dani, José, Ramón (Kevin, min.70), Juan, Kiko, Esteban de Baíñas (Amado, min.88), Adrián, Javi Suárez (Quintáns, min.77), Mancebo (Roni, min.63).
  • Gol: 1-0, min.20: Adrián a pase de Javi Suárez.
Vitoria e xusta do equipo zaense. E iso que ata 8 xogadores sobre o céspede de San Andrés son aínda xuvenís. Como Adrián, autor do gol, que firmó unha vitoria que dá moitos ánimos á familia zaense, que ata pensaba na retirada da competición. O clube agarda que os xuvenís manteñan o equipo.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios