Venres. 03.05.2024
El tiempo

As Medidas de gracia da nova Federación deixan sen efecto moitas sancións

As Medidas de gracia da nova Federación deixan sen efecto moitas sancións
O parte de sancións da nova directiva da Federación Galega de Fútbol chega con moitas novidades. O Subcomité amplía as "medidas de gracia" da semana pasada e xa lle indicaron aos clubes que se anularon as amonestacións existentes con anterioridade á publicación das devanditas medidas. Deste xeito, o ciclo de tarxetas comezan de 0, e os xogadores que tiñan 1, 2, 3 e 4 tarxetas pasan a ter 0 na contabilidade. De feito, esta xornada non hai apercibidos. Con todo, o Cee sofre un serio varapao. Penedo estará 7 partidos fóra dos terreos de xogo por menospreciar ao colexiado dende o banco e ao remate do choque.Ademais o clube terá que afrontar unha sancións de 30€ por incidentes do público co colexiado. Polo demais, o parte queda curtísimo para estar a estas alturas, con 3 sancionados na Liga da Costa e 2 en 3ª. Iso si, na Copa Xuvenil a cousa chega algo máis cargada. O Subcomité dá 48 horas de prazo ao Cee para que formule alegacións ao anexo que presentou o colexiado tralo encontro ante o Baio, quedando suspendidos cautelarmente os xogadores ceenses Diego Cespón, Sergio Rey Trillo e Lucas Ayala. Ademais o meta muradán Iago estará 8 encontros fóra dos terreos de xogo por "zarandear" ao colexiado; con todo a federación apunta que devandita sanción está afectada polas medidas de gracias ao seren os cambios realizados con anterioridade. E non queda aí a cousa. O subcomité obriga ao Muros a pagar 268.71€ polos desperfectos que sufriu o coche do colexiad no encontro da semana pasada-

Sancionados

1ª Autonómica

  • SERGIO GARCIA ESTEVEZ (CEE - 2 partidos tras ser expulsado unha vez rematado o choque).
  • OSCAR M PENEDO LAGOA (CEE - 7 partidos).
  • ANGELIÑO INSUA CAAMAÑO (CEE).

2ª Autonómica

  • MANUEL B CHOUZA MALVAREZ (U.D. CARNOTA).
  • JOSE M SANTOS GERPE (Adestrador. C.F. PORTEÑO).
  • MATEO CAAMAÑO BLANCO (O PINDO).

3ª Autonómica

  • MANUEL REIGIA POSE (S.D. LAXE 4 partidos).
  • EFREN URES SOUTO (INDEPENDIENTE CARBALLO.

Copa da Costa Xuvenil

  • DIEGO CESPON BLANCO (U.C. CEE).
  • MIGUEL FIGUEIRA DOMINGUEZ (Entrenad. SONEIRA).
  • SANTIAGO ROMERO SENDON (MUROS S.D. 8 Part / 1 Mes).
  • GABRIEL ALVAREZ PENA (MUROS).
  • DAVID CARRERA LEMA (C.F. DUMBRIA).
  • IAGO ABELLEIRA RODRIGUEZ (U.D. CORCUBION 3).
  • ALFONSO PEREZ TRASMONTE Colabor. U.D. CORCUBION).
  • ADRIAN RAMA FERNANDEZ (BERGANTIÑOS C.F. "B").
  • ELISEO GARRIDO CERDEIRO (BERGANTIÑOS C.F. "B" - 4 partidos).

Encontros con novos horarios

Preferente

  • Soneira - Boiro: domingo ás 17:00h no Municipal de Vimianzo.

1ª Autonómica

  • DUMBRÍA - ZÁS: sábado 26 ás 17:00h no Conco .
  • UNIÓN - CEE: domingo 27/3 ás 17:00h no VILAS.
  • XALLAS - IMPERATOR: domingo 27/3 ás 17:00h en Fontenla.

2ª Autonómica

  • CAMARIñAS - BUÑO: domingo 27/3 ás 17:00h no HERMANAS PATIñO.
  • CASTRIZ - PORTEÑO: domingo 27/3 ás 17:00h en SAN PEDRO.
  • MUROS - SOFÁN: domingo 27/3 ás 17.30 MIRAFLORES.
  • BAIO - CORME: domingo 27/3 ás 17.30 PLATAS REINOSO .

3ª Autonómica

  • CORCUBIÓN - MUXÍA: sábado 26 ás 17:00h no Cubaleiro.
  • CERQUEDA - MUROS ”B”: domingo 27/3 ás 17:00h en XAVIñA en BUñO.
  • LAXE - INDEPENDIENTE: sábado 26 ás 16:30h .

Copa da Costa Xuvenil

  • SANTA COMBA - BERGANTIÑOS B: sábado 26/03/2011, ás 19:00h en San Pedro de Castriz.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios