Fin de semana previa á Semana Santa e se vén para as vacacións haberá paróns nas competicións (que non de deporte pois haberá maratóns, ruta BTT…), estes días, se o temporal o permite, vai estar cargada de deporte.
E tras ollar o parte de sancións, comezamos a Previa do #futboldacosta pola Preferente onde viviremos o partido da xornada. I é que Soneira e Dumbría enfróntanse, e pode ser que ao remate da xornada o Soneira quede por riba do cadro dumrbiés pois só son 3 puntos os que os separan. O XSC terá que demostrar que malia non ter opcións, si que está ao nivel do líder, o Grixoa, que visita Fontenla.
En 1ª tamén haberá derbi, ao que o Ponteceso chega moi necesitado, e os seus veciños de Malpica non queren deixar a zona de arriba. Ademais o Fisterra recibe a un potente Bertamiráns B pero o partido máis importante será o do Camariñas, que terá que sentenciar de morte ao Cacheiras e sacar 3 puntos vitais.
Mentres, na Liga da Costa a atención vai ata Muros, cun sempre intenso derbi entre Volantes e Muros, nun Miraflores que de seguro, estará cheo de cor e intensidade. Mentres por arriba a Esteirana non poderá ante un Buño que xa sorprendeu ao Baio, mentres os baieses visitan a un Cabana con necesidades. O Cee recibe ao San Lorenzo.
A xornada na 3ª vén importante. O líder, o IDC visita en Cee a un Ameixenda en plena loita pola Promoción. Porteño e Camelle necesitan volver a gañar e convencer ante Muxía, tamén na loita por entrar entre os 6 primeiros, e Castrelo, respectivamente. O Baíñas-Lira pode deixar a un dos dous defintivamente fóra da loita, mentres que Soneira B e Cerqueda non poden fallar ante dous equipos en alza, como son o Corcoesto e o Coristanco.
Remata Segunda Fase da Liguilla Xuvenil e a Primeira da Copa Xuvenil, e lembren que o luns 25 de marzo estaremos pendentes do sorteo dos Oitavos da Copa da Costa Xuvenil. No deportivo a xornada comeza a golpe de venres co partido aprazado da semana pasada entre Malpica e Cabana. Un partido que xa pode decidilo todo pois de gañar o Cabana, quedaría campión e o XSC quedaría xa clasificado como segundo para a Fase de Ascenso á Liga Galega. De gañar o Malpica, o Xallas Santa Comba terá que facer o sábado en Fisterra alomenos o mesmo que o Malpica en Dumbría.
Preferente, xornada 30
Soneira
23/03 - 16:30
Dumbría
Xallas StComba
24/03 - 17:00
Grixoa
1ª Autonómica, xornada 28
Fisterra
23/03 - 17:00
Bertamiráns B
Malpica
23/03 - 17:00
Ponteceso
Cacheiras
24/03 - 17:00
Camariñas
2ª Autonómica, xornada 28
Sofán
23/03 - 17:00
Montelouro
Cabana
24/03 - 12:30
Baio
Cee
24/03 - 16:30
San Lorenzo
Corcubión
24/03 - 16:30
Dumbría B
Carnota
24/03 - 16:30
Corme
Buño
24/03 - 17:00
Esteirana
Castriz
24/03 - 17:00
Mazaricos
Outes
24/03 - 17:00
Zas
Volantes
24/03 - 17:15
Muros
3ª Autonómica, xornada 28
Laxe
23/03 - 16:30
Xaviña
Ameixenda
23/03 - 18:00
Indep. Carballo
Castrelo
23/03 - 18:30
Camelle
Baíñas
24/03 - 16:30
Lira
Nantón
24/03 - 16:30
Fisterra B
Porteño
24/03 - 16:30
Muxía
Coristanco
24/03 - 16:30
Cerqueda
Soneira B
24/03 - 18:30
Corcoesto
Descansa Alcaián.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10
Malpica
22/03 - 18:00 (X.9)
Cabana
Fisterra
23/03 - 12:30
Xallas StComba
Cabana
23/03 - 16:00
Ponteceso
Dumbría
23/03 - 16:30
Malpica
Liga Previa da Copa da Costa, Gr.1, xornada 10
Laxe
23/03 - 11:30
Outes
Baio
23/03 - 16:30
Camariñas
Muxía
23/03 - 16:30
Muros
Liga Previa da Copa da Costa, Gr.2, xornada 10
Cee
23/03 - 16:00
Mazaricos
Coristanco
23/03 - 16:30
Soneira
Esteirana
23/03 - 17:00
Corme
Liga Galega Cadete, xornada 26
mperator
23/03 - 16:00
Dumbría
Bergantiños
24/03 - 12:00
Xuventude Oroso
Liga Galega Infantil, Play Off polo Título, xornada 7
Areosa
23/03 - 12:00
Bergantiños
Liga Galega Infantil, Play Off polo Descenso Gr. B, xornada 7
Dumbría
23/03 - 12:00
Lugo
1ª Cadete, xornada 20
Xallas StComba
23/03 - 10:15
Muros
Muxía
23/03 - 10:30
Coristanco
Baio
23/03 - 10:30
Esteirana
Fisterra
23/03 - 10:30
Porteño
Con. de Carnota
23/03 - 10:30
Outes
Ponteceso
23/03 - 16:00
Zas
Cabana
24/03 - 10:30
Cee
1ª Infantil, xornada 24
Cabana
22/03 - 18:30
Vimianzo
Ponteceso
23/03 - 11:30
Cee
Outes
24/03 - 10:30
Esteirana
Fisterra
24/03 - 10:30
Sofán
Coristanco
24/03 - 10:30
Xallas StComba
As Baleas
24/03 - 10:30
Baio
Muxía
24/03 - 10:30
Os Miudos
Descansa Corme.
Ligas de Veteranos, xornada 27
1ª División
Bértoa
24/03 - 10:00
Zas
Nantón
24/03 - 11:00
Bergantiños
Baio
24/03 - 11:00
Ponteceso
San Lorenzo
24/03 - 11:00
San Román
Vimianzo
24/03 - 11:00
Xv. Bergantiños
Corcubión Vet.
24/03 - 11:00
Camariñas
Castriz
24/03 - 11:30
Cabana
Coristanco
24/03 - 12:00
Soneira
2ª División
Dep. Carballo
24/03 - 10:00
Corme
Leiloio
24/03 - 11:00
Sofán
Agualada
24/03 - 11:00
Malpica
Corcoesto
24/03 - 11:00
Poniente
Porteño
24/03 - 11:00
Laxe
Buño
24/03 - 11:00
At. Milagrosa
Camelle
24/03 - 12:00
Muros
Descansa Cerqueda.
Fútbol Sala
Doble cita co fútbol sala para estas vindeiras datas. O Fisober FSF programou para este sábado 23 de marzo unha xornada de fútbol sala femenino no Pavillón Municipal de Vimianzo. ás 18:00h disputarase o I Triangular Alevin Deporte Galego Concello de Vimianzo que enfrontara os equipos alevíns do Meigas de Ames, o Viaxes Amarelle de A Coruña e o Fisober de Vimianzo. E de seguido partido de 2ª Estatal entre o Fisober e o Cuatro Arcos Logroño, un dos partidos máis importantes da tempada para as vimiancesas, xa que una vitoria significaría a salvación matemática da categoría.
- 1ª Estatal: R.G.C. COVADONGA – CALVO XIRIA: 23/03/2013 ás 18:00 no P. BRAULIO GARCIA (RGC COVAD.) - 1ª Autonómica: RASOEIRO BM. – BM CAMARIÑAS: 24/03/2013 ás 18:00 P.M. MONTE DA VILA.
Sábado 23 de marzo de 2013, No pavillón de Bastiagueiro (Oleiros). 2ª división galega grupo centro: - 16:00h: Breogán Oleiros “B” – Anorthosis Vimianzo. - 18:30h: Breogán Oleiros “D” – Anorthosis Vimianzo.
No pavillón municipal de Oroso: 2ª nacional femenina: - 15:30h: Oroso TM – Aluminios Xeal de Zas. - 16:45h: Cinania – Aluminios Xeal de Zas. - 18:00h: Cambados TM – Aluminios Xeal de Zas. - 19:15h: Monte Porreiro – Aluminios Xeal de Zas.