Fin de semana previa á Semana Santa e se vén para as vacacións haberá paróns nas competicións (que non de deporte pois haberá maratóns, ruta BTT…), estes días, se o temporal o permite, vai estar cargada de deporte.
E tras ollar o parte de sancións, comezamos a Previa do #futboldacosta pola Preferente onde viviremos o partido da xornada. I é que Soneira e Dumbría enfróntanse, e pode ser que ao remate da xornada o Soneira quede por riba do cadro dumrbiés pois só son 3 puntos os que os separan. O XSC terá que demostrar que malia non ter opcións, si que está ao nivel do líder, o Grixoa, que visita Fontenla.
En 1ª tamén haberá derbi, ao que o Ponteceso chega moi necesitado, e os seus veciños de Malpica non queren deixar a zona de arriba. Ademais o Fisterra recibe a un potente Bertamiráns B pero o partido máis importante será o do Camariñas, que terá que sentenciar de morte ao Cacheiras e sacar 3 puntos vitais.
Mentres, na Liga da Costa a atención vai ata Muros, cun sempre intenso derbi entre Volantes e Muros, nun Miraflores que de seguro, estará cheo de cor e intensidade. Mentres por arriba a Esteirana non poderá ante un Buño que xa sorprendeu ao Baio, mentres os baieses visitan a un Cabana con necesidades. O Cee recibe ao San Lorenzo.
A xornada na 3ª vén importante. O líder, o IDC visita en Cee a un Ameixenda en plena loita pola Promoción. Porteño e Camelle necesitan volver a gañar e convencer ante Muxía, tamén na loita por entrar entre os 6 primeiros, e Castrelo, respectivamente. O Baíñas-Lira pode deixar a un dos dous defintivamente fóra da loita, mentres que Soneira B e Cerqueda non poden fallar ante dous equipos en alza, como son o Corcoesto e o Coristanco.
Remata Segunda Fase da Liguilla Xuvenil e a Primeira da Copa Xuvenil, e lembren que o luns 25 de marzo estaremos pendentes do sorteo dos Oitavos da Copa da Costa Xuvenil. No deportivo a xornada comeza a golpe de venres co partido aprazado da semana pasada entre Malpica e Cabana. Un partido que xa pode decidilo todo pois de gañar o Cabana, quedaría campión e o XSC quedaría xa clasificado como segundo para a Fase de Ascenso á Liga Galega. De gañar o Malpica, o Xallas Santa Comba terá que facer o sábado en Fisterra alomenos o mesmo que o Malpica en Dumbría.
Preferente, xornada 30
| Soneira | 23/03 - 16:30 | Dumbría |
| Xallas StComba | 24/03 - 17:00 | Grixoa |
1ª Autonómica, xornada 28
| Fisterra | 23/03 - 17:00 | Bertamiráns B |
| Malpica | 23/03 - 17:00 | Ponteceso |
| Cacheiras | 24/03 - 17:00 | Camariñas |
2ª Autonómica, xornada 28
| Sofán | 23/03 - 17:00 | Montelouro |
| Cabana | 24/03 - 12:30 | Baio |
| Cee | 24/03 - 16:30 | San Lorenzo |
| Corcubión | 24/03 - 16:30 | Dumbría B |
| Carnota | 24/03 - 16:30 | Corme |
| Buño | 24/03 - 17:00 | Esteirana |
| Castriz | 24/03 - 17:00 | Mazaricos |
| Outes | 24/03 - 17:00 | Zas |
| Volantes | 24/03 - 17:15 | Muros |
3ª Autonómica, xornada 28
| Laxe | 23/03 - 16:30 | Xaviña |
| Ameixenda | 23/03 - 18:00 | Indep. Carballo |
| Castrelo | 23/03 - 18:30 | Camelle |
| Baíñas | 24/03 - 16:30 | Lira |
| Nantón | 24/03 - 16:30 | Fisterra B |
| Porteño | 24/03 - 16:30 | Muxía |
| Coristanco | 24/03 - 16:30 | Cerqueda |
| Soneira B | 24/03 - 18:30 | Corcoesto |
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10
| Malpica | 22/03 - 18:00 (X.9) | Cabana |
| Fisterra | 23/03 - 12:30 | Xallas StComba |
| Cabana | 23/03 - 16:00 | Ponteceso |
| Dumbría | 23/03 - 16:30 | Malpica |
Liga Previa da Copa da Costa, Gr.1, xornada 10
| Laxe | 23/03 - 11:30 | Outes |
| Baio | 23/03 - 16:30 | Camariñas |
| Muxía | 23/03 - 16:30 | Muros |
Liga Previa da Copa da Costa, Gr.2, xornada 10
| Cee | 23/03 - 16:00 | Mazaricos |
| Coristanco | 23/03 - 16:30 | Soneira |
| Esteirana | 23/03 - 17:00 | Corme |
Liga Galega Cadete, xornada 26
| mperator | 23/03 - 16:00 | Dumbría |
| Bergantiños | 24/03 - 12:00 | Xuventude Oroso |
Liga Galega Infantil, Play Off polo Título, xornada 7
| Areosa | 23/03 - 12:00 | Bergantiños |
Liga Galega Infantil, Play Off polo Descenso Gr. B, xornada 7
| Dumbría | 23/03 - 12:00 | Lugo |
1ª Cadete, xornada 20
| Xallas StComba | 23/03 - 10:15 | Muros |
| Muxía | 23/03 - 10:30 | Coristanco |
| Baio | 23/03 - 10:30 | Esteirana |
| Fisterra | 23/03 - 10:30 | Porteño |
| Con. de Carnota | 23/03 - 10:30 | Outes |
| Ponteceso | 23/03 - 16:00 | Zas |
| Cabana | 24/03 - 10:30 | Cee |
1ª Infantil, xornada 24
| Cabana | 22/03 - 18:30 | Vimianzo |
| Ponteceso | 23/03 - 11:30 | Cee |
| Outes | 24/03 - 10:30 | Esteirana |
| Fisterra | 24/03 - 10:30 | Sofán |
| Coristanco | 24/03 - 10:30 | Xallas StComba |
| As Baleas | 24/03 - 10:30 | Baio |
| Muxía | 24/03 - 10:30 | Os Miudos |
Ligas de Veteranos, xornada 27
1ª División
| Bértoa | 24/03 - 10:00 | Zas |
| Nantón | 24/03 - 11:00 | Bergantiños |
| Baio | 24/03 - 11:00 | Ponteceso |
| San Lorenzo | 24/03 - 11:00 | San Román |
| Vimianzo | 24/03 - 11:00 | Xv. Bergantiños |
| Corcubión Vet. | 24/03 - 11:00 | Camariñas |
| Castriz | 24/03 - 11:30 | Cabana |
| Coristanco | 24/03 - 12:00 | Soneira |
2ª División
| Dep. Carballo | 24/03 - 10:00 | Corme |
| Leiloio | 24/03 - 11:00 | Sofán |
| Agualada | 24/03 - 11:00 | Malpica |
| Corcoesto | 24/03 - 11:00 | Poniente |
| Porteño | 24/03 - 11:00 | Laxe |
| Buño | 24/03 - 11:00 | At. Milagrosa |
| Camelle | 24/03 - 12:00 | Muros |
Fútbol Sala
Doble cita co fútbol sala para estas vindeiras datas. O Fisober FSF programou para este sábado 23 de marzo unha xornada de fútbol sala femenino no Pavillón Municipal de Vimianzo. ás 18:00h disputarase o I Triangular Alevin Deporte Galego Concello de Vimianzo que enfrontara os equipos alevíns do Meigas de Ames, o Viaxes Amarelle de A Coruña e o Fisober de Vimianzo. E de seguido partido de 2ª Estatal entre o Fisober e o Cuatro Arcos Logroño, un dos partidos máis importantes da tempada para as vimiancesas, xa que una vitoria significaría a salvación matemática da categoría.
Balonmán
- 1ª Estatal: R.G.C. COVADONGA – CALVO XIRIA: 23/03/2013 ás 18:00 no P. BRAULIO GARCIA (RGC COVAD.)
- 1ª Autonómica: RASOEIRO BM. – BM CAMARIÑAS: 24/03/2013 ás 18:00 P.M. MONTE DA VILA.
Tenis de mesa
Sábado 23 de marzo de 2013, No pavillón de Bastiagueiro (Oleiros). 2ª división galega grupo centro:
- 16:00h: Breogán Oleiros “B” – Anorthosis Vimianzo.
- 18:30h: Breogán Oleiros “D” – Anorthosis Vimianzo.
No pavillón municipal de Oroso: 2ª nacional femenina:
- 15:30h: Oroso TM – Aluminios Xeal de Zas.
- 16:45h: Cinania – Aluminios Xeal de Zas.
- 18:00h: Cambados TM – Aluminios Xeal de Zas.
- 19:15h: Monte Porreiro – Aluminios Xeal de Zas.
Máis información
Artigos relacionados
Crónicas da semana
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).