Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Anorthosis segue cara o ascenso e toma nota da Selección Española

O Anorthosis segue cara o ascenso e toma nota da Selección Española

Estas pasadas semanas están sendo completas para a familia Anorthosis. Ademais de seguir inmersos na Liga, tiveron ocasión de tomar nota dos mellores de España.

Visita da Selección a Galicia

Os zaenses Stevo e Fran, con Sara Ramírez, Zhu Fang, Yanfei Shen, Galia Dvorak, e mais os nosos Miguel e Gonzalo

O pasado día 12, a Selección Española de tenis de mesa masculina e feminina disputaron no Pavillón Municipal de Pontevedra un encontro da Liga Europea de Seleccións. Os xogadores do clube Anorthosis Stevo Lema, Fran Otero, Gonzalo Martínez e Miguel Rey desprazáronse para ver in sito aos seus ídolos.

A selección feminina con Galia Dvorak, Sara Ramírez e Yanfei Shen xogou contra Rumanía acadando a victoria por 3 a 2. No último partido Sara Ramirez remontou un 0-2 grazas ao apoio do público e que ao final agradeceron, aguantando o frio para facerse fotos con parte do público.
A selección masculina con He Zhi Wen (Juanito) que chegou a ocupar, en decembro do ano 2007 o número 24 no ránking mundial, Carlos Machado (7 veces campión de España) e Jesús Cantero superou por 3 a 0 a selección Serbia na que destacou o olímpico Zolt Pete.

Ao final as seleccións accederon a facerse fotos cos afeccionados agradecéndolles o apoio que lle brindaron xa que á mesma hora xogaba o Barcelona contra o Milán.

Jesús Cantero, Gonzalo Martínez, Fran Otero, Juanito, Miguel Rey, Marc Duran e Carlos Machado. Os nosos, sen chándal

Nova xornada de Liga

Ademais, a pasada fin de semana tivo lugar unha nova xornada de Liga, trala que segue o Anorthosis Vimianzo sumando vitorias. A pesar de que o seu xogo non sexa convincente, o importante e ir paso a paso ata o obxectivo final: o ascenso.
Mentres, o Concello de Zas Aquacenit cedeu bastantes sets pero a súa vitoria nunca estivo en perigo.

En 3ª galega acabou a liga, quedando o Concello de Zas O Gaiteiro en 4º lugar e o Concello de Zas O Pinar en 6º posto dentro do grupo noroeste. Postos moi dignos para os soneiráns.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo - Conxo Ponte de Ferro (5-2) / (19-8).
  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Conxo Ponte de Ferro (5-2) / (15-13)

3ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas O Gaiteiro - Oroso Pin Servicios (6-1) / (20-10)
  • Resultado: Concello de Zas O Pinar - Oroso Pin Servicios (1-6) / (3-18).

Vindeira xornada

Sábado 23 de marzo de 2013, No pavillón de Bastiagueiro (Oleiros). 2ª división galega grupo centro:
- 16:00h: Breogán Oleiros "B" - Anorthosis Vimianzo.
- 18:30h: Breogán Oleiros "D" - Anorthosis Vimianzo.

No pavillón municipal de Oroso: 2ª nacional femenina:
- 15:30h: Oroso TM - Aluminios Xeal de Zas.
- 16:45h: Cinania - Aluminios Xeal de Zas.
- 18:00h: Cambados TM - Aluminios Xeal de Zas.
- 19:15h: Monte Porreiro - Aluminios Xeal de Zas.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios