Rematou a Liga Provincial con vitoria pontecesá e o Fisober xa se pode ver en vídeo


Chegábase esta fin de semana ao final da Liga Provincial do fútbol sala feminino, na que compiten 3 equipos costeiros. E o facía cun derbi, no que o Concello de Ponteceso amosaba a súa veteranía superando con solvencia ao filial do Fisober. Rematan as de Barca 3ª na táboa, só por detrás dos poderosos Manureva e BeArt 5 Coruña. De 7ª quedan finalmente as xogadoras da Esteirana FS que caían co Viaxes Amarelle por 4-1 perdendo a ocasión de rematar por diante das coruñesas. E de penúltimas, na 8ª praza, quedan as vimiancesas do filial do Fisober, que veñen de facer unha traballada tempada.
Mentres, segue en 2ª Estatal o Fisober a súa andaina pola península. Este pasado domingo tocaba partido en Cantabria, ante o Guarnizo, e non puido traer nada de balde o equipo de Fran Toba, tras caer 5-2. Así e todo, as vimiancesas seguen na 9ª praza, sen perigo de descenso. Un choque que podemos en vídeo da man da Federación Cántabra de Fútbol.
2ª Estatal
- Resultado: GUARNIZO - FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” (5-2).
- FISOBER: Eva, Ana, Noelia, Barca e Myrella; tamén xogaron : Elsa, Olalla e Inés.
- Goles: 1-0 Raquel, 2-0 Raquel, 2-1 Barca, 3-1 Reichel (descanso) 4-1 Patri, 4-2 Inés, 5-2 Patri.
Os primeiros minutos foron de tanteo pero con dominio de balón das locais. Ata que os cinco minutos unha boa combinación das cántabras terminou con gol de Raquel. O partido seguiu baixo as mesmas directrices, cada vez un maior dominio local e as da Costa buscando algunha contra. E curiosamente despois dunha contra do Fisober a resposta foi unha xogada individual de Raquel que facía o segundo gol para as locais os nove minutos. Os dez minutos Eva facía unha parada a Cris que evitaba o terceiro gol local e na contra levada por Ana e Barca rematou co gol desta última para facer o primeiro gol visitante.
O tempo de lecer sentoulle ben as da Costa, aínda que o partido seguía co mesmo guión as visitantes sentíronse un pouco máis cómodas. Así os tres minutos Barca dispuña de unha ocasión para reducir diferenzas e pouco despois a mesma Barca non foi quen de aproveitar un rexeite da porteira a un tiro de Ana. Quen si marcaba era a local Patri que remataba unha excelente combinación das de Guarnizo con pase final de Reichel de calcaño os seis minutos da segunda metade.
A visitante Noelia poñía a proba a Sandra a porteira cántabra nesta segunda metade e as locais seguían a bater contra a porteira visitante Eva que freaba as súas ocasións. De novo repetía Noelia que desta vez atopábase co pau de Sandra e as locais non vían a maneira de superar a Eva. Todo cambiou cando a sete para o fin Inés fixo o catro a dous despois dunha veloz triangulación de Myrella e Ana. O Fisober xogou os seus mellores minutos , na busca dun gol que apretara aínda máis o electrónico. As locais xa non tiñan un xogo tan fluido.
nés case repite a seis para o fin pero Sandra arrebatoulle o balón no man a man, e a dous para o fin foi Myrella a que vio como Sandra lle facía unha boa parada, na contra case a local Patri sentecia o partido pero o seu disparo foiselle lambendo o pau de Eva. Reichel tampouco pudo superar a Eva un minuto despois cando o Fisober asumía os maiores riscos. Ata que a dez segundos para o fin Patri aproveitaba unha cesión de Reichel para facer o definitivo cinco a dous.
Liga Provincial, xornada 18
- Resultado: Fisober B - Concello de Ponteceso (0-7)
- FISOBER FSF “B”: Martina, María, Tamara, Inés e Laura – tamén xogaron – Natalia, Mónica, Iria e María.
- A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Ana, Sandra, Carmen e Martina - tamén xogaron - Alba Reyes e Alba Marrozos.
- Goles: 0-1.- Sandra; 0-2.- Carmen; 0-3.- Martina; 0-4.- Alba Marrozos; 0-5.- Carmen; 0-6.- Martina; 0-7.- Carmen.
As xogadoras de Barca e Curro chegaban a Vimianzo coa mente posta no terceiro posto e coa idea de gañar para poder conseguilo. Pola contra, as vimiancesas querían pechar esta dura tempada cun bo sabor de boca.
Pero as visitante comezaron moi forte, presionando ó rival para non deixalo xogar e creando ocasións de gol. O primeiro chegou ós poucos minutos, con un roubo de balón de Sandra que ela mesma culmina tras un regate á porteira. As visitantes non se conformaban con un só tanto no marcador e, tras unha boa xogada, Carmen consigue o segundo nun man a man coa porteira local. A pesar do 0-2 en contra, as vimiancesas non dan o partido por perdido e crean varias ocasións de gol, ataxadas todas elas pola porteira visitante. Nunha destas xogadas, as pontecesanas inician unha contra por medio de Alba Reyes e Martina que esta culmina con un gol a porta vacía tras o pase de Alba. Poñíase o 0-3 no marcador, pero non sería o último antes do descanso, pois Alba Marrozos encargouse de meter o cuarto a dous minutos do final. Iban para o vestiario cabizbaixas unhas y contentas as outras sabendo que o terceiro posto estaba máis cerca.
A segunda parte foi máis do mesmo. As vimiancesas buscaban o primeiro gol e as visitantes aumentar máis a vantaxe. Intentábano as locais de distintas formas, pero a boa actuación da porteira visitante, Salomé, evitou que as xogadoras de Javier conseguiran subir un só tanto ó marcador. Si o fixeron as pondalianas que, por medio de Carmen tras unha xogada, conseguían subir o quinto tanto ó luminoso. Martina anotaba o sexto tras un bo pase de Carmen ó segundo pao despois dun contragolpe e, a poucos minutos do final, Carmen conseguía o séptimo (e outro hat-trick) con un bo tiro tras un saque de banda.
Vindeira cita
2ª División Estatal:
- FISOBER F.S.F. - CLUB CUATRO ARCOS LOGROÑO F.S. sábado, 23 de marzo de 2013 - 20:00 - P.M. DE VIMIANZO.
Máis información
- Clasificación Gr.1 2ª Disivión Feminina Estatal.
- Resultados Gr.1 2ª División Feminina Estatal.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados Liga Provincial Feminina.
Novas relacionadas
- O Fisober faise a foto de familia e celebra a convocatoria das súas estrellas.
- As nais prantan cara ás mozas do Fisober.
- A bitácora da semana (CXCIV): O blog do Ponteceso FSF.
Crónicas da tempada 2012-2013
- Patri Romaní alegra unha amarga xornada do fútbol sala costeiro.
- Só a Esteirana suma na xornada de futbol sala feminino costeiro.
- O Fisober volve de baleiro de Bilbao e o Ponteceso FSF vence o derbi á Esteirana.
- O Fisober xa gaña na casa levado pola afección.
- Esteirana e Fisober non poden cos líderes da Liga Provincial.
- O Fisober non pode co novo líder da 2ª Estatal mentres C. Ponteceso e Esteirana seguen sumando.