Axenda deportiva dunha fin de semana copeira
Quédanos pouco de fútbol na Costa. De feito, xa estamos a só unha da III Gala do Fútbol da Costa, pois a vindeira será unha das últimas findes con fútbol, federado que agora son os torneos de verán os que collen protagonismo.
Teremos emoción máxima na tarde copeira do domingo. Tras uns igualados choques de ida, este domingo saberemos os finalistas da XI Copa da Costa 2014. Por sur, o 0-0 deixa ao Dumbría cun pelo de vantaxe ao xogar na casa ante o Cee, pero un empate con goles válelle ao cadro ceense. Polas Terras do Xallas, o XSC sacou un inxusto 1-2 na ida, pero o Castriz demostrou que está a altura para pelexar co cadro da Preferente.
Unha final, das históricas, xogaraa o Sofán na Fase de Ascenso á 1ª Autonómica. Trala polémica xurdida ante as decisións do Comité, o cadro carballés necesita vencer por alomenos 3-0 ao cadro do Val do Ulla. O Carral vai ser un inferniño, contando ademais co apoio da xente do Volantes, pois a súa permanencia na Liga da Costa depende do ascenso dos carballeses.
Teremos tamén unhas interesantes Semifinais da Copa de Veteranos, que tras unha fantástica ida, nos deixarán os finalistas da edición 2014.
Estaremos atentos a ver se o Dumbría Xuvenil e o Cee Infantil dan o penúltimo paso cara as Ligas Galegas. O Cee teno complicadísimo tralo 0-3 da ida. Pero o Dumbría sacou un 0-1 en Viveiro que o pon de cara para rubricar no Conco o pase á finalísima.
Este sábado 21 de xuño o campo do Cunchido de Outes acollerá a I Copa da Costa en categorías Alevín, Benxamín e Prebenxamín. Será un día completo de deporte no campo da Serra, cos 4 campións do Sur, contra os 4 campións do Norte.
Ademais, xa está en marcha o X Torneo Internacional de Fútbol 8 Alevín Concello de Carballo – Memorial Xosé Luís Vara Olveira. A cita é entre o venres 20 ás 18.00 horas e o domingo 22 de xuño, ata as 14.30 horas aproximadamente, coa celebración das semifinais e as finais o domingo a partir das 11.00 horas.
Copa da Costa, Volta das Semifinais
- Podedes ver como queda o cadro actualizado en www.copadacosta.com.
Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil
0-1 | Viveiro - Dumbría | 21/06 - 18:00 |
- O Dumbría pasou e ten que superar aínda esta e outra eliminatoria para ascender.
- O UC Cee ten que pasar esta e outra eliminatoria para ascender.
- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Facebook “Fútbol da Costa”.
- As completamente abertas votacións dos Premios da III Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- Fran Hermida volverá ser A Voz do Fútbol da Costa.
- O cartel definitivo da Gala do Fútbol da Costa: De patrocinadores e premios.
- En marcha a III Gala do Fútbol da Costa.
- 2013: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.
- Nova lista de torneos de verán en Carballo, Camariñas, Outes e Cabana.
- Fútbol Base: O Dumbría poderá ter 3 equipos en Liga Galega.
- Copa Veteranos: O Erbecedo avisa ao Soneira e Zas e Dumbría respéctanse demais.
- Fase Ascenso: O Sofán fará do Carral unha Bombonera.
- Copa da Costa: A tensión e a calor marcan os dous derbis.
- Análise e resultados dunha fin de semana quente no fútbol da Costa.
- Comunicado do Sofán por un posible trato de favor co Val do Ulla.
- Fútbol Base: O Dumbría poderá ter 3 equipos en Liga Galega.
- Os pequenos colchoneros de Dumbría cumpliron o soño de xogar no Calderón.
- Xa temos os cadros da I Copa Alevín, Bexamín e Prebenxamín.
- Fútbol Base: O Dumbría poderá ter 3 equipos en Liga Galega.
- Fases de Ascenso: O XSC xa é de Liga Galega e Dumbría Xuv. e Cee Inf. dan un paso adiante.
- 4 campións con Biberón.
- Redacción de QPC ([email protected]).
Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil
0-3 | Cee - Rayo Sadense | 21/06 - 18:00 |