Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Fase Ascenso: O Sofán fará do Carral unha Bombonera

Fase Ascenso: O Sofán fará do Carral unha Bombonera
SD Sofan en Salvora

Pasou o penúltimo exame a SD Sofán logo da polémica coa suposta aliñación indebida. Unha polémica que deixa de líder a un Val do Ulla que suma 9 puntos, cun só partido gañado sobre o terreo de xogo.

A SD superou a proba do Sálvora, pero agora terá que vencer na casa, e por máis de 3-0 ao Va

l do Ulla.

Sálvora - Sofán (0-2)

  • SOFÁN: Bugy, Javi Souto (Eloy Boedo, min.46), Marcos Pensado (Seo, min.85), Cantudo, Javi García, Míchel, Martín, Iván Rey (Brais, min.69), Bertín, Raúl e Iván Rojo.
  • Goles: 0-1, min.65: Iván Rojo tras un pase de Bertín; 0-2, min.88: Raúl tras un xogadón de Bertín.
A asfixiante calor marcou o desenrolo do encontro. O anexo da Fieiteira era un autentico forno. A Sd saiu forte para ver de anotar o antes posible ante un equipo marcado polas baixas. Ivan Rey en banda esquerda entro ben ó principio, pero un mal control cando se plantaba so diante do meta visitante, e un remate de Bertin tras gran xogada súa foron ocasións claras non aproveitadas pola Sd. Martin disparou os 10 minutos de volea e o balón saiu alto por pouco. Respostou o Salvora cun remate de cabeza á saida dunha falta que petou no longueiro ante o susto da parroquia visitante. No minuto 35 o colexiado anula un golazo de Bertín por incrible fora de xogo, que so viu o linea. Pouco despois expulsou ó mister Mallón ante o espectacular cabreo da afección sofanista. Tivo Raul unha gran ocasión antes do descanso pero o seu remate sacouno un defensa baixo paos. A pesar do empate ó descanso, a confianza no equipo era grande, e parecia que tarde ou cedo o gol ia caer. Pero á volta dos vestiarios o lateral local Cristian empalmou un gran disparo dende o medio do campo e o longueiro voltou a repeler o esférico, ante a sorpresa da grada. Isto espoleou á Sd, que atacou con todo. Raul rematou de volea un gran centro de Bertín fora, e pouco despois chegou o gol: Bertin fixo unha xogada de maestro mareando a toda a defensa local, cedeu a Rojo que diante do porteiro non perdonou. Xa tiñamos o gol. A partir de aqui a SD controlou con veterania o partido, con Martin e Michel aguantando o balón e deixando pasar o tempo. Raul tivo outra ocasión clarisima a pase de Brais, pero o gardameta local fixo unha gran parada. E cando o partido esmorecia nova exibicion de Bertín: o xogador de Sofán parouse na area, detivo o tempo, e arrancou levando a tres defensas como quixo, dou o pase da morte a Raul e este non perdonou a porta baleira. 2-0 e a pensar no Val do Ulla.

Crónicas da Fase de Ascenso do Sofán

Máis información

Crónicas da semana

Novas da Gala do Fútbol da Costa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios