Venres. 20.09.2024
El tiempo

Axenda futboleira para a primeira xornada das Ligas da Costa

Axenda futboleira para a primeira xornada das Ligas da Costa
Dumbria-Arzua da Pref Arrincamos xa case que ao completo a temporada 2014/2015 no Fútbol da Costa. Unha temporada que seguiremos mantendo o ritmo informativo, coas clasificacións e resultados en tempo real na xa activa APP “Fútbol da Costa e na www.futboldacosta.com, coas crónicas en QPC Deportes e co Facebook do Fútbol da Costa.

Nunha campaña na que temos que agradecer aos patrocinadores, que fan posible todo este seguemento. Este ano teremos aSenra Sport patrocinando a Preferente; a Clínica Vértebra patrocinando a 1ª; ES Bazarrapatrocinando a 2ª; a Clínica Xunqueira a 3ª Autonómica; Máis Deporte patrocinando os Xuvenís e Aluminios Dumbría patrocinando as Ligas Galegas.

A previa

Toda unha incógnita como se presenta este curso despois do gran número de Altas e Baixas que ten habido.

Así que comezamos o repaso pola Preferente Norte, onde os nosos dous equipos xa empezaban a semana pasada con boas vibracións. Este domingo, o Dumbría de Canosa querrá manter o bo comezo cunha vitoria no sempre complicado campo de Sada. Mentres, o XSC de Coméndez estréase na casa ante o Viveiro, e quere darlle a primeira alegría aos seus.

6 equipos teremos este curso na 1ª Autonómica máis costeira que se recorda. Estrearán este Gr.2 na casa ante as súas volcadas afeccións os recén ascendidos o novo Sofán de Josito e o vello Corme de Lelo, como non, ante Bertamiráns B e Piloño. Boa ocasión para arrincar sumando. O Soneira de José Ángel, que tamén estrea categoría tralo seu descenso, visitará o rudo campo do Agolada, para ir comprobando o ritmo de competición, e con ilusión de volver á Preferente.
Os outros 3 equipos repiten curso. O Malpica, no que este ano toma o banco o pichichi do ano pasado, Óscar Suárez, querrá repetir a fazaña do ano pasado, e comeza co Unión en Pedra Queimada. A Esteirana, con Juan Rey Cambeiro ao mando e varias novidades, visita ao recén ascendido Lesende. Mentres que o Baio recibe ao Amio, mantendo o gran grupo que Félix leva armando nos últimos anos.

Apaixoante se presenta esta 2ª Autonómica. Pero con moitas incógnitas. Podemos facer quiniela de favoritos pero seguro que a cousa varía moito. Os recén descendidos Camariñas e Ponteceso buscarán estar moi arriba, pero a estrea será complicada. Os de Gerpe reciben nada menos que ao Zas, outro dos favoritos a estar arriba, mantendo o proxecto de Iván Cancela. Os de Marco reciben a un Seaia tremendamente ilusionado tralo seu ascenso na súa primeira temporada, con Tato ao mando.
Outro que debería estar arriba, por historia, será o novo Cee de Rafa Suárez, que visita Lombáns para disputar un sempre fermoso choque co Carnota. Veremos que consegue Nacho en Fisterra, contando cun grupo con grandes nomes. O Buño será a súa primeira pedra. Tamén o Outes, despois da gran temporada pasada, e co Mellor Adestrador da Costa, terá que estar nos postos altos, e será o Camelle, co ex xogador Varu no banco, o primeiro en pasar polo Cunchido.
Ademais, teremos choques como o Castriz-Montelouro, con Esteban Blanco no Castriz, e Jurjo mantendo o bloque que conseguiu o ascenso o ano pasado. O Mazaricos de Néstor, co último reforzo de Chenel, recibe ao Cabana, onde Periscal mantén a mesma filosofía. O Volantes de Felipe si que cambiou a cara, e recibe ao San Lorenzo, que colle Pedro Gómez, para probar as numerosas fichaxes muradás. Outro que estrea categoría será o Baíñas, unha das grandes incógnitas da categoría por todo o que pode facer con nomes como Javi Suárez, tasky ou o recentemente fichado Llanero. Os de Mario de José reciben ao Porteño, no que Roski estreará varias caras novas importantes.

9 equipos e 4 voltas para a 3ª Autonómica, que comeza este sábado integramente. Todos os equipos buscarán o ascenso, comezando polo que quedou ás portas o ano pasado, o Ameixenda, que con Manolín ao mando parece que ten visos positivos. Recibirá ao Nantón, que tamén estará por arriba. O recén descendido Corcubión, co presi Carlos Lema no banco, recibirá a todo un Muxía de Suso Rey. Ademais, o Laxe, con Chamy no banco e Josito como preparador físico, recibe a outro dos candidatos, un Coristanco co que Da Silva quere facer algo grande. E finalmente, o Castrelo, que quere deixar de ser a Cincenta da categoría, recibe a un Lira, con Pedrosa ao mando, que quere convertise nun equipo fiable e regular.

Arrinca tamén a campaña en categoría Xuvenil. Dous grupos, 10 equipos por grupo (por que non un grupo unificado dunha vez!!) e moita igualdade. O Grupo Sur ou 2 comeza cun fantástico XSC-Cee por todo o alto.
Mentres, no Grupo Norte, ou 3, teremos choques fermosos como o Corme-Zas.

Preferente - Senra Sport, xornada 2

Xallas StComba 07/09 - 18:00 Viveiro
Sada 07/09 - 18:00 Dumbría

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 1

Lesende 07/09 - 17:00 Esteirana
Malpica 07/09 - 17:00 Unión
Corme 07/09 - 17:00 Piloño
Sofán 07/09 - 17:00 Bertamiráns B
Agolada 07/09 - 18:00 Soneira
Baio 07/09 - 19:00 Amio

2ª Autonómica - Bazarra, xornada 1

Castriz 07/09 - 17:00 Montelouro
Camariñas 07/09 - 17:00 Zas
Mazaricos 07/09 - 17:00 Cabana
Ponteceso 07/09 - 17:00 Seaia
Volantes 07/09 - 18:00 San Lorenzo
Buño 07/09 - 18:00 Fisterra
Carnota 07/09 - 18:30 Cee
Baíñas 07/09 - 18:30 Porteño
Outes 07/09 - 19:00 Camelle

3ª Autonómica - Clínica Xunquera, xornada 1

Ameixenda 06/09 - 16:30 Nantón
Corcubión 06/09 - 17:00 Muxía
Laxe 06/09 - 17:00 Coristanco
Castrelo 06/09 - 17:00 Lira
  • Descansa Cerqueda.

Liga Xuvenil - MáisDeporte, Gr.2

Xallas StComba 06/09 - 17:00 Cee
Fisterra 06/09 - 17:00 Os Miudos
Muxía 06/09 - 17:00 Esteirana
Castriz 06/09 - 17:00 Outes
Dumbría 06/09 - 17:00 Corcubión

Liga Xuvenil - MáisDeporte, Gr.3

Baio 05/09 - 19:30 Coristanco
Ponteceso 06/09 - 16:00 Laxe
Porteño 06/09 - 17:00 Zas
Malpica 06/09 - 17:00 Camariñas
Corme 06/09 - 17:00 Cabana

Máis información

Descarga a APP “Fútbol da Costa”

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios