Venres. 03.12.2021
El tiempo

A festa do balonmán 100% costeiro, 10 anos despois

A festa do balonmán 100% costeiro, 10 anos despois
Calvo Xiria e Bm Camarinas derbi na 1 Nacional Calvo Xiria e Bm Camariñas volveron disputar un derbi na 1ª Nacional

Gran ambiente con medio millar de afeccionados no pavillón Vila de Noia de Carballo para acoller o esperado derbi da Costa da Morte en 1º Nacional entre o Calvo Xiria e o BM. Camariñas. Facía 10 anos que non se celebraba en categoría nacional, e as afeccións verde e branca non desaproveitaron a ocasión para animar aos seus, e ver un fermoso espectáculo do melloriño que se pode ver en Galicia.

Foi un choque máis igualado do que reflexa o marcador final, pero o importante foi disfrutar da festa do balonmán costeiro. Costeiro ao 100% pois falamos de dous equipos formados na súa totalidade por xente da casa, como demostración da aposta pola canteira da Costa da Morte.

https://www.facebook.com/145564849124190/videos/538032843210720/

Calvo Xiria – Bm. Camariñas (31-22)

  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila (1), Carlos Vilanova (6), Gabriel Castiñeiras (2), Julián López (1), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (5), Hugo Rodríguez (7), Miguel Suárez Pumariega, Juan Carlos Rodríguez (1), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (2), Sergio Facal, Alejandro Calvete (1).
  • BM. Camariñas: Alan Fuentes (1), Cristian Canosa (10), Eusebio Martínez, Joaquín Canosa, Borja Tajes (4), Cristian Vigo, Fabio Romar, Alberto Mas (3), Francisco Carril,Cristian Antelo, Diego Alonso, Fabián Canosa (3), Feliz Fateira, Xabier Canosa (1).
  • Parciais cada 5min: 2-1/4-2/5-3/7-5/8-7/12-9/Descanso/14-13/17-13/22-16/25-19/29-22/31-22.

Partido vibrante e intenso, e máis igualado do que reflexa o marcador. Dominou o cadro local, sempre por diante no marcador, e cunha defensa moi seria, pero os camariñáns fixeron un gran xogo de contrataque e non marcharon do partido practicamente ata os últimos 5 minutos, cando o resultado se inflou.

Gran primeira metade dos brancos, aproveitando cada roubo en contras rápidas e mortais para manterse sempre a unha distancia curta de 1-2-3 goles. Conseguían mesmo empatar pero os verdes, en canto recuperaron a igualdade no campo marcharon con 3 goles de vantaxe ao descanso.

O fondo de banquiño dos locais foi clave cando as forzas ian baixando dado o alto ritmo do choque. Os verdes conseguían unha diferencia de 5-6 que se mantivo ata que nos últimos minutos se ampliou.

O Calvo queda na 3ª praza a só 1 punto do líder (caía o Lalín) mentres o Conservas queda na 9ª praza.

 

Máis información

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

comentarios