Balonmán: Calvo e Conservas empezan a campaña na 1ª Nacional con sendas vitorias

Feliz estrea na casa para Bm. Camariñas e Calvo Xiria na 1ª Nacional. Os dous equipos costeiros comezaron o curso na mesma categoría, a priori con obxectivos diferentes, unha vez que o Xiria é o actual campión e estivo a piques de ascender o curso pasado, e o cadro camariñán é un recén chegado á categoría.
Pero ambos empezaron con bo pé, sumando as as súas afeccións.
Bm. Camariñas - Sar Plasticos Omnium (25-19)

- Bm. Camariñas: Cristian Jiso, Fabio, Alan (4), Cristian Canosa (4), Eusebio (6), Borja (3), Alberto (2), Cristian Antelo (2), Diego (1), Fabián (3), Fran Carril e Xabi.

Ambientazo no Areal para ver o debut do cadro conserveiro na 1ª Nacional, unha vez máis.
Tardou en entrar no partido o cadro de Juan Canosa pero en canto se meteu por diante pasado o min.20, xa non deu opción aos visitantes. Acabou a primeira 4 arriba e tralo descanso a distancia nunca se apretou manténdose ata o pitido final, que rematou con 6 goles de diferencia.
Calvo Xiria - S.D. Teucro (38-24)

- Calvo Xiria: Iago Gómez (p)(1), Antonio Mato (p), Andrés Vila, Carlos Vilanova (6), Gabriel Castiñeiras, Julián López (5), Brais Puñal (5), Fran Rey, Pablo Iglesias (5), Hugo Rodríguez (2), Juan Carlos Rodríguez (3), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (5), Alejandro Calvete (1).
Aínda ten que enchufarse a afección do Xiria despois de ter acariñado o ascenso o curso pasado. Pero o equipo non frea, e comezou a campaña arrasando. O actual campión da competición recibía ao poderoso Teucro, segundo dun equipo da máxima categoría. O choque foi máis duro do que di o resultado e a primeria metade deixaba unha diferencia de 3 goles para os verdes. UNha doble exclusión nos primeiros minutos da segunda si que rematou por romper o partido e os carballeses non perdoaron en endosaron unha boa goleada.

Vindeira xornada
O Camariñas visita ao At. Nivás no Rosal o sábadio ás 19:00h mentres que o Calvo Xiria viaxa a Pontevedra para enfrontarse a todo un Octavio o domingo ás 12:00h.
Máis información
Novas relacionadas
- Maio 2017: Un equipo que venderá a súa praza acabou co soño do ascenso do Calvo Xiria.
- Maio 2017: Balonmán: O Bm. Camariñas conseguiu en Valladolid un histórico ascenso á 1ª.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).