Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Balonmán: Un paso máis cara a segunda categoría do balonmán estatal

Balonmán: Un paso máis cara a segunda categoría do balonmán estatal
O Calvo Xiria preto do ascenso a Division de PrataO Calvo Xiria preto do ascenso a Division de Prata O Calvo Xiria, moi preto do ascenso á División de Prata

Superou o Xiria a antepenúltima das finais gracias á gran resposta da marea verde, que con máis de 200 #Xiriareiros nas bancadas do pavillón coruñés, auparon ao cadro carballés para sumar unha nova vitoria. Unha vitoria sufrida, pero a veteranía e a boa lectura do partido permitiron que o equipo soubese manter a tranquilidade nos momentos difíciles e sumar 2 puntos vitaris.

A vindeira xornada o conxunto carballés pode certificar matematicamente a súa participación na fase de ascenso á 2ª categoría do balomnán estatal. O Calvo ten un punto de vantaxe sobre o Cahpela, polo que terá que vencer na casa (sábado 30 ás 18:00h no Vila de Noia ante Porriño), e esperar que o Chapela non gañeg ante o SAR.

A marea verde seguro que no defrauda e enche as bancadas do pavillón carballés.

1ª Estatal, xornada 28

  • Resultado: OAR Coruña - Calvo Xiria (21-27)
  • CALVO XIRIA 27 (12+15): Martín Gómez [p], Santiago Gómez [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (2), Manuel Méndez (1), Sergio Facal (5), Uxío Batán, Martín Alfeirán (5), Julián López, Ramón Suárez–Pumariega (2), Jorge Bouzas (2), Mario García de Seárez, Carlos Vilanova (5), Pablo Iglesias (2), Javier Rodríguez, Gonzalo Pombo (3).

O conxunto local foi o que empezou máis forte, mantendo o dominio do encontro durante dez minutos, a partires dese intre as forzas igualáronse e con pequenas vantaxes para uns e outros chegouse ao descanso cun empate que facía xustiza ao visto no San Francisco Javier. Mais conseguiu o Calvo Xiria que o Oar xogase ao seu ritmo. O segundo tempo foi un calco do primeiro cos pequenas vantaxes para os verdinegros que a pesares de ter en varias ocasións un +2 non podían romper o encontro. Mais se o partido comezou con dez minutos de dominio local, rematou con dez minutos de clara cor visitante, que cunha defensa moito máis activa, impedía os lanzamentos do Oar. O equipo que máis se xogaba foi nese intre o que soubo manter a tranquilidade, agardando os erros do seu rival, dos que tirou perfectamente proveito.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios