mércores. 30.04.2025
El tiempo

Basket: O Basket Xiria, a un paso do ascenso

Basket: O Basket Xiria, a un paso do ascenso
O Carballo Xiria a un paso do ascenso

É o equipo sénior do Basket Xiria o protagonista da semana, pois ca vitoria conseguida o sábado en Foz, o equipo de Basilio Pampín tan só tería que conseguir unha vitoria nalgún dos dous partidos que restan para finalizar a competición en primeiro posto e así conseguir o Ascenso á 1ª División Sénior. Atentos estaremos á vindeira xornada.

Polo demais, foi unha fin de semana de malos resultados para o baloncesto ACB, con derrota dos junior, tanto masculino coma femeninos ante rivais asequibles. A nota positiva foi a gran actuación do equipo sénior na Coruña conseguindo a segunda vitoria consecutiva a domicilio nesta temporada.

Xa de volta por Carballo, a familia Artai só disoputaba 6 encontros, nunha xornada atípica polos equipos que descansaban (os dous alevines e dous dos benjamines) e un adiamento (o das infantís ante Obradoiro). E o fin de semana saldábase con tres vitorias e outras tantas derrotas. Moi dolorosas as dos dous equipos de liga galega, sobre todo a dos junior que caían en Ourense nun duelo directo pola permanencia ante o Branco Amor. Tamén saían derrotados os infantís, tamén en Ourense, neste caso ante o líder, o Bosco. Das vitorias, retomaban o camiño do triunfo as cadetes nunha saída complicada a Betanzos e os cadetes no seu duelo ante Narón, máis tranquilo que os dous partidos anteriores (vitoria e derrota por un punto).

2ª Sénior Masculina

  • Resultado: CB Celtas A Soalta - Carballo a un paso (38-55).
  • Parciais por cuartos: 9-13 / 6-9 / 8-19 / 15-14
  • Carballo a un Paso: Sergio Tomé 14, Hector Añón 12, Fran Cristóbal 2, Rubén Pereira, Roi Vega, José Tato 13, Javi Arguelles 3, Luis Gómez 11. Bajas Juan Fernandez e Pablo Moreira.

A vitoria do equipo estivo cimentada na comunicación e actividade defensiva que propiciou unha mellora notable do balance e rebote defensivos.
Estes conceptos supuxeron que o equipo asentásese concentrado na pista, e nin as defensas alternativas (individual e zona) nin a posterior presión a todo o campo do rival, minaron en ningún momento as decisións ben tomadas por parte dos xogadores.
A partir da media parte, e sen descanso, os xogadores tiveron cada vez máis fe en todo o que intentaban e executaban. O parcial no terceiro cuarto resultou ser decisivo, non permitindo en ningún momento a reacción do contrario.


Familia ACB

4ª División Sénior Masculino

Equipo do ACB Costa da Morte
  • Resultado: SD CASTRILLON – ACB COSTA DA MORTE (39-62).
  • ACB: LUCAS (13, 2T); DIEGO, NEFRI (2), SERGIO (2), CRISTIAN (10) – CINCO INICIAL- MANU (5), JOSE (5), TININ (10), DERIL (13), LUCIANO (2).
  • O equipo senior do ACB encadena a sua segunda vitoria consecutiva fóra da casa e consegue así a súa 6ª vitoria na temporada consolidando o bo xogo en equipo e oficio que viña amosando nas últimas xornadas. Ben e dito que se enfrantaban o equipo novato da categoría, que se encontra na última plaza sen ninguna vitoria no casilleiro.

    O equipo ceense saia dormido e nos primeiro minutos encaixaba un 7-0 de parcial para o equipo coruñes e non sería ate a mitade do primeiro cuarto cando, cun Lucas moi inspirado, anotou dous triples consecutivos, remontarían e gañarian xa o primeiro parcial 11-12. A partir de aí os coruñeses, que só contaban con 7 efectivos nada poderian facer ante a rapidez nas transicions e forte defensa dos costeiros que se irían despegando no marcador ata a diferencia final do tanteador, gañando o encontro por unha difencia de 23 puntos.

    A semana que ven mediaranse a Laracha, un dos mellores equipos da liga, no pavillón de Cee.

    2ª División Junior Feminino

    • Resultado: ES BAZARRA ACB COSTA DA MORTE – BASKET CORUÑA LEYMA 97 (37-42)

    Mal partido das Junior que volveron mostrar a súa peor cara e continúan cunha mala racha de catro partidos sen gañar. Alónxase así do 1º posto da clasificación. As ceenses volveron a acusar a mala circulación de balón e a falta de ideas ante un equipo asequible, as que gañaron en toda a temporada pero que se prantaron en cee con gañas e as ideas moito máis claras que as costeiras. Aínda así as Junior intentaron remediar a situación o final do partido e quedarían cerca de levar a vitoria.

    2ª División Junior Masculino

    • Resultado: CE CUME CEE – CB FERROL 98 (27-39)

    Mal partido dos ceenses na súa casa que ante un pavillón cheo de afeccionados, no que non foron capaces de impoñerse a un rival asequible que se plantou en Cee cheo de valor e se levou o partido con todo merecemento.
    Nos últimos minutos os ceenses armáronse de casta e con máis gañas que baloncesto intentaron remontar o partido pero a reacción quedou en nada pois a desvantaxe era insalvable.

    2ª División Cadete Feminina

    • Resultado: MARISTAS CRISTO REY – ACB COSTA DA MORTE (33-22)

    Igualdade máxima a de estes dous equipos. Ningun dos dous perde co outro na sua casa e parece ser que esta semana non ia ser diferente. Así as de Cee apenas inquietaron o dominio coruñes durante todo o partido e estas finalmente se levaron o partido. Pese a derrota o equipo ceense segue con posibilidades de ser primeiras de grupo na segunda fase da liga.

    2ª División Infantil Masculino

    • Resultado: BASKET CORUÑA LEYMA 01 – FERROATLANTICA ACB (69-61)

    Bo partido dos infantís no partido desputado no Ventorillo na mañá do domingo. O partido estivo igualadísimo ata a expulsión de Fran, que estaba sendo o máis decisivo no conxunto ceense a metade dun terceiro cuarto cando ían gañando os ceenses 42 a 49. A partir de aí os coruñeses farian valer a sua maior envergadura física e se levaron o encontro nos minutos finais dun último periodo cheo de bo baloncesto.
    Pese a derrota o equipo infantil esta colleitando as mellores sensacións da temporada cun gran contraataque e boa defensa. Segue a un paso dos primeiros postos da clasificación.

    2ª División Infantil Feminino

    • Resultado: FERROATLANTICA ACB – CALASANCIAS (4 -69)
    <`>Outro partido difícil para as pequenas do ACB ante un equipo que pelexa polos primeiros postos da clasificación. Mellorou a defensa en comparación a outros encontros anteriores con momentos de gran intensidade. A parte mala foi en ataque onde pasaron moitisimas dificultades para achegarse ó aro rival. Toca seguir traballando duro xa que a vindeira semana se enfrentan o Universitario Ferrol B, o seu maior rival na categoría fora de casa.


    Familia Artai

    1ª Div. Junior Masc. – xornada 17

    • Resultado: CAMPUS OURENSE-BRANCO AMOR - CLUB BALONCESTO ARTAI (74-64).
    • Parciais: 20-16/20-21/14-8/20-19
    • CB ARTAI:Gomez 5,Moreira 17(1t),Sanchez 5, Pereira 5, Suarez 7(1t), Sueiro 7(1t), Guillamet 8(1t), Gonzalez 7 e Otero.
    Junior do Artai

    Mal partido dos colegiales na cidade da Burgas. Chegaba a este encontro o CB Artai coa moral polas nubes despues da traballada vitoria da semana pasada ante o Instituto Rosalia pero desde os primeiros compases do partido os mozos de Javier Cotelo estiveron moi desacertados de face ao aro local e moi permisivos en defensa e estes desacertos por parte visitante soubérono aproveitar á perfección o conxunto ourensán.
    Ao descanso chegábase cunha desventaja de 3 puntos e coa posibilidades intactas de levarse o choque para a capital de Bergantiños pero un mal terceiro cuarto permitiu que o Campus Ourense abrir unha brecha de 9 puntos e xa foi unha losa moi pesada que levantar para o conxunto colegial que termino sucumbindo no marcador por 74 a 64.

    Fase de Ascenso Junior Masc. – Xornada 5

    • Resultado: B XIRIA - CB CULLEREDO (40-81)
    • Parciais: 17-20; 38-30; 55-40; 80-58.
    • CB ARTAI (20 10 10 18): Fidi (9) Iván (2), Juan, Alberto (2), Diego (9), Antonio, Andrés (3), Sergio, Mario (9), Marcos (3) e Javi.
    Juanjo dos Junior do Xiria

    Partido xogado na tarde do domingo no pabellón da Zona Escolar de Carballo cun centenar de seguidores nas gradas. Está claro que aos carballeses sóbranlles a metade dos partidos;como vén sendo habitual nesta fase de ascenso, os de Moreira realizan unha gran primeira parte, sobre todo o primeiro cuarto para despois diluírse nos dous cuartos finais. Os locais dominaron o primeiro parcial,moi dinámicos,moi activos en defensa e correctos en ataque. Pasárono mal no segundo parcial pero chegaron con opcións ao descanso, 20 a 29. Pero un horrible arranque de terceiro cuarto cun parcial demoledor dos de Nacho Calvo (6 a 28) deixaba o partido máis que sentenciado.

    2ª Div. Cadete Masc. – Xornada 17

    • Resultado: CB Artai - CB Narón (67-55).
    • Parciais: 16-10; 40-15; 58-30; 67-55.
    • CB Artai (16 24 18 9): Jota (21), Javi Souto (16), Raúl (7), Juan López (3), Lois (2), Pozas (4), Luciano (4), Santi (2), Javi López (4), Santi, Pablo Sueiro (4) e Adrián.

    Partido disputado na tarde do sábado no pabellón da Zona Escolar de Carballo ante preto dun centenar de seguidores. Vitoria clara dos colegiales, dominadores do xogo e do marcador os tres primeiros cuartos, moi superiores á formación rival. Só o parcial do último cuarto (9 a 25) maquillou o resultado final.

    2ª Div. Cadete Femin. – Xornada 5

    • Resultado: SANTO DOMINGO DE BETANZOS - C.B. ARTAI (38-50).
    • Parciais: 2-13 12-10 7-19 17-8.
    • CB ARTAI: Nuria (6), Emma (10), Sabela, Sara (8), Emi, María, Lola (22), Sarita (2), Uxía, Celia (2), Cayetana.
    Cayetana do Cadete Fem do Artai

    Madrugón artaico para xogar ás dez en Betanzos, ante un equipo físicamente superior que plantase moita cara en Carballo. As do cole xogaron un partido moi completo, onde grazas ás rápidas transicións e o desequilibrio no 1x1 en ataque e a actividade defensiva, trouxeron unha vitoria para casa máis cómoda do que en principio se esperaba. Só no último cuarto as de Betanzos puideron maquillar un pouco o electrónico levándollo por 17-8.

    Liga Galega Infantil Masc. – Xornada 15

    • Resultado: BOSCO SALESIANOS - CB ARTAI (97-53)-
    • PARCIAIS: 22-13 23-8 22-23 30-9.
    • CB ARTAI: Pablo (3), Carlos (5), Edu (11), Manu (13), Mario (9), Marco (7), Iago, Javi, Rubén, Perez (5), Alfonso.
    Edu Garcia dos Infantis do Artai

    Non puido o Artai co líder da categiría. O maior ritmo e intensidade dos locais puxo rápido o partido de face para os ourensanos. Os do cole, malia intentar xogar o seu xogo durante os primeiros minutos, pronto se contaxiaron do correcalles ourensano, deixando aos líderes expoñer as súas fortalezas. Só no terceiro cuarto os do cole puideron plantar cara a un equipo que demostrou o porqué é o líder da competición.

    Toca argora un descanso de tres semanas na competición polo campionato de España de seleccións autonómicas.

    Crónicas da temporada

    Fonte

    Comentarios