Basket: Pendentes do ascenso

07:37 02/05/17
Van chegaron ao seu remate as ligas de baloncesto comarcal. Pero aínda queda o punto forte da temporada. O basket costeiro ponse a camisola verde para apoiar ao Basket Xiria no seu intento por chegar á Liga EBA (a 3ª División do baloncesto estatal). O equipo de Arturo Ferraces, o Calvo Basket Xiria, xogarase o ascenso o próximo 7 de Maio de 2017 na Coruña.
Pola mañá disputaranse as dúas semifinais (Leyma Basket Coruña - PBB Construcciones Castro Porriño e Cenor Obradoiro CAB - Calvo Basket Xiria) e pola tarde xogarase a final, entre os gañadores de estas dúas semifinais. O gañador, que esperemos vista de verde, ascenderá á Liga EBA.
Ademais, por Carballo tamén están pendentes das Junior Dimolk, que comezaron mal a Fase de Ascenso á 1ª, con dúas derrotas. A última este pasado sábado ante o María T. Martínez Dental.
Pero esta pasada fin de semana tivo tamén atención en Cee, onde os Sénior do ACB conseguían a súa segunda vitoria da temporada despois dalquel domingo de resurrección.
A loita social moi presente nos partidos do ACB Costa da Morte
Chegaban os ceenses a Cocheras, na Coruña, con moitas ganas de seguir na liña acadada no derradeiro partido. Comezaron abusando do tiro exterior, mais o acerto propiciaba que isto sucedese, xa que as primeiras catro canastas ceenses foron de máis aló da liña de 6,75 (dúas de Luci, unha de Chris e unha de Deril). En defensa, non se axustaba ben as axudas, e sendo superados no 1x1 cada vez fai que a renda non sexa o ampla que estaba a parecer (18-20).
O segundo periodo, como pasaría nos seguintes, a defensa comezou a ser o punto mais importante en ambolos dous equipos, mais agora, os ceenses, dada a superioridade física, centran mais o xogo no poste, con Cristian, Rodrigo e Alfredo moi activos, poñendo en problemas aos locais que comeza a dar sus frutos, mais o problema na defensa do 1x1 continua presente (09-13).
Á volta do descanso, e con consignas claras, os ceeses conseguen parar mellor o 1x1, pero en ataque se reflicte un problema que se estaba a amosar con anterioridade: a falta de penetracións; as triplas non entraban, e os 1x1 interiores tamén eran fallidos, polo que se chegou ao cuarto con menos anotación visitante, cunha diferencia que non foi a máis grazas ao gran acerto no rebote tanto de ataque como defensivo de José (09-07).
O partido chegou con só catro de vantaxe para o equipo da costa, pero desta vez souperon remontar o vó, en medida grazas a templanza e sangue fría de Manu que aguantou a presión moi ben. Cunha defensa moito mais rocosa, e a volta do acerto e dos contraataques puideron non só aguantar a diferenza, senón incluso aumentala (07-11). Gran partido dos oito xogadores que se desprazaron a Coruña, e conseguiron traer a segunda vitoria da tempada.
2ª Infantil, xornada 13
Homenaxe do Artai a Alfonso Mariño
Partido disputado na mañá do sábado no pabellón da Zona Escolar. Antes do partido o club e o colexio tributaron unha pequena homenaxe a Alfonso Mariño, un dos primeiros xogadores do club e do que o pasado domingo se cumprían dez anos do seu falecemento. Sete de sete nesta fase para as carballesas que non coñecen a derrota nesta fase e ás que lles falta unha xornada para acabar. As carballesas saíron con outra actitude e con outra intensidade respecto de a xornada anterior. Moi centradas en defensa e moi acertadas en ataque o primeiro cuarto deixaba o partido case sentenciado cun marcador de 20 a 3. Bo partido de todas as xogadoras e agora toca pensar na próxima xornada, a última, onde as carballesas poden certificar o seu pase á seguinte fase da competición.
A próxima xornada as carballesas mediranse ao outro equipo de Básquet Coruña o sábado ás 12:00 no pabellón de Riazor en busca do primeiro posto pero co pase á fase de ascenso xa asegurado.
A falta dunha xornada para o final de liga o equipo cadete feminino, por primeira vez nos quince anos de historia do club, disputará a súa primeira fase de ascenso, unha vez que na xornada do domingo o Básquet Coruña derrotase ao CB Culleredo por 54 a 79. Con este resultado e a falta da última xornada, os dous equipos que pasan á seguinte fase, o Básquet Coruña e o Club Baloncesto Artai, quedando por decidir quen quedará primeiro nesta fase.
A traxectoria do equipo está sendo brillante nesta tempada, con resultados impensables ao empezar o curso, tendo en conta que só cinco das xogadoras son cadetes de segundo ano. Pero na primeira fase xa demostraron o seu potencial gañando once partidos e perdendo só un, ante o CB Culleredo, por 55 a 70. Esa derrota, a única do presente curso foi o 12 de novembro. Si a primeira fase foi boa, na segunda non coñecen a derrota, con sete vitorias nas sete primeiras xornadas e faltando só a última, as que as medirá a Básquet Coruña o vindeiro sábado ás doce en Riazor.
Para a seguinte fase están clasificados os equipos campións da delegación de Santiago, o Peleteiro B e da delegación de Lugo ,o Star Center Ensino da cidade das Murallas.
A fase de ascenso arrincará o fin de semana do 13-14 de maio.
Pequebasket
A día de hoxe xa hai 35 equipos inscritos para o 5ºDía do Pequebasket, o que indica que este ano se cubrirá o tope máximo que este ano a organización limita a 49 equipos. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a preto de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de participación, o equipo organizador do Día do Pequebasket avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.
O prazo de inscrición rematará o día 7 de Maio e as solicitudes poden tramitarse a través da Federación Galega de Baloncesto (galicia2018@fegaba.com), tendo toda a información na web: www.diapequebasket.es
Familia ACB
3ª División Sénior Masculino- Resultado: ADFRO – C.E. CUME COSTA DA MORTE (43-51)
- C.E. CUME: Luci (12, 2T); Christian V. (3, 1T); Deril (9, 1T); José (6); Cristian M. (2) – cinco inicial – Manu (5, 1T); Alfredo (2); Rodrigo (12, 1T)

- Resultado: ARTEIXO – FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE VERDE (16-59).
- Parciais: (02-16; 0-12; 12-11; 02-20) (ACUMULADO: 2-16; 2-28; 14-39; 16-59
- ACB COSTA DA MORTE VERDE: Alex Domínguez, 2 ptos; Marcos, 16 ptos; Guillermo, 4 ptos; Ramiro, 8 ptos; David, 12 ptos – quinteto inicial – Adrián, 8 ptos; Brian, 0 ptos; Caique, 3 ptos; Eddy, 2 ptos; Fran, 4 ptos.
Familia Artai
Liga Galega Cadete masculina, xornada 22- Resultado: COB - CB ARTAI (83-60)
- Parciais: 22-21; 19-13; 27-12; 15-14.
- C.B. ARTAI (21+13+12+14): Marco (7), Javi Santiago (4), José, Samu (1), Julio (8), Nión (23), Carlos (13) e Edu (4).
- Resultado: ACADEMIA BASKET COPS - CB ARTAI (65-42).
- Parciais: 18-15; 26-22; 44-30; 65-42
- CB ARTAI ( 15+7+8+12): Daniel (9), Damián (2), Miguel (3), Borja Ríos (15), Álvaro (2), Borja Rey, Antón (2), José, Jano (5), Mario e Javi (4).
- Resultado: CB Artai - CD Los Rosales 01 (83-35).
- Parciais: 20-3; 39-11; 61-25; 83-35
- CB Artai (20+19+22+22): Nuria Pose (11), Emma (16), Sabela (14), Sarita (9), Cayetana (9), Iria (2), Uxía (12), Carla,Alejandra e Lucía (10).

As Cadetes, á fase

Pequebasket![]()
A día de hoxe xa hai 35 equipos inscritos para o 5ºDía do Pequebasket, o que indica que este ano se cubrirá o tope máximo que este ano a organización limita a 49 equipos. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a preto de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de participación, o equipo organizador do Día do Pequebasket avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.
O prazo de inscrición rematará o día 7 de Maio e as solicitudes poden tramitarse a través da Federación Galega de Baloncesto (galicia2018@fegaba.com), tendo toda a información na web: www.diapequebasket.es

Máis información
Novas relacionadas
- Domingo de Resurrección para o ACB Costa da Morte:
- As Junior do Dimolk Basket Xiria tamén xogarán a fase de Ascenso a Liga Galega.
- O Calvo Xiria xogará, por sexta vez, a Fase de Ascenso á Liga EBA:
- A un partido da Fase de Ascenso á Liga EBA.
- Unha xornada de escándalo.
- Unha de compromiso social.
- Basket: O Xiria xogará a Fase de Ascenso.
- Mirando en fite as fases de ascenso.
- O Vázquez y Reino métese na Fase de Ascenso no ano da súa estrea.