Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Basket: Un debu de Peli

Basket: Un debu de Peli
peli-esmoris-da-acb-ao-basket-xiria Peli Esmorís debutou ca camiseta do Basket Xiria

Foi boa a estrea de Peli Esmorís co Calvo Xiria. 19 puntos en 20 minutos dando numerosas mostras do seu talento e encontrándose moi atinado, tras 3 anos afastado das pistas. A súa aportación permitiulle ao Calvo Basket Xiria sumar a 3ª vitoria consecutiva que os deixa cun balance 3-3 na metade da táboa.
As que non sumaron foron as rapazas do Vázquez y Reino, que colleitaron a segunda derrota da tempada pero que se manteñen a tiro de pedra do liderado.

Pola banda ceense, non foi mala a xornada para a base do club costeiro, que conseguía as boas vitorias dos cadetes masculinos e femininos. A cara amarga a derrota dos sénior que perdían no seu desprazamento a Arteixo, e aínda non coñecen a vitoria en 5 partidos.

 

Familia ACB

3ª División Sénior Masculino, G.B, xornada 6

  • Resultado: CB Arteixo – C.E. Cume Costa da Morte (47-38)
  • Anotadores: Manu (3); Deril (2); Christian V.; José; Cristian M. (12) – cinco inicial – Adrián (4); Luci (7, 1T); Iván; Gonzalo (1); Alfredo; Sergio (9, 1T)

Dura derrota do equipo costeiro, non polo resultado en si mesmo, senón porque as sensacións que deixa este partido non son boas. Saíron os de Cee pouco enchufados, concedendo canastras fáciles aos arteixáns, xa que a defensa do 1c1, xa sexa en defensa individual, como en zona non era boa. A isto sumamos que nun primeiro momento o xogo interior veuse superado polo seu xogador nº10, moi potente e con bos movementos na pintura. Se a isto sumamos que a circulación de balón era escasa ou nula remata en que o equipo local se levase o cuarto cunha ampla vantaxe (13-05).
No segundo cuarto o equipo visitante saíu con ganas de cambiar a imaxe mostrada ata o momento, sobre todo endurecendo a defensa, e dando 4 ou 5 pases antes de tirar, e cun Sergio moi inspirado (7 puntos neste período) propiciou que a anotación se aumentase e que o partido quedase aberto (10-13).

Co 23-18 no luminoso, e o partido aberto o C.E. Cume Costa da Morte volveu desaparecer do encontro, incluso acrecentando os problemas, xa que aos vistos habería que sumar que nas perdas de balón, só baixaba un ou dous a defender concedendo contraataques moi fáciles, deixando o parcial no equipo local (15-07), a pesar do bo facer tanto en defensa como en ataque de Cristian M. que empeza a demostrar que cando está centrado pode axudar moito ao equipo. O último cuarto, comezou co quinteto loitando a morte cada balón, mais no ataque seguían sen encontrar unha idea clara, sen atopar as vantaxes que o equipo local deixaba. A pesares diso, e grazas a que se empezaron a xogar 1x1, o cuarto quedaría para o equipo costeiro pero sen remontar a renda acadada polo CB Arteixo.

Ademais do traballo de Sergio e Cristian antes nomeados, bo traballo de Luci, que pese a ser o máis pequeno do equipo, está amosando moita garra en defensa e regularidade no ataque. O equipo tentará cambiar a imaxe ofrecida a vindeira semana contra o Dinamo CBAJ na casa.

A Base do ACB

Nova derrota dos infantís do Ferroatlántica ACB na mañá do sábado en Cee ante Los Rosales nun partido que sufriron moito para superar a presión a toda pista que plantexou o equipo coruñés.
As boas novas chegaban dos e das cadetes, que sumaban as súas primeiras vitorias da tempada. os mozos ante o Santa María da Coruña por 22-60 e as mozas por 23-56 ante o Basket Coruña 2B.

 

Familia Artai

Liga Galega Cadete, xornada 5

  • Resulato: Peleteiro - CB Artai (71-54)
  • PELETEIRO: Echevarria (19), Negreira (36), Palmas, Rivadulla (2), Hermida, Miguez, Munin, Valenzuela, Moure (8), Ramos e Padrón (6)
  • C.B. ARTAI: Marco (10), Javi Santiago, José (5), Samu, Julio (8), Pablo, Nión (11), Manu (11), Carlos (4) e Diego (5).

Quinta xornada da máxima categoría do baloncesto cadete masculino a nivel galego. Visita, moi temprana por certo, dos mozos do cole a un dos gallitos da competición (e por cuarta xornada consecutiva enfróntanse a un dos equipos da parte alta da táboa) un Peleteiro con múltiples xogadores bolseiro, que aproveita a superioridade física e técnica destes para xogar moito 1x1, investir rápido o balón e atacar as recuperacións e axudas dobrando balón; entrando ao rebote de ataque constantemente e conseguindo segundas opcións con facilidade grazas á movilidad e explosividad dos seus homes altos.
Partido de mérito dos mozos do cole, e van de menos a máis e achéganse cada vez máis ao ritmo competitivo dos equipos da parte nobre da táboa.

Liga Galega Cadete, xornada 5

  • Resulato: CB Artai - Academia COPS Basket School (31-62)
  • C.B. ARTAI (2+7+9+13): Borja Ríos (9), Antón (8), Javier (4), Damián (4), Borja Rey,Daniel (2) Jano ,José Moreira (4), Álvaro, Lucas e Miguel.

Partido disputado na tarde do sábado no pabellón da Zona Escolar de Carballo. Boa entrada de seguidores, deixándose notar os afeccionados visitantes. Vitoria clara dos ferrolanos ante os xogadores de Javier Cotelo. Entraron moi fríos os colexiais incapaces de anotar (só dous puntos no primeiro cuarto) e moi desacertados nos pases. Os ferroláns, sen facer un partido brillante, aproveitáronse dos erros locais e dos seus desacerto desde a liña de persoal (1 de quince fixeron os locais) para gañar o partido con comodidade.

Liga Provincial Cadete, xornada 5

  • Resultado: Liceo - CB Artai (23-112)
  • CB ARTAI: Yago (8), Iago (28), Manu, Marco (9), Damián (6), Borja (25), Samu (20) e Freire (16).

Superioridade dos cadetes carballeses de principio a fin, que foron abrindo brecha ata o 23-112 final, grazas á superioridade física que lles permitía dominar o rebote e ter segundas e terceiras opcións. Como anécdota, Liceo presentouse con 5 xogadores e, trala expulsión do número 4, acabaron xogando cun menos.

 

Familia Xiria

1ª División Masculino, xornada 6

  • Resultado: Estudiantes de Lugo - Calvo Basket Xiria (36-67).
  • Calvo Basket Xiria: Hector 1, Javi, Esmoris 19, Guillamet 8, Manu 8 (2 triples), Anxo 2, Fran 6 (1 triple), Tato 9 (1triple), Luís 3, Moreira 11(2 triples).
carballo-basket-xiria

Empeza frio o equipo de Carballo, cun parcial de 7-2 en contra, pero a partir de aquí producíase un cambio de actitude nos xogadores, que provocan un colapso total do equipo lucense en canto ao seu ataque. A presencia dun ACB como Peli Esmoris comezaba a notarse e facía os primeiros 6 puntos coa verde nos primeiros 5 minutos que xogaba, poñendo en vantaxe aos carballeses. A boa defensa mantivo a boa dinámica no segundo cuarto indo ao descanso con 18-29 para os de Carballo.

Á saída do terceiro cuarto é definitiva para o partido, xa que ao desacerto lucense únese o acerto do perímetro dos de Xiria , que pechan por completo a súa canastra e en ataque xogan a partir de balóns interiores, conseguindo tres triplos neste periodo, para pechar un parcial de (2-15), que deixa o partido sentenciado para o ultimo cuarto.

 

2ª División Feminino, Norte 2

  • Resultado: Culleredo - Vázquez y Reino Basket Xiria (54-45)

Derrota das carballesas en Culleredo, a segunda da tempada, que lle permite ao Inmaculada asaltar o liderado. Así e todo as do Vázquez y Reino manteñen a segunda praza, empatadas a un punto do líder co Basket Coruña.

banner-dimolk-horizontal-futboldacosta  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios