Basket: Unha de compromiso social
Foi a nota máis destaca da xornada baloncestística. Ese apoio que rendeu a familia do ACB Costa da Morte aos traballadores de Ferroatlántica, posando ca pancarta de As Rías non se venden. Así e todo os ceenses non puideron adicarlle a vitoria a pesar do bo partido disputado en Arteixo, no que os ceenses caían por só 2 puntos.
Pola súa parte, en Carballo, o Xiria sumaba unha nova vitoria na fase de ascenso, e miran en fite o ascenso directo á Liga EBA.
As que non conseguen arrincar son as bravas do Vázquez y Reino nesa 2ª Fase da 2ª División Feminina, e volvían caer nesta 6ª xornada, desta volta ante o Poerta XI Ensino por 55-44. Quedan as carballesas na penúltima praza da fase con 2 vitorias e 4 derrotas.
Tampouco eran quen de vencer as Junior do Dimolk ante a visita das sarrianas do María T. Martínez Dental, caendo por 47-53 e quedando lonxe dos postos de cabeza.
Familia Xiria
Fase de Ascenso á Liga EBA, xornada 8
- Resultado: Calvo Basket Xiria - EDM A ESTRADA (75-46)
- Carballo Basket: Anxo 11, Javi 8 (1 triple), Hector 11 (1 triple), Guillamet 5 (1 triple), Peli 15 (1 triple), Manu 5 (1 triple), Roi, Fran 5 (1 triple),Tato 6 (1 triple), Luis 4, Moreira 6 (2 triples).
O 1º da fase de ascenso ascende directamente á Liga EBA, e do 2º ao 5º xogarán unha fase a catro pola segunda praza de ascenso. Así están as cousas nesta Fase na que o Calvo Xiria aspira a todo, e máis tras vencer ao Estrada, quedando agora a só unha vitoria do líder, o CB Culleredo.
Foi un partido moito máis igualado do que sinala o marcador, e só un tremendo parcial no último cuarto de 23-6 rompeu defintinamente o choque.
Agora tocan 4 partidos fóra de casa, este vindeiro ante un Rosalía que está de último nesta fase.
Familia Artai
Liga Galega Cadete, xornada 16
- Resultado: C.B. ARTAI - ADM PELETEIRO (49-65).
- C.B. ARTAI: Marco (8), Javi Santiago, José, Samu, Julio (5), Pablo, Nión (15), Manu (12), Carlos (9), Edu e Diego.
Choque da máxima categoría cadete masculina, xogado a mañá do domingo no Vila de Noia ante un centenar de espectadores. Boa primeira parte dos carballeses, que dominaron defensivamente ao rival, non deixando a Peleteiro levar o partido a donde eles querían e defendendo ben o 1x1 dos seus xogadores bolseiro. As constantes perdas foron castigadas polos do colexio santiagués, decantando o partido cara ao lado visitante.
Liga Galega Infantil, xornada 6
- Resultado: Básquet Coruña - CB Artai (83-70).
- CB Artai: Damián (11), Borja Ríos (14), Jano (6), Antón (9), Dani Castro (6), Manu Fraga,Javi Pena (4), Miguel (4), Mario,José Moreira (2) r Lucas Pardiño (14)
Máis información
Novas relacionadas
- Basket: O Xiria xogará a Fase de Ascenso.
- Mirando en fite as fases de ascenso.
- O Vázquez y Reino métese na Fase de Ascenso no ano da súa estrea.
- A 3 pasos da Fase de Ascenso á Liga EBA.
- Volveu o baloncesto con regalo tardío de Reis.
- Líder Xiria.
- Sol polo Norte e frío polo Sur.
- Un debut de Peli.
- O Basket ponse de negro contra a violencia de xénero.
- Basket: Carballo vence á Coruña.
- As Junior do Peugeot Dimolk Basket Xiria únense ao Mannequin Challenge.
- O Vázquez y Reino tamén sabe gañar fóra da casa.
- Xornada de derrotas para o basket costeiro.
- Arrincou a tempada para Xiria, coa gran estrea do Sénior Feminino, Artai e ACB.
- Carballo vístese de verde Xiria.
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).