Luns. 09.09.2024
El tiempo

Bebeto e Manín repasarán a historia do Fútbol da Costa na fin da terra

Bebeto e Manín repasarán a historia do Fútbol da Costa na fin da terra
Manin entre Chema Rei e Lema Suarez na Presentacion libro FDc Corcubion Manín entre Chema Rei e Lema Suárez na Presentación do libro do ano pasado en Corcubión Presentacion LIbro Futbol da Costa en Fisterra

Xa estiveran na presentación de 2015 en Corcubión. E non podían faltar á cita na súa casa. Manín e Bebeto serán os protagonistas da presentación da obra "50 anos da historia do fútbol da Costa", de Xosé Mª Rei e Xosé Mª Lema, considerada a Enciclopedia do fútbol da Costa. No acto, que se iniciará ás 18:30h da tarde, será presidido polo alcalde José Marcote e nel incluirase unha charla titulada ”O fútbol fisterrán, a canteira da Costa”, por parte dos autores.

A historia de Manín xa a coñecemos de sobra. Este histórico ex-xogador e ex-adestrador de moitos equipos da Costa (actualmente do Lira), non deixa de ser unha das figuras máis importantes do noso fútbol, caracterizado ademais por un sentido do humor que traspasa fronteiras. Os seus chistes son os protagonistas de cada cea ou evento no que participa.

Gabriel Riveiro, alcumado “Bebeto” na súa etapa de ex-xogador do Fisterra, é a día de hoxe unha das almas (e a cabeza pensante) dos Rapacollóns, escollidos na última Gala como a Mellor Afección do noso Fútbol costeiro.

Como non, Lema Suárez e Chema Rei farán un repaso pola historia do fútbol fisterrán.

Bebeto un dos grandes Rapacollons-Foto-Luis Bebeto, un dos grandes Rapacollóns-Foto-Luis

Novas relacionadas

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa

Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”

Fonte

Comentarios