Bo comezo de curso para a familia do tenis de mesa costeiro


Comezou a competición na nova temporada para a familia do tenis de mesa da Costa da Morte. Dende Zas, pasando por Vimianzo e Mazaricos, os costeiros xa están en marcha, e con boa nota. A excepción do equipo senior, que compite en 2ª División Nacional, que perdeu por 4-2, o resto dos equipos solveltaron favorablemente os seus compromisos.
Cómpre salientar o traballo do equipo do Concello de Mazaricos, que debutou na categoría de 3ª Nacional cunha vitoria e ante un dos equipos que xa leva moitos anos competindo a ese nivel. Notouse nestre caso o reforzo que supon, para os mazaricáns, de Miguel Rey, o seleccionador galego que no debería perder ningún partido nesta categoría. Tamén foi contundente a vitoria do AD Zas Construcciones Cernadas ante a SD Hípica Coruña.
En 2ª División Galega moi disputado o encontro entre os equipos de Zas e que favoreceu ao AD Zas Dimobel Bazar Baio pola ausencia no ultimo partido de Budi por un problema familiar.
2ª División Nacional, grupo 1
- Resultado: Diario de Pontevedra - AD Zas Ponciano Nieto (4-2)
3ª División Nacional, grupo norte
- Resultado: AD Dubratambre - AD Zas Ponciano Nieto (3-4).
1ª División galega, grupo centro
- Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas - SD Hípica Coruña (4-0).
- Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - AD Zas O Pinar (4-3).
- Resultado: Arteal TM - VTM Pinturas Figueiras (2-4).
2ª División Galega, grupo centro
Próxima xornada
Este fin de semana dispútase a segunda xornada de tenis de mesa para todos os equipos masculinos da comarca. estes son os compromisos.Sábado 6 de outubro, todos os encontros as 17 horas:
- 2ª división nacional, en Sigüeiro, Oroso: Oroso TM - AD Zas Ponciano NIeto.
- 1ª división galega grupo centro, no ximnasio do CPI de Zas: AD Zas Construcciones Cernadas - Relojería Enrique de Cambados.
- 2ª división galega, grupo centro, todos as 17 horas: VTM Pinturas Figueiras - Finisterre Sphera de A Coruña, en Vimianzo; Arteal Promesas - AD Zas O PInar; e Club del Mar infantil - AD Zas Dimobel Bazar Baio.
Domingo 7 de outubro ás 11 horas no pavillón de Mazaricos:
- 3ª división nacional: Concello de Mazaricos- CD San Ciprian de Lugo.