Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Bo comezo do cadetes e infantís do Dumbría na Liga Galega

Bo comezo do cadetes e infantís do Dumbría na Liga Galega

Comezou a andaina do Dumbría CF polas Ligas Galegas infantil e cadete. A clara aposta do Concello de Dumbría polo deporte, e concretamente polo fútbol base, comezou a dar os seus froitos cos ascensos acadados o ano pasado ás categorías autonómicas.

E xa está en marcha a campaña 2012-2013, chea de ilusión para cadetes e infantís, que de seguro farán unha temporada para recordar. Polo de pronto, doble empate no Conco ante o Xuventude de Oroso, que deixa relativamente satisfeitos aos dumbrieses.

Liga Galega Cadete, xornada 1

Os cadetes do Dumbria de Liga Galega celebran un dos tantos-Foto- Jorge Parri
  • Resultado: Dumbría - Xuventude Oroso (2-2)

Comeza ben, pero cun lixeiro sabor agridoce, o cadro de Diego Lobelos. I é que os dumbrieses foron moitos minutos por diante e só nos intres finais, un erro defensivo permitiu aos de Oroso sacar un punto do Conco. Non ían nin 10 minutos cando Marcote asinaba o primeiro tanto. Á volta do descanso empataban os visitantes pero Juan de Dora rubricaba o control e o mellor xogo dos dumbrieses facendo o segundo. Faltaban 10 minutos cando un despiste na zaga local permitiu o gol do empate.

Un dos cadetes de Diego Lobelos do Dumbría Cf -Foto- Jorge Parri

Liga Galega Infantil, xornada 1

Os infantis do Dumbria celebran un dos tantos no debut en Liga Galega-Foto- Jorge Parri
  • Resultado: Dumbría - Xuventude de Oroso (1-1)

Primeiro para os de Juan Purrúa, tras realizar unha gran primeira parte, chea de intensidade, e na que Jose adiantaba ao cadro local. Na segunda o Xuventude veuse arriba e arrinconou aos dumbrieses. Recurtaron e mesmo puideron darlle a volta ao marcador pero a defensa dumbriesa estivo firme.

Un dos infantis da Liga Galega do Dumbria-Foto- Jorge Parri

Novas relacionadas

Comentarios